
Nota del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
Méndez Romeu, o portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, criticou a improvisación, falla de rigor nas cifras e menosprezo ás empresas capaces de ter presenza nos mercados internacionais, como demostra Feijóo nas súas viaxes. Acusou a Feijóo de viaxar como presidente sen render contas nin ofrecer axenda, obxectivos ou resultados.
Méndez Romeu criticou que o presidente da Xunta cambie a comunicación e a información por mera propaganda cun sesgo deliberado logo de que rexeitara comparecer no Parlamento para ofrecer ningún tipo de dato sobre a última viaxe que rematou onte. Advertiu que o goberno galego ofrece a mínima información posible da súa actividade nestas viaxes, que limitan á información do gabinete de prensa da Xunta.
O presidente da Xunta, engadiu, demostra o seu noxo ao Parlamento ao ofrecer cifras infinitas sobre a súa actividade que nunca atopamos nos orzamentos. Puxo como exemplo os 50 millóns de euros comprometidos para a expansión e internacionalización das empresas, ou a partida para captación de investimentos, que se traduciu en que Galicia só percibira o 0,5 por cento do Estado nos tres primeiros trimestres de 2014.
Mentres presume dunha balanza comercial positiva, o Ministerio de Economía certifica que Galicia ten a segunda peor cifra do Estado, cunha caída do 3,2 por cento en 2014, fronte a un crecemento medio do 2,5 por cento. O mesmo sucede co saldo comercial, no que Galicia pasou de perder 1.500 millóns en 2012 a 3.194 en 2013 e 4.000 en 2014, mentres o goberno galego non ofrece mais que confusión sobre as cifras.
Méndez Romeu anunciou a presentación inminente dunha batería de iniciativas para que Feijóo explique qué foi dos 14 remolcadores, 3.000 empregos e os 250 millóns da base loxística comprometida con Pemex. Sinalou que hoxe se nos fala dun pacto en Colombia como antes se nos falou con México, un acordo que se quedou en 300 empregos e un barco e medio.
O responsable socialista fixo un balance dos resultados das principais viaxes institucionais de Feijóo, que limitou a verborrea vacua, como demostra que despois de comprometer un plan de acuicultura conxunto con Xapón, tres anos despois non hai nin un metro cadrado.
O mesmo sucedeu coa fundamental repercusión que ía ter a apertura do Canal de Panamá para Galicia, os acordos para a industria naval con Brasil e Uruguai, que hoxe non existen, ou coa venda de produtos lácteos a Cuba.
Estas son as conclusións dunha diplomacia antigua, falla de compromiso co sector empresarial, sen cifras de negocio, sen información sobre os resultados da rede Pexga e co Consello de Acción Exterior paralizado.
O responsable socialista esixiu ademais o cese do delegado da Xunta en Bos Aires logo de que o PP o presentara como responsable do partido para dirixir a campaña electoral, o que evidencia que queren financiar cos nosos impostos a campaña do PP en Arxentina.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.