Noticias

Desciende el paro en Galicia en el mes de febrero: 1.453 personas abandonan las listas y la Seguridad Social incorpora a 4.517 nuevos afiliados

Los datos publicados por el Ministerio de Empleo y Seguridad Social reflejan que el paro bajó en Galicia en 1.453 personas durante el mes de febrero, con lo que las listas del paro en la Comunidad gallega quedan integradas por 257.549 personas. Además, la Seguridad Social ganó 4.517 afiliados. Según las distintas valoraciones, estos datos reflejan el mejor comportamiento anual registrado desde el año 1996, aunque los sindicatos advierten de la "fragilidad" del empleo creado. La patronal cree que 2015 será un "importante" año de empleo y Feijóo confía en que se "pueda confirmar" el "buen dato" de febrero.

Notas de prensa remitidas por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Galicia pechou o mes de febreiro con 257.549 persoas en situación de desemprego, o que supón un descenso de 1.453 persoas con respecto a xaneiro (-0,56%). Trátase do maior descenso intermensual dun mes de febreiro desde 2007, tanto en termos absolutos como relativos. Así o explicou a directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, quen explicou ademais que o paro rexistrado amosa de novo unha “tendencia positiva” na evolución interanual. De febreiro de 2014 a este mes de febreiro o paro descendeu en 22.522 persoas, un -8,04 por cento.

“Trátase da décimo sexta baixada interanual consecutiva do paro rexistrado, isto é, levamos máis dun ano de baixadas acumuladas”, o que sitúa a Galicia en niveis de paros anteriores a 2012, ou o que é o mesmo, “o número de desempregados galegos volve ser o de hai tres anos”, subliñou. A responsable autonómica destacou tamén que o comportamento interanual rexistrado en termos absolutos este mes correspóndese co mellor dun mes de febreiro de toda a serie histórica –estatísticas publicadas desde 1996-. En España, o desemprego baixou en 13.538 persoas, un 0,30 por cento, ata situarse nos 4.512.153 parados. En termos interanuais, o paro en España baixou nun 6,24%. Deste xeito, Galicia sitúase por riba da media estatal tanto a nivel mensual como interanual.

Por sectores, as principais diminucións destes mes concéntranse na construción (-777) e na industria (-508). A continuación sitúase o sector servizos (-179), e a agricultura e a pesca (-61). Pola contra, detectouse un lixeiro aumento de parados no colectivo sen emprego anterior (+72). Por provincias, o desemprego baixou en todas elas, agás en Ourense. O maior descenso produciuse na Coruña (-1.204), seguida de Lugo (-270) e Pontevedra (-94). Pola súa banda, en Ourense detectouse un leve incremento de 115 persoas.

Na evolución dos contratos, este mes rexistráronse un total de 53.692 contratos, 8.726 menos que no mes anterior. Deste total, 5.136 foron indefinidos (9,67%), e 48.556 temporais (90,43%). No eido dos contratos, tamén se rexistra unha interanual positiva do 17,94%.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de CC.OO. Galicia:

Os datos do paro rexistrado nas oficinas do Servizo Público de Emprego no mes de xaneiro reflicten unha mellora puntual do emprego: o emprego creado é temporal e a evolución da afiliación evidencia menor duración dos contratos e menores xornadas de traballo. Mellora do emprego, si, pero con data de caducidade, a cambio de dereitos e de perda de calidade.

Prolongación de situacións de desemprego e peor emprego con menos dereitos equivale a máis pobreza: en Galicia hai máis persoas percibindo subsidios por desemprego que prestacións contributivas.

O problema de Galicia é o emprego e a comparativa con 2014 o reflicte con claridade: a falta de emprego e de expectativas provoca un abandono do mercado laboral galego sen precedentes.

A crise, a reforma laboral e falta de vontade política de mudar o modelo económico actual, orientado ao beneficio dunhas poucas persoas, están a conseguir os seus obxectivos: o incremento das desigualdades, a xeneralización da pobreza e a volta á emigración.

Desde CCOO denunciamos, unha vez máis, que son posibles e necesarias outras políticas que aposten pola recuperación da actividade económica e do emprego, incrementen a protección social das persoas en risco de exclusión e eviten a saída de Galicia de galegos e galegas por falta de expectativas.

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de UGT Galicia:

Ante os datos do paro feitos públicos, UGT-Galicia insiste en que hai que seguir traballando e apostando porque o crecemento económico chegue a todos porque, tanto a tímida recuperación do emprego, como a baixada e, no mellor dos casos, estancamento dos salarios, demostran que non está sendo así. Para UGT-Galicia, ambas son baixadas moi tímidas ante a tan “publicitada” por algúns situación de crecemento económico.

Un mes máis, UGT-Galicia vése na obriga de alertar sobre a contracción na poboación en idade de traballar, ben pola saída de persoas traballadoras cara fóra na busca dun futuro mellor, ou ben polo retorno de inmigrantes cara os seus países de orixe. De feito, continúa a caída do desemprego entre os estranxeiros, dun 7,6 por cento en termos interanuais.

Detrás desta realidade estatística o que hai é unha realidade social e laboral preocupante. A saída de persoas do mercado laboral galego polo efecto desánimo e a falta de expectativas. É evidente que isto está a axudar a remontar, aínda que timidamente, as estatísticas, pero tamén é certo que de cara a un futuro próximo pode acarrear problemas poboacionais e unha perda importante de persoas ben preparadas que vense obrigadas a ofrecer os seus coñecementos a outros países.

Neste senso, UGT-Galicia destaca a importancia de seguir traballando no eido do diálogo social para conseguir acordos como o asinado o pasado 14 de xaneiro sobre liñas complementarias para o desenvolvemento en Galicia do Programa de activación para o emprego. Un acordo imprescindible para unha situación insostible e que UGT-Galicia agarda que vaia mellorando esta situación dun xeito progresivo.

Por sexos, o desempreo cae en ambos casos pero moito máis entre os homes, nun 1,13 por cento, e no caso das muleres nun leve 0,04 por cento, tan só 60 mulleres desempregadas menos. Interanualmente, o descenso do paro tamén beneficia máis aos homes, un 10,92 por cento, fronte ao 5,28 por cento no caso das mulleres.

R., 2015-03-03

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES