Noticias

Elízara, lugar onde non estiven, de Xoán Guerreiro, abre la programación expositiva de la Casa da Parra

La Casa da Parra, en Santiago de Compostela, abre la programación expositiva de 2015 con la obra pictórica del artista lugués Xoán Guerreiro, que exhibe hasta el 5 de abril "Elízara, o lugar onde non estiven". Se trata de una muestra de pintura figurativa integrada por 44 piezas entre las que figuran 38 trabajos en óleo de distintos formatos, dos grabados y cuatro dibujos en grafito.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia inicia a programación de 2015 da Casa da Parra coa obra pictórica do lugués Xoán Guerreiro a través da mostra ‘Elízara, lugar onde non estiven’. A pintura figurativa de Guerreiro é a protagonista desta primeira exposición do ano, que foi inaugurada esta tarde polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, nun acto que contou coa participación do propio artista.

Un total de 44 obras, entre as que se inclúen 38 traballos en óleo de pequeno, mediano e gran formato, dous gravados e catro debuxos en grafito, conforman esta exposición, que “amosa o xeito de narrar deste extraordinario mestre da técnica”, afirmou o secretario xeral.

“O talento e creatividade de Guerreiro están presentes a través das obras que reúne esta exposición e que nos ofrecen a mirada que deita o artista sobre a realidade, sobre o cotián. Unha mirada –dixo– que abarca a vida, a través da natureza, de obxectos e de lugares baleiros de persoas como Vigo, Esteiro, Rande ou Lugo”.

A mostra, coordinada por Margarita Rueda, poderá visitarse ata o vindeiro 5 de abril na Casa da Parra, un lugar emblemático no centro histórico compostelán que medrou arredor da catedral de Santiago e que “nos ofrece en cada proxecto unha ventá á creación plástica actual, á produción propia de artistas galegos de vangarda”, destacou Anxo Lorenzo.

Ademais de participar en diversas exposicións colectivas, o artista Xoán Guerreiro (Xove, 1956), é autor de numerosas exposicións individuais desde a década dos oitenta, realizadas tanto en galerías e centros culturais de referencia de Galicia, como en espazos expositivos doutras comunidades.

Entre os anos 1992 e 1994 obtivo a bolsa de pintura Valdearte, do concello do Barco de Valdeorras (Ourense). Nesta mesma década, tamén foi seleccionado para participar na Mostra Unión Fenosa e foi recoñecido co premio de pintura Lugonova 90. Entre os seus traballos tamén destacan a ilustración dos libros ‘A fonde da vida longa’, ‘Tralas portas do rostro’ e ‘Ninguén chorou por nós’, premio de teatro Rafael Dieste.

R., 2015-02-21

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES