Noticias

Galicia invirtió más de 3 millones de euros en fomentar el turismo termal que Ourense amplía con dos nuevos balnearios

Por su valor como uno de los sectores económicos sostenibles con más potencial, además de por su impacto estratégico en el desarrollo turístico y económico de numerosos enclaves gallegos, la Xunta de Galicia confirma su intención de reforzar en 2015 las acciones de fomento de turismo termal gallego en las que se invirtieron más de 3 millones de euros en 2014. Ourense crece con dos nuevos balnearios.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Diputación Provincial de Ourense:

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo en Santiago, na inauguración do Foro do sector termal en Galicia, que o termalismo “non entende de ideoloxías porque o termalismo é a ideoloxía”, e subliñou que o termalismo “será a forza motriz de Ourense”, lembrando a Leonardo da Vinci na súa frase: “A auga é a forza motriz da natureza”.

O presidente do goberno provincial inaugurou na Cidade da Cultura, xunto á directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro, o foro sobre o futuro do sector termal en Galicia, no que se abordan as estratexias de crecemento, a internacionalización do turismo termal galego, a innovación e a competitividade aplicada ao termalismo, e no que tamén se presentou o Plan “Ourense, a provincia termal”.

Baixo o epígrafe “O sector termal galego. Estratexias de crecemento e retos de futuro”, no foro danse cita expertos en termalismo, académicos e representantes institucionais, quen expoñen as últimas novidades do sector termal así como as liñas estratéxicas de xestión e promoción do termalismo, que están a consolidar e potenciar a Galicia como o referente termal e sinaladamente á provincia de Ourense como destino singular de ocio e saúde termal.

Manuel Baltar dixo na súa intervención que a palabra “Termal” vai unida ao futuro de Ourense. “Termalismo e Ourense son xa sinónimos –dixo-, e a provincia termal está preparándose para recibir á alta velocidade, coa cal gañaremos en competitividade e achegamento”, e destacou que o punto común que nos une é a auga “a mellor de todas as cousas, como dixo Píndaro”, e convidou a “non desaproveitar este gran tesouro de Ourense”.

Sobre datos referidos ao sector termal, Baltar dixo que o cen por cen das prazas de turismo termal que se puxeron a disposición da cidadanía o ano pasado "estiveron ocupadas" e ratificou que en 2015 a provincia de Ourense “reforzará a súa oferta con dous novos balnearios, en Cortegada e O Carballiño, que sumarán unhas 200 prazas máis”. O presidente provincial reivindicou a importancia do turismo termal en Ourense e afirmou que o éxito de ocupación en 2014 fixo que no ano no que estamos se aumenten as prazas que ofrece a Deputación no plan de termalismo social.

Pola súa banda, Nava Castro ratificou o compromiso da Xunta de Galicia co termalismo ao que cualificou como “un dos eixes do plan turístico autonómico” ao tempo que destacou a importancia deste sector en Galicia.

No foro participou tamén Mario Crecente, redactor do Plan “Ourense, a provincia termal”, quen ofreceu un relatorio no que presentou dito plan, e Alejandro Rubín, director xerente de Expourense, quen abordou o tema “Termatalia, motor da internacionalización para o turismo de saúde de Galicia”. O foro contou asemade con José Antonio Fraiz Brea, director do máster de Dirección e planificación de turismo Interior e de saúde da Universidade de Vigo, quen falou da coordinación e planificación no ámbito do termalismo.

O programa completouse cun relatorio sobre “Hidroloxía médica”, a cargo de Juan Jesús Gestal Otero, director da cátedra de Hidroloxía médica da Universidade de Santiago, e cunha mesa redonda na que se debateu sobre os “Retos do turismo termal en Galicia. Innovación, calidade e competitividade como obxectivos”. Nesta mesa, que estivo moderada por Benigno Amor Barreiro, xerente da Asociación de Balnearios de Galicia, participaron José Luis Maestro Castiñeiras, director de Competitividade de Turismo de Galicia; Diego Otero Villaravib, presidente da Asociación galega de axencias de viaxes; Ramón Braña Cobas, director xeral de OCA Hotels; Antonio Freire Magariños, director da empresa Gala Termal; Argimiro Marnotes Rodríguez, alcalde do Carballiño e deputado provincia de Termalismo en Ourense, e María del Carmen Yáñez Salgado, alcaldesa de Lobios e presidente da sección de Vilas Termais da FEMP. A clausura do foro correrá a cargo de Fernando Fraile García, director xeral do Instituto para a Calidade Turística Española (ICTE) e de José Luis Maestro Castiñeiras, director de Competitividade de Turismo de Galicia.

A Deputación de Ourense lidera iniciativas de promoción, xestión e oferta de servizos termais conxuntamente coa Xunta de Galicia, como o Plan “Ourense, a provincia termal”, e tamén cos balnearios da provincia de Ourense. Nesta liña de traballo o presidente da Deputación de Ourense e os representantes dos balnearios da provincia veñen de asinar o "Convenio de colaboración para o fomento do termalismo saudable e a cultura termal" 2015, unha iniciativa que supón a posta en marcha do máis completo programa de España no que atinxe a ocio e saúde termal.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, xunto co presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugurou, en Santiago de Compostela, o foro "O sector termal galego. Estratexias de crecemento e retos de futuro", organizado polo Grupo Correo Gallego.

Durante o encontro, que tivo lugar na Cidade da Cultura, analizouse o futuro do sector termal en Galicia abordándose as estratexias de crecemento, a internacionalización do turismo termal galego, a innovación e a competitividade aplicada ao termalismo.

Deste xeito, déronse cita grandes expertos en termalismo, académicos e representantes institucionais, que expuxeron as últimas novidades do sector termal así como as liñas estratéxicas de xestión e promoción do termalismo, que están a consolidar e potenciar a Galicia como o referente termal.

A directora de Turismo de Galicia destacou durante a súa intervención que o termalismo é un dos sectores económicos sostible con mais potencial en Galicia. Neste senso, Nava Castro explicou que a nosa comunidade conta con mais de 300 captacións de augas termais e mineromedicinais polo que o intervalo de crecemento é aínda moi considerable.

A directora de Turismo afirmou que o termalismo constitúe un recurso estratéxico no desenvolvemento turístico e económico de moitos enclaves galegos subliñando que a nosa comunidade conta con mais dunha vintena de balnearios cun volume de negocio que está en torno aos 60 millóns de euros e xera 1.400 empregos directos.

Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta de Galicia destacou a posición de liderado da nosa Comunidade no sector termal. “Galicia ocupa a primeira posición en canto a número de establecementos balnearios a nivel nacional e tamén é a comunidade con mais establecementos certificados co Q de Calidade Turística”, afirmou Nava Castro. Deste xeito, explicou que a calidade constitúe un elemento diferenciador do turismo termal en Galicia e a súa aposta constante pola mellora dos servizos e pola implementación de normas de calidade repercute directamente na súa consideración a nivel estatal.

A directora explicou que o Plan Integral de Turismo de Galicia inclúe numerosas accións dirixidas á potenciación e promoción do turismo termal, como o fortalecemento da oferta de turismo de saúde no termalismo, o programa para a consolidación e promoción do turismo termal ou a creación e promoción do Club de Produto Turístico da Auga de Galicia.

Estas accións están en consonancia co Plan de Turismo Termal da provincia de Ourense, do cal Nava Castro explicou que “é unha planificación real cunha inversión de futuro capaz de dinamizar e xerar emprego tanto nas zonas rurais como na cidade de Ourense”.

“Ambos os plans son o froito do gran esforzo conxunto realizado polas diferentes administracións públicas implicadas neste sector xunto coa parte empresarial e tamén conxuntamente xa se están a materializar estas actuacións”, afirmou a directora de Turismo de Galicia.

Neste senso, Nava Castro falou dalgunhas das actuacións nas que xa se está a traballar para potenciar o termalismo na nosa Comunidade destacando a constitución do Consello Termal, a finalización das obras de balnearios abandonados como o de Cortegada, o aumento da capacidade da oferta de aloxamento en Verín mediante a conversión da acrópole de Monterrei en Parador, a mellora do contorno ao balneario de Laias ou a creación de novas rutas turísticas como a Ecovía fluvial do Támega ou a ruta do río Caldo, entre outras. “A isto hai que engadir o traballo que estamos desenvolvendo para a creación do Club de Produto Turístico da Auga de Galicia, o incentivo á implantación do Q de Calidade Turística, o fomento da formación a promoción do termalismo a través da organización de viaxes de familiarización e de prensa ou a asistencia a feiras como Termatalia ou Thermalies”, sinalou Nava Castro.

“En total, xa estamos a investir máis de tres millóns de euros en iniciativas a prol do turismo termal de Ourense e de Galicia en xeral e a execución de accións continuará neste 2015 con actuacións como a clasificación e definición da oferta termal, o programa Turismo Sénior Termal de Galicia, a sinalización das vilas termais, a promoción do Tren da Beira do Miño, o avance do proxecto Smart Camiño ou a posta en marcha da asociación de vilas termais, do club de vilas termais, e do pacto termal”, afirmou a directora de Turismo de Galicia.

“O turismo termal é un dos baluartes da nosa Comunidade e con estas iniciativas ampliarase e mellorarase a súa oferta ata converter esta experiencia turística nun novo modo de gozar dos atributos dun lugar único como é Galicia”, concluíu Nava Castro.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2015-02-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %. En decembro do ano 2024, botaba a andar o programa coa posta en marcha de dúas probas piloto, consistentes na recollida de mostras de sangue e de saliva.
Foto de la tercera plana (festaclown-2026.jpeg) O Festaclown volve a converter Vilagarcía de Arousa nun dos puntos de referencia do circo e das artes de rúa en Galicia, entre o 17 ao 22 de agosto, cunha programación que nesta edición reforza especialmente a súa dimensión internacional e o seu compromiso coa inclusión. Compañías e artistas procedentes de Colombia, Arxentina e Australia compartirán cartel con destacadas formacións galegas e do resto do Estado nun programa para todos os públicos que se desenvolverá fundamentalmente ao aire libre en rúas, parques e prazas da cidade.

Notas

A Reitoría da UDC acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley, a Fundación Simons e a UDC, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corresponde á USC, á Universidade de Cambridge e ó Instituto Colombiano de Antropología e Historia.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES