
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
Teatro Ensalle estrea o xoves 5 de marzo en Vigo o seu espectáculo Las calles corrían por las calles, a nova proposta que a compañía que rexenta a sala homónima da cidade olívica produciu este ano con subvención da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) e que exhibirá ata outubro en 15 escenarios de España e México.
Baixo a dirección de Pedro Fresneda, Artús Rei, Raquel Hernández e María Costa interpretan esta montaxe, na que Ensalle volve amosar o seu estilo persoal de traballo, que se separa dos contidos argumentais e das experiencias dos personaxes para centrase nun compromiso coa escena como expositor de inquietudes sociais.
Nesta ocasión, o espectáculo construído cos actores a partir dun texto escrito por Fresneda dirixe a mirada cara á propia experiencia da compañía ao longo de máis de doce anos, indagando no aprendido de mestres e artistas, pero tamén nas rúas, nas casas, nos bares e en calquera lugar de encontro. Así, tomando como título a frase las calles corrían por las calles extraída do libro El señor presidente do Nobel guatemalteco Miguel Ángel Asturias, Ensalle reivindica a curiosidade e a creatividade fronte á mediocridade que, ao seu modo de ver, se estende cada vez en máis ámbitos do comportamento humano.
Este é un dos 26 espectáculos galegos beneficiarios das axudas que a Axencia Galega das Industrias Culturais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destinou en 2014 á dinamización escénica en Galicia, polas que se concederon o pasado ano 600.000 euros. Precisamente, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as novas bases que rexerán a convocatoria para 2015.
O director da Agadic, Jacobo Sutil, asistirá ás 22:00 horas á primeira das catro representacións de Las calles corrían por las calles que se levarán a cabo ata o domingo no Teatro Ensalle. O espazo vigués será o punto de partida para a prolongada xira que se desenvolverá ata o mes de outubro polos escenarios españois e mexicanos e que terá como destinos, entre outros, Aranjuez, Santander, Tenerife, Valencia, Bilbao, Cáceres, Veracruz, Chiapas, San Luis de Potosí, Guanajuato, Yucatán ou Sinaloa.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.