
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, expresou a súa esperanza en que haxa un axuste no acordo da Mesa do Parlamento sobre as iniciativas dos plenos, de xeito que non haxa grupos que se poidan sentir discriminados. Nós estamos a ceder e estamos a sufrir tamén as consecuencias das divisións en AGE e, a partir de aí, haberá que buscar unha solución á distribución de iniciativas nos Plenos, porque se non hai acordo haberá que aplicar estritamente o Regulamento e os que pensan que poden ganar con este lío ao final acabarán perdendo, porque o Regulamento marca unha tendencia cara un reparto proporcional das iniciativas, Pedro Puy.
Puy recordou que existe un acordo unánime dos grupos de inicio da lexislatura que conleva un desenvolvemento das ordes do día con oito proposicións non de lei, tres interpelacións, tres preguntas ao Presidente da Xunta e outras oito preguntas a membros do Goberno galego. Este acordo se altera no momento en que se pasa a catro grupos parlamentarios e implica un alongamento das ordes do día, que levou á Mesa a establecer un novo reparto dos cupos entre os grupos da oposición, apuntou.
Creo que todos temos que asumir as consecuencias do problema xerado por un grupo que se escindiu e que o regulamento recolle dereitos para os deputados do novo Grupo Mixto, manifestou Puy, quen salientou que coa existencia do novo grupo, o PP está cedendo espazo, tempos e capacidade de iniciativa. En concreto, o portavoz popular puxo como exemplo os tempos de intervención reais de cada grupo Parlamentario no último pleno celebrado os días 10 e 11 de febreiro: o Goberno galego falou 141 minutos; o Grupo Popular, 114 minutos; o PSdeG, 178 minutos; AGE, 139 minutos; BNG, 136 minutos; e o Grupo Mixto, 98 minutos. Somos o segundo grupo que menos falou na sesión plenaria, como consecuencia de respectar os dereitos que todos os grupos teñen recoñecidos, sinalou Pedro Puy. Ademais, engadiu que no xogo de tempos entre Goberno-Grupo maioritario e grupos da oposición a comparativa é de 4 horas e 16 minutos fronte a 9 horas e 20 minutos.
Por este motivo, afirmou que confío nos bos oficios da Presidencia para axustar o acordo da Mesa de tal forma que ningún grupo se sinta prexudicado. Este debate é pouco construtivo e edificante, polo que a predisposición do PP ao acordo é máxima, cedendo tempos e permitindo unha desproporción moi grande entre o número de iniciativas que propón a oposición e as que propón a maioría, sinalou.
Respecto da proposición de Lei de iniciativa lexislativa popular e participación cidadá no Parlamento de Galicia rexistrada polo Grupo Popular, Pedro Puy indicou que estamos dispostos a analizar todas as emendas que se presenten na procura dun acordo. Neste sentido, situou o límite en que as emendas sexan congruentes co que é o papel da Cámara e a súa función representativa, fomentando a participación da cidadanía.
É bo que nesta materia tamén sexamos capaces de buscar un acordo que, partindo do noso texto, implique cambios importantes que poden introducir dinámicas non coñecidas nos máis de 20 anos de existencia desta Cámara, dixo.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.