
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación celebra o luns, 16 de febreiro, un Baile de Entroido no que gozar coas mellores cancións da historia do rock. Só por ir disfrazados ou con máscara, pais e nenos están convidados a asistir de balde ao Museo Centro Gaiás a un concerto moi especial da man da Rock and Kids, banda formada por iconas do rock como Amy Guay, Angus, Jon Limón, Fredy Mercurio e Kiss. Xunto a eles, faremos un percorrido pola historia do rock a través dos seus temas máis míticos.
O concerto da Rock and Kids está conducido por unha mestre de cerimonias moi especial: StarSuperStar, que se encarga de propoñer un xogo por tema para que pequenos e maiores bailen xuntos e acaben convertidos nas grandes estrelas do espectáculo. Ademais, ao inicio e ao final do espectáculo, os asistentes poden posar nun divertido photocall no que converterse en verdadeiras estrelas do rock e levar un recordo para casa.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.