
Esta iniciativa, pioneira en Galicia, consiste nun servicio de
información gratuíto e aberto que chegará vía e-mail ós seus
subscritores os luns de cada semana.
Os contidos do Boletín xirarán arredor do comercio electrónico
en Galicia, pero tamén se tratarán novas de ámbito nacional e
internacional. Ademais, incluiranse as seccións "Iniciativa da
semana", onde se difundirán páxinas web galegas de comercio
electrónico, e "O dato", que ofrecerá as cifras máis significativas
da realidade galega neste sector, a partir dos informes
e-Barómetro que realiza o Observatorio do Centro de
Competencias periodicamente. No Boletín haberá información
sobre as actividades e novidades do Centro.
O sistema educativo galego contará con 536 centros plurilingües o próximo curso 2026/27 nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato e FP. Seis centros decidiron incorporarse a esta iniciativa e outros dous ampliar a súa participación na mesma a outras etapas, o que confirma o incremento progresivo deste modelo, voluntario para os centros, desde a súa posta en marcha. Do total dos centros con modelo plurilingüe, 445 serano en Primaria e 93 en ESO (se ben parte deles sono en ambas etapas á vez), 259 en Infantil, 16 centros en Bacharelato e 40 en FP. Ademais dos centros plurilingües, a Consellería oferta diversas modalidades. Así, outros centros optan por contar con seccións bilingües.