
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Cidade da Cultura acolle o venres 13 de febreiro a estrea en Europa de Acceso, obra do chileno Pablo Larraín, director da mítica película NO e que en febreiro forma parte da competencia oficial na Berlinale coa súa última cinta El club. No marco do festival Escenas do cambio, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Larraín presenta unha historia dura protagonizada por Roberto Farías, recoñecido como un dos máis grandes actores de América latina.
Acceso representarase o venres e o sábado ás 20:30 horas na Sala I do Museo Centro Gaiás con Sandokan, vendedor ambulante nun bus do Transantiago, como protagonista. Larraín preséntanos a un gladiador urbano que rebela sinais profundos dun lugar de vida, dor e goce, acompañado dunha linguaxe lumpen, atroz e poética á vez. Cos abusos sexuais como trasfondo, Acceso é unha peza difícil e atrainte creada e interpretada en xerga coa, variante chilena do castelán.
A xornada comeza as 17 horas, coa segunda función de La máquina de la soledad. Teatro de objetos documental, de Oligor e Microscopía, unha poética homenaxe ao obxecto-carta e ao correo postal.
E ás 18:30 horas, Mis Documentos, o ciclo de conferencias performativas comisariado pola arxentina Lola Arias, terá como protagonistas a dous artistas galegos: Diego Anido e Uxía P. Vaello. Deste xeito, Diego Anido sacará a relucir extranos segredos familiares en La piel de mi familia, mentres que a coreógrafa Uxía P. Vaello tratará de descubrir por que o seu avó José Vaello, un republicano atípico, estivo detido na Illa de San Simón.
Escenas do cambio arrancou o xoves 12 de febreiro coa segunda semana de programación coa mexicana La Máquina de la soledad. Teatro de objetos documental e Mis documentos Bos Aires. Nesta última, que supón a estrea en Europa deste proxecto da arxentina Lola Arias, as protagonistas serán Sofía Medicci con Traducción simultánea, onde nos ofrecerá o proceso de investigación para relizar unha performance e as ideas erradas en relación a súa representación; e Tálata Rodríguez con Padre postal, onde reflexiona sobre a relación co seu pai a través da relación epistolar mantida entre 1989 e 2002.
A última das propostas foi a italiana UNTITLED_I will be there when you die de Alessandro Sciarrioni, unha práctica coreográfica e performativa sobre o paso do tempo que nace dunha reflexión sobre a arte dos malabares. A obra representa o segundo capítulo dun proxecto máis amplo hamado Will you still love me tomorrow?, unha investigación sobre os conceptos de tensión, perseverancia e resistencia.
As entradas para todas as funcións do festival están á venda no Punto On da Cidade da Cultura e www.servinova.com a un prezo de 8 euros, a excepción das función de Mis Documentos, que teñen entrada de balde previa retirada de invitación no mostrador do Museo Centro Gaiás (máximo 2 por persoa).
Escenas do cambio ofrece tamén a alternativa 4x3 (asiste a catro funcións e paga tres) por 24. Esta última opción só está dispoñible a través do teléfono de servinova 902 504 500.
Fotografía: http://vivea.gal
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.