Noticias

Convocadas 819 plazas de empleo público en la educación y administración gallegas

El Gobierno gallego aprobó en la reunión del Consello la convocatoria de 446 plazas de empleo público en educación y 373 en la administración general de la Comunidad, lo que suma un total de 819 plazas ofertadas en la OEP que la Xunta espera activar próximamente y que se convierte en la más importante de los últimos seis años. Queda pendiente la convocatoria de otras 344 plazas en sanidad, según los datos de la Xunta que cubrirá necesidades en varias áreas educativas como infantil y primaria, así como servicios de guardacostas, inspectores de educación o veterinarios.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou tras o Consello a aprobación definitiva das Ofertas de Emprego Público correspondentes a este 2015, tanto para a Administración autonómica como para a Educación pública. “O que podemos facer realidade con estas ofertas de emprego é o compromiso de multiplicar por catro a oferta pública de emprego do ano 2014”, apuntou, despois de que se aumentasen ata o 50% en determinados sectores prioritarios as taxas de reposición nos Orzamentos xerais do Estado para 2015. “Nós imos esgotar esa porcentaxe”, aseverou.

Máis polo miúdo, e no ámbito da Función Pública, Feijóo destacou que a Administración autonómica saca a oposición 373 prazas, o que supón “sete veces máis que o ano 2014”. Ademais, destacou que é a maior oferta que fai a Xunta desde o ano 2008.

O responsable do Goberno galego salientou que o obxectivo é reforzar a loita contra a fraude fiscal, os órganos especializados da Administración –como as escalas de gardacostas ou de veterinarios- e os servizos sociais, entre outras áreas.

Deste xeito, ofértanse: 239 prazas para os distintos niveis do corpo administrativo (catro prazas de letrados, 14 do corpo superior de finanzas, catro para a Escola Superior de Estatísticos, 4 para a escala de informáticos, 44 para corpos xerais, 10 prazas de escala técnica de finanzas e 29 de corpos xerais, ademais de 50 prazas para o corpo administrativo e 80 para os corpos auxiliares); 102 para a Administración especial (48 prazas na escala de veterinarios, 20 na escala técnica do Servizo de Gardacostas, 17 na escala de profesores de instituto marítimo-pesqueiros, e oito prazas na escala de enxeñeiros de camiños, canles e portos; e as 32 prazas restantes destínanse a cubrir dúas categorías de persoal laboral, as de auxiliar de enfermería e ordenanza.

Do total de postos ofertados nesta OPE, 265 prazas serán de acceso libre e 108 para promoción interna. E, con respecto á reserva de prazas para persoas con algún tipo de discapacidade, Feijóo destacou a aposta por manter a porcentaxe do 7% das vacantes, ao que engadiu que, como novidade, por primeira vez na historia da Autonomía haberá unha reserva de prazas específica do 2% para a discapacidade intelectual.

No eido da Educación pública, o responsable autonómico destacou as 446 prazas para as oposicións a mestres e inspectores. Trátase de 432 prazas para todas as especialidades do corpo de mestres, agás de francés, e outras 14 prazas para o corpo de inspectores de Educación.

A distribución de prazas será: educación infantil 175; lingua estranxeira –inglés- 50; educación física 35; música 37; pedagoxía terapéutica 50; audición e linguaxe 55; educación primaria 30, e inspectores 14.

“Cumprimos o compromiso de trasladar a incipiente mellora económica ao ámbito do emprego público e por iso utilizamos as capacidades máximas legais para totalizar a oferta pública de emprego da que acabo de falar máis 344 prazas de sanidade” o que conforma, como engadiu, “unha oferta pública de emprego total de 1.163 prazas para o ano 2015”. “Por tanto, comezamos a devolver o esforzo que os empregados públicos teñen feito ao longo destos últimos anos”, precisou.

Sobre este último aspecto, o titular da Xunta avanzou que en canto se aprobe a Lei do empregado público “pagaremos o correspondente á totalidade da paga extra do período devengado con independencia do que ocurra desde o punto de vista dos recursos que hai en toda España sobre ese período”.

R., 2015-03-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES