
Nota de prensa del PSdeG:
Os socialistas galegos presentaron en Santiago o Grupo Latino do PSdeG, unha iniciativa que nace co obxectivo de contactar e traballar polos dereitos dos numerosos cidadáns de orixe latinoamericano que residen en Galicia.
Iván Puentes, secretario de Dereitos Cidadáns e Movementos Sociais do PSdeG, e Mónica González, coordinadora Federal de Latinos Socialistas, presentaron en rolda de prensa o grupo de traballo. Falamos dun colectivo importante en Galicia e que carece da visibilidade social que merece, manifestou Puentes, que anunciou tamén a posta en marcha a curto prazo de novos grupos de traballo dirixidos a cidadáns doutras procedencias.
Queremos unha igualdade real de dereitos e deixar atrás a discriminación e os recurtes do PP cos inmigrantes en temas como a sanidade e a educación, hai moito traballo e ilusión por diante, afirmou, amosando a intención dos socialistas de que o grupo sexa un referente da poboación latina.
Pola súa parte, Mónica González considerou que estamos nunha sociedade diversa e desde o PSOE federal estamos apostando por representar esta diversidade en todos os ámbitos do partido, seguindo as indicacións do noso secretario xeral, Pedro Sánchez.
En Galicia, Feijóo é un alumno aventaxado de Rajoy nos recurtes de dereitos á inmigracion, como pasou coa tarxeta sanitaria, e o que pretendemos con iniciativas como o Grupo Latono do PSdeG é convertirnos nun nexo entre os movimentos sociais de orixe latino e o partido, apuntou a coordinadora federal de Latinos Socialistas.
Soledad Lucero será a coordinadora do grupo latino dos socialistas galegos e o traballo chegará aos niveis provinciais e locais do partido, co obxectivo de que todos os cidadáns latinos atopen aquí unha representación, engadiu Puentes.
Fotografía: web del PSdeG (http://www.psdeg-psoe.com/)
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.