
Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del PSdeG:
O portavoz do Grupo Socialista ven de remitirlle un escrito á Presidencia do Parlamento para reclamarlle información exhaustiva sobre o uso dos vehículos oficiais da Cámara por parte dos membros da Mesa agás os correspondentes á presidenta-.
O responsable socialista reclama a relación concreta da persoa que o utilizou, do día en que o fixo, dos quilómetros realizados, así como da tarefa institucional de carácter representativo ou incidencia que a orixinou. Os socialistas galegos reclaman así que a Presidencia aclare o uso de ditos vehículos polos membros do PP na Mesa para os seus desprazamentos habituais en contra dos acordos do Parlamento.
Por este motivo tamén se dirixen á Mesa do Parlamento con outro escrito para solicitar o carácter interpretativo que o PP estalle dando a un texto que limitaba o uso de coches oficiais en función das tarefas institucionais de carácter representativo ou das incidencias encomendadas.
Os socialistas galegos esixen que a Mesa clarifique o suposto carácter interpretativo da norma en orde a interpretar que en ningún caso se consideren como tarefas institucionais de carácter representativo o acudir aos plenos, comisións ou mesas que celebre a Cámara galega, senón que se entenderán ás actuacións de carácter institucional representativa.
Finalmente, reclaman que se procedan a publicar na páxina web do Parlamento de Galicia as causas que xustifica tal utilización por parte dos membros da Mesa ou dos deputados ou deputadas que utilicen vehículo oficial, excluída á Presidencia.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.