
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A compañía compostelá Eme2 e máis a vasca Tanttaka Teatroa estrean o xoves 5 de febreiro no Teatro Principal de Pontevedra a versión galega de O crédito unha obra do dramaturgo barcelonés Jordi Galcerán con dirección de Fernando Bernués que protagonizan os actores Antonio Durán "Morris" e Pedro Alonso. O espectáculo chega a Galicia despois das súas anteriores postas en escena en catalán e en castelán; e faino producido coa subvención da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
De feito, O crédito é un dos 26 espectáculos galegos cofinanciados a través das axudas da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) destinadas á dinamización da actividade escénica en Galicia, polas que se concederon o pasado ano 600.000 euros (un 17,5 por cento máis respecto a 2013) para a materialización de montaxes de distintos formatos e estilos. A proposta de Eme2 recibiu, en concreto, 22.500 euros para o seu financiamento dentro da categoría de creacións de pequeno formato.
Despois de máis de doce meses na carteleira dos teatros de Barcelona e Madrid, o texto do autor catalán foi traducido por Sandra Romaris e Xocas López para compoñer a súa dramaturxia en galego. A trama desenvólvese nun despacho dunha oficina bancaria, onde chega un home (Pedro Alonso) para pedirlle un crédito ao director (Morris) sen máis aval ca súa palabra de honor. Ante a negativa do banqueiro, o cliente emprega todas as ferramentas na súa man para conseguir o que pretende, co que se desencadean unha serie de situacións tan delicadas como hilarantes.
Trala súa estrea en Pontevedra, O crédito realizará unha trintena de funcións ata o mes de abril nos escenarios de Arteixo, Santiago de Compostela, Vigo, Viveiro, Lugo, Narón, Tui, Carballo, Vilagarcía, As Pontes, Oleiros, Ourense, Cangas de Morrazo e A Coruña.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.