
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del BNG:
O Grupo parlamentario do BNG rexistrou un recurso dirixido á Mesa do parlamento para que este órgano reconsidere o acordo polo que se recortan dereitos parlamentarios.
O recurso de reconsideración, dixo o portavoz parlamentario, Francisco Jorquera, tenta anular un acordo que incumpriu todas as garantías procidementais, non figuraba na orde do día da Xunta de portavoces, nin foi aportada documentación e as normas foron cambiadas arbitralmente.
Jorquera cualificou o acordo de discrecional e discriminatorio por aplicar unhas normas para o Grupo popular e o socialista e outras para o resto dos grupos contrarias ao establecido polo regulamento e este prevalece sobre calquera acordo da Mesa porque é unha lei.
O portavoz do G.p do BNG explicou que o acordo obedece a nova composición da Cámara por mor da crise de AGE e a marcha de dúas deputadas para o grupo Mixto, O BNG, PP e PSdeG non sufriron alteración algunha no seu número de deputad@s e a novo acordo atenta contra o pluralismo e dereitos dos grupos parlamentares.
Contra o acordo, o BNG propón celebrar tres xornadas matinais plenarias, cumprir o artigo 28 para que todos os grupos gocen dos mesmos dereitos: que os plenos se desenvolvan en tres xornadas matinais sucesivas reservando as tardes para outras tarefas parlamentarias. Es nova planificación ordena de maneira máis racional sos debates e a súa cobertura informativa.
Por outra parte, Jorquera tamén defendeu que a ordenación dos debates obedezan a especialización dos temas a tratar en cada xornada, diferenciando as medidas de impulso e de control ao Goberno.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.