Noticias

El homenaje artístico a los malabares, a través del montaje italiano Untitled, en Escenas do cambio

Untitled_ I wil be there when you die’ de Alessandro Sciarroni, presenta una práctica coreográfica y performativa que reflexiona sobre el paso del tiempo a través de una interpretación que explora el arte circense de los malabares. El montaje italiano forma parte de la oferta de Escenas do cambio que incluye un homenaje al objeto-carta y al correo postal, con un montaje mexicano.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Escenas do cambio, o festival de teatro, danza e arte en acción promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no Gaiás arranca a súa segunda semana ofrecéndolle ao público tres obras por día nas que destaca unha forte presenza de compañías latinoamericanas.

O xoves 12 de febreiro, o programa arranca ás 17 horas coa obra mexicana ‘La máquina de la soledad. Teatro de objetos documental’, de Oligor e Microscopía, unha poética homenaxe ao obxecto-carta e ao correo postal. A obra, que terá un pase por día ata o 14 de febreiro, é un espazo de “micro-paisaxes e inventarios do ínfimo” que recupera correspondencia entre México e España a través dunha arqueoloxía de obxectos, imaxes e anécdotas insólitas investigadas por escribáns, carteiros xubilados, arquivos e traballadores de correos.

Ás 18:30 horas, a arxentina Lola Arias presenta por primeira vez en Europa o seu ciclo de conferencias performativas ‘Mis documentos’, onde artistas de distintas disciplinas presentan unha investigación persoal, unha experiencia radical, unha historia que os obsesiona secretamente. ‘Mis documentos’ é un ciclo cun formato mínimo: o artista en escena cos seus documentos, unha forma de facer visibles esas investigacións que ás veces se perden nunha carpeta sen nome no ordenador.

Para a súa estrea en Europa, Lola Arias convidou a seis artistas, dúas arxentinas e catro galegos, para ser os protagonistas desta indagación persoal. A primeira función ‘Mis Documentos’ correrá a cargo das arxentinas Sofía Medicci e Tálata Rodríguez. Así, Medicci presentará ‘Traducción simultánea’, onde nos ofrecerá, a través de imaxes e vídeos, o proceso de investigación para realizar unha performance e as ideas erradas en relación a súa representación. E Tálata Rodríguez estará con ‘Padre postal’, onde reflexiona sobre a relación co seu pai a través do contacto mantido entre 1989 e 2002.

A última das propostas para este xoves será a italiana ‘UNTITLED_I will be there when you die’ de Alessandro Sciarrioni, unha práctica coreográfica e performativa sobre o paso do tempo que nace dunha reflexión sobre a arte dos malabares. A obra representa o segundo capítulo dun proxecto máis amplo chamado ‘Will you still love me tomorrow?’, unha investigación sobre os conceptos de tensión, perseverancia e resistencia.

As entradas para todas as funcións do festival están á venda no Punto On da Cidade da Cultura e www.servinova.com a un prezo de 8 euros, a excepción das función de ‘Mis Documentos’, que teñen entrada de balde previa retirada de invitación no mostrador do Museo Centro Gaiás (máximo 2 por persoa).

‘Escenas do cambio’ ofrece tamén unha oferta 4x3 (asiste a catro funcións e paga tres) por 24€. Esta última opción só está dispoñible a través do teléfono de servinova 902 504 500.

R., 2015-02-11

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES