Noticias

La Companhia de Teatro de Braga presenta en el Salón Teatro de Compostela: Um Picasso

Ana Bustorff y Rui Madeira interpretan este montaje dirigido por el brasileño Eduardo Tolentino, a partir de la obra de Jeffrey Hatcher sobre una presunta detención de Picasso por los nazis durante la ocupación de París. La formación teatral lusa, que conmemora su 35º aniversario, regresa a Compostela en el marco del programa de colaboración entre el Centro Dramático Galego (CDG) y Portugal.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece o mércores día 11 de febreiro, ás 20.30 horas, no Salón Teatro de Santiago o espectáculo ‘Um Picasso’ da Companhia de Teatro de Braga, que regresa a Santiago de Compostela no marco do programa de colaboración que o Centro Dramático Galego (CDG) mantén con diferentes estruturas teatrais de Portugal.

Rui Madeira, director artístico da compañía lusa, sobe ás táboas para interpretar xunto a Ana Bustorff esta obra do dramaturgo e guionista cinematográfico estadounidense Jeffrey Hatcher, nunha especie de duelo dialéctico ambientado no París ocupado polo exército alemán durante a II Guerra Mundial. Baixo a dirección escénica do brasileiro Eduardo Tolentino, Madeira dá vida ao propio Picasso nesta historia sobre unha suposta detención do xenio malagueño por parte da Gestapo co fin de autenticar un dos seus autorretratos para unha exposición. Unha atractiva loura, Fraulein Ficher, será a encargada desta misión, tras a que se ocultan fins máis escuros: acabar coa liberdade artística.

Como actividade paralela a esta representación da Companhia de Teatro de Braga, que este ano conmemora o seu trixésimo quinto aniversario, Rui Madeira protagonizará mañá martes un encontro cos alumnos de Portugués da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Santiago. Esta sesión, que terá lugar ás 20.00 horas na Sala 4 deste centro, insírese na liña de colaboración aberta nos últimos anos entre o Centro Dramático Galego e a EOI en relación coa presentación na cidade de compañías internacionais.

As entradas para a función de ‘Um Picasso’ no Salón Teatro están xa á venda a través da web entradas.abanca.com e poderán adquirise tamén nos despachos de billetes do Teatro Principal (a partir de mañá, de 18.00 a 21.00 horas) e do Salón Teatro (o mércores desde as 18.30 horas). O seu prezo é de 10 euros, con descontos do 40% para estudantes, xubilados, desempregados, usuarios do carné xove e determinados colectivos profesionais.

Este espectáculo forma parte, así mesmo, da oferta do bono teatral promovido conxuntamente pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e o Concello de Santiago de Compostela. O prezo deste bono, que pode mercarse nos devanditos despachos de billetes, é de 35 euros para un total de 5 funcións.

‘Um Picasso’ é a segunda das catro propostas lusas que se poderán ver durante este semestre na sede da compañía pública galega, que o pasado mes recibiu a formación do Porto Teatro Bruto con ‘O amor dos infelizes’. Xa en abril, o día 9 a Companhia de Teatro de Almada escenificará ‘O mandarim’, de Eça de Queiroz, e os días 8 e 9 de maio será a quenda da plataforma artística PELE e o Grupo de Teatro de Surdos do Porto coa peza ‘Nós’.

Neste mesmo programa de colaboración entre a unidade de produción teatral da Consellería de Cultura e Educación e diferentes estruturas escénicas do país veciño insírese a posta en escena de ‘Saxo Tenor’, de Roberto Vidal Bolaño, polo Teatro Nacional Dona María II de Lisboa. Esta versión portuguesa da obra do gran dramaturgo galego poderá verse tamén na capital de Galicia, neste caso no Teatro Principal os días 29 e 30 de maio. Pola súa banda, o Salón Teatro acollerá do 13 ao 29 de marzo ‘Xardín suspenso’, a nova produción propia do CDG que dirixirá Cándido Pazó a partir da obra do portugués Abel Neves.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia

R., 2015-02-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES