
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, referiuse en Ourense á necesidade de favorecer novas propostas no ámbito do discurso da fotografía contemporánea. Fíxoo no marco da presentación das dúas publicacións que recompilan as obras gañadoras do II Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, un certame que viu a luz ao abeiro do Festival Outono Fotográfico, promovido pola Fundación Benito Losada, e que conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Berto Macei e Jose Romay foron os gañadores desta edición, dotada con 16.000 euros, destinados á produción da exposición temporal itinerante coas obras gañadoras e á súa publicación nos libros que hoxe se presentaron na Galería PhotoArt de Ourense.
Ademais dos gañadores, tamén participaron no acto de presentación o coordinador e o director do premio, Xosé Lois Vázquez e Vítor Nieves, respectivamente; e a xefa territorial en Ourense da Consellería de Cultura e Educación, Mercedes Gallego.
Co obxectivo de situar a Galicia no circuíto internacional da fotografía e de promover nesta disciplina novas creacións na linguaxe contemporánea, o certame, que tamén conta co apoio da Deputación Provincial de Lugo, premia propostas de carácter visual-fotográficas realizadas por parte de autoras e de autores de calquera nacionalidade.
A Secretaría Xeral de Cultura impulsa a difusión e posta en valor da fotografía a través de certames coma este e de diversas iniciativas en colaboración con outras entidades. Esta mesma semana presentábase en Santiago de Compostela unha exposición fotográfica na Fundación Gonzalo Torrente Ballester, con imaxes tomadas polo escritor, realizada co apoio da Consellería de Cultura e Educación.
Tamén no referente á fotografía histórica, o departamento colaborou en 2014 coa mostra de Alvarellos Editora As fotos máis antigas de Galicia, con imaxes do fotógrafo Andrés Cisneros tomadas na capital de Galicia no século XIX.
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.