Noticias

AGE pide que se convoque con urgencia la Mesa do Leite ante la situación del sector

Alternativa Galega de Esquerdas (AGE) urge que se convoque la Mesa do Leite ante la situación de emergencia que vive el sector en Galicia. La Mesa, que agrupa a todos los agentes del sector, critica la gestión de la Xunta y acusa al presidente gallego de "dejadez" tras dos años de la firma de un acuerdo con las organizaciones agrarias para introducir un precio de referencia según los costes de producción. La Xunta dice que las ayudas acopladas al sector lácteo se incrementarán un 63% en la nueva PAC.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de AGE:

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) esixe a convocatoria urxente da mesa do leite, o organismo que agrupa a todos os axentes do sector, ante a situación de emerxencia á levaron a acumulación de conflitos sen que Alberto Núñez Feijóo faga máis que declaracións altisonantes pero inútiles. Para o deputado de AGE Antón Sánchez, o desleixo da Xunta ao respecto “pon en risco o futuro de centos de explotacións”.

O sector lácteo atravesa un momento de agudiazación da crise en que conflúen os prezos máis baixos do Estado –dende hai meses, por debaixo dos custos de produción-, posíbeis multas aos gandeiros por sobreprodución, sancións á industria por pactar á baixa estes prezos e o inminente final dos sistema de cotas. “Chegamos a esta situación dous anos despois de que o presidente da Xunta asinase coas organizacións agrarias un acordo para introducir un prezo de referencia en función dos custes de produción na chamada lei da cadea alimentaria”, relata Sánchez, “amais de medidas de control á industria e políticas para a ampliación da base territorial das explotacións. Pois ben, todos os puntos foron incumpridos e velaí a causa de que a industria continuase coa súa posición de abuso respecto dos produtores”.

O fracaso decreto estatal do paquete lácteo –acabado de reformar- tampouco contribuíu a atenuar o dominio da industria sobre os gandeiros. “As explotacións galegas compiten ademais en desvantaxe con outros países europeos onde estas teñen máis base territorial e producen máis barato”, engade o parlamentario de AGE, “e esta cuestión vai ser fundamental en abril, cando remate o sistema de cotas e se liberalice o mercado”.
Para Alternativa Galega de Esquerda é, daquela, urxente, a convocatoria da mesa do leite e a apertura dun diálogo con todos os axentes do sector, gandeiros, industria, Goberno galego e distribución. “O presidente da Xunta e a súa conselleira do Medio Rural non poden seguir na inacción e limitándose a facer declaración, cómpre que se movan en afronten solucións aos graves problemas do lácteo”, esixe Antón Sánchez.

Segundo o deputado, tamén é grave que a reforma do chamado paquete lácteo “non fose máis ambiciosa e máis acorde coas reclamacións dos gandeiros”. Refírese á instalar prezos de referencia para evitar a venda a perdas e a figura do mediador nos conflitos contratuais. “No novo decreto, esta é apenas voluntaria e se aceptan as dúas partes, polo que non soluciona nada e mantén a desigualdade en contra dos produtores en calquera negociación”, explica, “é dicir, co novo decreto na man, a industria e a distribución poden seguir fixando prezos e condicións, deviando cara os gandeiros os custos”.

Non só iso. A situación legal mesmo posibilita “o paradoxo” de que as multas impostas á industria –de escasa contía en comparación coas ganancias das empresas no mesmo período- trasladen ese gasto cara os gandeiros. “Curiosamente, a Comisión Nacional da Competencia non toca á distribución, unha das grandes beneficiadas polo abuso respecto dos gandeiros”.

Alternativa Galega de Esquerda denuncia a parálise do Goberno de Feijóo ao respecto. “Non pode seguir actuando como se fose unha comunidade autónoma calquera”, conclúe Sánchez, “xa que o sector lácteo do noso país produce o 40% do leite do Estado e é un sector chave da nosa economía e fundamental para frear o abandono do rural”.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

As axudas anuais acopladas (asociadas) ao sector lácteo increméntanse desde os 57 aos 94 millóns de euros no novo período de vixencia da Política Agrícola Común (PAC), o que significa que medran nun 63%. Así o destacou a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, na súa intervención con motivo da XVII poxa de xovencas de Santa Comba.

Rosa Quintana destacou tamén que, con estes datos, por unha vaca de leite pola que se cobraban 28 euros pasarase a percibir 118, e onde só había dereitos para o 53% das vacas de carne, agora haberá para o 100%.

A titular de Medio Rural e Mar indicou ademais que neste tipo de pagos acoplados priorizáronse os sectores gandeiros fronte ao resto, e así destináronse 490 millóns de euros da bolsa destes pagos a este ámbito produtivo en España, o que supón o 84% do conxunto das axudas acopladas.

A conselleira garantiu que “os gandeiros non perderán ningunha das axudas que viñan percibindo, nin nos pagos directos nin no desenvolvemento rural” e engadiu que “polo que respecta ao resto das axudas non perdemos nada con respecto ao período 2007-2013”.

Neste contexto, Rosa Quintana advertiu que “desde a Consellería do Medio Rural e do Mar promovemos e impulsamos a idea do rural como fonte de traballo, como oportunidade e como motor económico”. E o facemos –dixo– “porque estamos convencidos desa realidade, porque sabemos que o rural ten futuro e por iso, xa desde o ano 2009, o Goberno galego adoptou medidas encamiñadas a mellorar a competitividade das explotacións, a súa capacidade financeira e a estrutura comercial do sector”.

A titular de Medio Rural e Mar engadiu que na defensa, promoción e potenciación do noso agro, e especialmente do sector gandeiro, Galicia participou activamente nas propostas para a elaboración dunha nova Política Agraria Común.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2015-03-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES