
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Universidade de Santiago de Compostela (USC):
O día 5 de marzo de 1958, Ramón Otero Pedrayo despedíase das aulas da Universidade cunha conferencia pronunciada no Paraninfo da Universidade e titulada Unha visión xeral de Galicia. Máis alá do seu propio tema, Otero Pedrayo impartiu esta súa última lección da súa etapa universitaria utilizando a lingua galega na Universidade por vez primeira despois da Guerra Civil. Cando se cumpren 57 anos daquel fito e no mesmo lugar, a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Otero Pedrayo celebraron este martes 3 o acto de lembranza A derradeira lección de Otero Pedrayo.
57 anos despois sentímonos continuadores daquela afirmación, herdeiros daquel espírito valente e decidido, aseverou o reitor Juan Viaño no peche desta sesión homenaxe, da que dixo quere salientar a memoria de Otero Pedrayo que é, en gran medida, a memoria da nosa institucións, da que nos sentimos orgullosos. O reitor asociou o valor da lembranza coa misión da institución universitaria, a universidade é coñecemento e memoria do que somos, enriquecida cara ás novas xeracións, que deberán saber continuala, do mesmo xeito que nós temos a obriga moral e intelectual de continuar a memoria dos que nos precederon.
Otero Pedrayo é un dos grandes construtores do pensamento moderno da nosa cultura engadiu o reitor sobre a etapa universitaria do homenaxeado de quen tamén destacou gozaba do contacto coa mocidade universitaria ao tempo que a mocidade presumía de todo o que aprendía do mestre. Foron os oitos anos máis ledos da miña vida dixo o profesor.
No Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, o reitor Juan Viaño presidiu a sesión na que tamén interviñeron o residente da RAG e asistente á derradeira lección de Otero Pedrayo, Xesús Alonso Montero; o presidente do Consello da Cultura Galega e coautor do ensaio O autor de Solovio, Ramón Villares; o presidente da Fundación Otero Pedrayo, Víctor F. Freixanes; e Patricia Chachero e Afonso Vázquez Monxardín, coautores de Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888-1976). Para acabar a sesión, no Paraninfo volveu volveron resoar as palabras de Otero Pedrayo coa reprodución dunha gravación sonora súa.
O acto lembranza incluíu a presentación da obra Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía (1888-1976) querecolle a totalidade da traxectoria do seu protagonista a través de máis de 400 documentos gráficos, en boa parte inéditos ou pouco coñecidos, ofrecendo unha contextualización á figura de quen está considerado como o patriarca das Letras Galegas. As imaxes e textos empregados son froito dun traballo de escolma e recuperación levado a cabo nos fondos de institucións como editorial Galaxia, a Fundación Otero Pedrayo, a Fundación Penzol, a Real Academia Galega, o Museo de Pontevedra, o Arquivo Histórico Provincial de Burgos, o Museo do Pobo Galego e La Región, ademais de achegas particulares.
Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976) é unha das máis sobranceiras figuras da historia da cultura galega. Membro destacado da Xeración Nós, a súa traxectoria vital e intelectual vai dende as cortes republicanas, nas que foi deputado galeguista, ata a presidencia na fundación de Editorial Galaxia, cargo que desempeñou ata a súa morte. Foi tamén presidente do Seminario de Estudos Galegos e catedrático de Xeografía na Universidade de Santiago dende 1950 ata 1958. Como escritor cultivou todos os xéneros literarios, dende a poesía ao teatro, pasando pola novela, o relato, o xornalismo e o ensaio.
Fotografía 1: Consello da Cultura Galega
Fotografía 2: Universidade de Santiago de Compostela
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.