Noticias

El dúo cómico Mofa e Mofa presenta en el Teatro Principal de Santiago su nuevo espectáculo: Bobas & Galegas

Bobas & Galegas. Mofa e Befa no Século de Ouro. Así se titula el nuevo espectáculo del dúo cómico integrado por Evaristo Calvo y Víctor Mosquera que se estrena en el Teatro Principal de Santiago de Compostela entre el 4 y el 7 de febrero. El montaje, dirigido por Quico Cadaval, mezcla teatro clásico y contemporáneo en una producción compleja que lleva las capacidades del actor al límite.

Nota de prensa del Gabinete del Concello de Santiago de Compostela:

A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron o seguinte espectáculo do Bono de Teatro Galego e Portugués: Bobas & Galegas. Mofa e Befa no Século de Ouro. Na rolda estiveron acompañados dos dous protagonistas do espectáculo, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira; o director musical, Fernando Reyes; así como polo director do mesmo, Quico Cadaval. En total serán catro funcións, do mércores 4 ao sábado 7 de febreiro, no Teatro Principal e ás 20.30h. O espectáculo entra no Bono de Teatro Galego e o prezo das entradas soltas será de 10 euros (8 € no anfiteatro). Poden mercarse no despacho de billetes do Principal aberto de 18:00 a 21:00 horas.

Mofa & Befa é un comando de comedia contemporánea que comprobou as súas armas nos máis hostís campos de batalla como bares, universidades, festivais vascos e/ou de teatro clásico, resultando sempre con simples rabuñaduras ou feridas leves.

Bobas & Galegas é un percorrido gozoso polos argumentos, ocupacións, preocupacións e industrias dos criados do século de Ouro, clase social que, de todos os traballadores manuais, foi a que contemplou dende máis cerca o poder, o seu ouropel, a súa erótica e a súa vaidade.

Mofa e Befa caen con todo o seu instrumental de pallasos nocturnos nun camiño solitario do século XVII castelán. Servindo a un tópico equivalente ao da aptitude natural dos negros para a danza, o galego demostra un talento natural para a obediencia e o servizo. Isto , que o faría idóneo para a práctica das armas, está beneficamente atenuado pola covardía, virtude que o empuxa ao máis incruento campo do servilismo e a curvatura lumbar.

Cando Mofa & Befa chegan aos áureos pazos de Madrid e Sevilla, fuxindo das guerras e da fame climática da súa terra, só valorados pola súa discreción, o seu descoñecemento do idioma, que ás veces pode parecer idiotez, polo seu cumprimento irreflexivo e amoral das tarefas encomendadas e unha vontade de servir que non sempre resulta utilitaria.

Unha persoa, que quere manter o seu anonimato, propón a Mofa & Befa e aos seus cómplices habituais, que realicen unha operación parecida a Shakespeare para ignorantes cos clásicos casteláns do Século de Ouro que serven de alimento e coartada ao hedonista festival de Almagro. Os grandes (e os pequenos) do teatro español poden prover a dous cómicos cínicos, díscolos e cósmicos como Mofa & Befa de tanto material e, quizais, de máis detonante teatralidade que a escena isabelina. Os cómicos aceptan o desafío inspirados polo académico epígrafe de Tontas e Galegas, que lles servirá de motor de busca.

R., 2015-02-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES