
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PPdeG:
O coordinador do programa electoral do PPdeG, Pedro Puy, presentou ferramentas coas que facilitar aos cidadáns que fagan as súas achegas ao texto marco co que o partido presentarase as eleccións municipais.
O tamén voceiro parlamentario presentou unha páxina específica en Facebook que permitirá canalizar esas propostas coas que os cidadáns poderán participar no programa do PPdeG, e que servirá tamén como un foro de debate no que os dirixentes do partido conversarán e interactuarán cos usuarios que queiran acercarse a nós.
Ademais, o partido usará o seu perfil de Twitter para recibir ideas e suxerencias acerca do programa a través dun hashtag específico: #ProgramaPPdeG.
Estas accións en redes sociais complementan as reunións que o equipo redactor ven mantendo con diferentes colectivos por toda Galicia: xa tiveron lugar algunhas charlas con empresarios para atender as súas inquedanzas, e nos próximos días celebraranse outras con asociacións de moteiros, con outras do ámbito do medio ambiente e do benestar e mesmo con Unicef.
Os populares galegos desexan consensuar cos cidadáns o seu ideario de cara a estas eleccións porque serán eles os que se beneficiarán das propostas que implemente o PPdeG dende as administracións locais.
Puy avanzou que os prazos para presentar o programa seguen a estar vencellados á presentación do texto marco nacional que terá que fixar o Partido Popular, si ben si avanzou que o texto galego incidirá en catro ámbitos: o económico, o referido ao benestar, o relativo á eficiencia no gasto público e tamén no que atinxe á dignificación da vida política a través do traballo, do esforzo e da ética.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.