Noticias

El BNG denuncia a la Xunta de Galicia por su incomparecencia en el caso Pescanova

El BNG, a través de su portavoz nacional Xavier Vence, denuncia la "indolencia" del presidente de la Xunta con los recursos públicos tras conocerse que la Administración autonómica "no compareciese" ante el Tribunal Supremo para argumentar en contra de los razonamientos de Pescanova a la que habrá que indemnizar con 1.1 millones de euros por la licencia acuícola en Cabo Touriñán.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del BNG:

O Bloque atribúe ao “desleixo” do presidente da Xunta que unha decisión ilegal adoptada por un goberno en funcións do PP en 2005, do que formaba parte, termina custando un millón de euros á facenda pública. “Un Feijóo ao que se lle enche a boca de austeridade para xustificar os recortes nos servizos públicos, pero paga relixiosamente indemnizacións millonarias motivadas polas súas decisión ilegais e pola súa indolencia á hora de defender o interese da facenda galega nos tribunais”, criticou Vence, tras denunciar que a sentenza do Tribunal Supremo indica expresamente que a Xunta non presentou proba algunha para desmentir o informe pericial presentado pola empresa, o que leva a esa condena dun millóns de euros como compensación. Para o Bloque, a conduta do presidente galego “bordean o delitivo” polos prexuízos á facenda pública, e demanda a Feijóo que dea explicacións.

Vence fixo estas declaracións no contexto de valoración da convención do PPdeG. Tres días de “festa jolgorio de autobombo” con colocación de primeiras pedras, promesas electorais resesas e mensaxes de recuperación económica que supoñen un “insulto” á intelixencia dos galegos e galegas.

Esa é valoración do BNG sobre a convención do PP que leva ao portavoz nacional, Xavier Vence, a replicarlle a vicepresidenta do goberno que “o único que podemos ver en Galiza que trouxeron as políticas do PP e o espolio e saqueo sistemático dos contribuíntes, dos usurarios dos servizos públicos, dos aforradores e dos consumidores”.

Vence ironizou sobre o concepto de recuperación de Soraya Saenz de Santamaría que, supostamente, se iniciou en Galiza. “Os economistas e os manuais de economía teñen que reformular a definición dos termos crise, recuperación e recesión económica” tras escoitar a vicepresidenta quen, “ou ignora totalmente o que pasa aquí ou nos toma por parvos”.

Como exemplo dese espolio e saqueo que supoñen as políticas do PP en Galiza, Vence citou a aniquilación do sistema financeiro galego e o desleixo na defensa dos intereses públicos que se traduce nunha indemnización a Pescanova dun millón de euros.

Noticia“No primeiro ano o señor Escotet obtén uns beneficios que superan a todo o que ten que pagar pola primeira entidade financeira do país que xestiona o 35% do noso aforro, mentres nos quedamos sen un banco galego, sen crédito para familias e empresas que segue sen fluír e aínda sen concluír a devolución da totalidade do estafado polas preferentes”, denunciou o dirixente nacionalista. “Feijóo debe explicar a súa complicidade co espolio do noso sistema financeiro”, demandou.

Todo, nun contexto no que Galiza segue a destruír emprego, con recortes en Educación e sanidade que afectan mesmo ao tratamento en doentes que se xogan a vida, baixan os recursos para a dependencia, e a economía arroxa datos moi inferiores á media estatal. “Ese é o verdadeiro balance do PP no país”, concluíu.

R., 2015-03-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES