
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, iniciou a súa visita a Colombia cun encontro empresarial co obxectivo de buscar novas oportunidades no país latinoamericano en sectores como a automoción, as TIC, a conserva e o téxtil, logo de incrementar case un 50% as exportacións a este país nos últimos tres anos.
Durante esta reunión na que participaron o clúster da automoción, do sector agroalimentario, das TIC e da conserva, o titular do Goberno autonómico incidiu en que Colombia é a cuarta economía de América Latina e un dos países prioritarios para as exportacións galegas. Hai moitos produtos galegos en Colombia: está o téxtil, a través de empresas como Inditex ou Adolfo Domínguez; unha boa parte das conservas que se consumen son galegas; empezamos coa distribución dos viños galegos; no ámbito da consultoría hai empresas galegas que están facendo proxectos e dirección de obra e control de calidade de hospitais e tamén infraestruturas como estradas e viadutos...En definitiva, estamos a falar dun país onde nos últimos tres anos as empresas galegas están acreditando éxito, aseverou.
Queremos seguir incentivando e promocionando este país para que empresas galegas do sector da automoción, das TIC, da alimentación, do téxtil e da construción se sigan posicionando nun país que ten uns obxectivos moi ambiciosos, aseverou, destacando entre eles a construción de 1.200.000 vivendas novas; e o incremento nun 50% nos próximos tres anos da potencia eléctrica, e é aí, no ámbito das enerxías renovables, onde queremos estar.
Así mesmo, salientou a gran demanda de produtos alimentarios tanto no eido da agroindustria como da industria do mar.
Pola súa banda, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou tamén o sector da automoción como un sector prioritario e como proba disto referiuse á visita, xunto ao clúster e ao CTAG, á planta General Motors-Colmotores como unha oportunidade para coñecer polo miúdo o proxecto da fábrica e abrir novas oportunidades de comercio e de investimento para a industria de compoñentes. A presenza do clúster da automoción na visita á fábrica supón unha ocasión para abrir novas oportunidades ao igual que supuxo a recente confirmación de PSA-Peugeot Citröen de que os novos vehículos K9 se fabricarán en Vigo.
O presidente da Xunta avanzou que a súa visita a Colombia completarase mañá mércores cunha entrevista co ministro de Tecnoloxías da Información e Comunicacións, Diego Molano, co que analizará a capacidade do sector TIC galego para colaborar no desenvolvemento tecnolóxico do país; e cunha reunión co presidente do país, Juan Manuel Santos Calderón, na que estará presente a ministra de Comercio, Industria e Turismo, Celia Álvarez.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.