
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
Turismo de Galicia iniciou a campaña de promoción de 2015 coa presentación da oferta turística galega en Holanda e Finlandia, nos que presentou as principais novidades para este ano e promocionou o Camiño de Santiago e o turismo náutico.
Así, dende o pasado día 13 e ata mañá, 18 de xaneiro, Turismo de Galicia participa na feira Vakantiebeurs, de Utrecht (Holanda), onde está a difundir os valores turísticos da Comunidade galega.
Neste certame, no que España é o país convidado, o organismo da Xunta encargado da promoción turística de Galicia centra a súa presenza na difusión da oferta turística xeral da Comunidade galega, o Camiño de Santiago e o turismo náutico.
Turismo de Galicia promove así os recursos e servizos turísticos galegos máis destacados, sobre todo os relacionados coa natureza, nun dos mercados emisores máis esixentes e con máis capacidade para viaxar de toda Europa.
Nesta feira o departamento de Turismo da Xunta de Galicia presta unha atención especial á promoción do Camiño de Santiago ao obxecto de difundir o fenómeno das peregrinacións a Compostela en Holanda e incrementar o número de peregrinos desta nacionalidade que o ano pasado supuxeron xa un total de 3.458, un 1,45% máis que no ano 2013.
A presenza de Turismo de Galicia na feira Vakantiebeurs ten tamén como obxectivo reforzar a promoción do turismo náutico neste mercado emisor, que conta cunha clara vocación náutica e ofrece un gran potencial para Galicia.
Por outra parte, Turismo de Galicia está presente na feira MATKA de Helsinki, onde está a promover a oferta turística xeral de Galicia e as súas principais novidades para este ano 2015 así como o fenómeno das peregrinacións a Compostela.
Nesta feira, os dous primeiros días estiveron dedicados aos profesionais do turismo mentres que os días 17 e 18 o público xeral pode acudir tamén a este certame.
Por outra parte, Turismo de Galicia ten previsto participar ao longo deste mes nas feiras Thermalies, Holiday World e FITUR.
Así, entre os días 22 e 25 de xaneiro, o departamento de promoción turística da Xunta de Galicia estará no Carrousel du Louvre, en París, para promover o turismo termal galego no certame Thermalies.
Logo, Turismo de Galicia participará na feira Holiday World, de Dublín, para difundir os valores turísticos galegos entre o público irlandés.
Por último, a Comunidade galega participará de xeito global na feira FITUR 2015, de Madrid, un dos certames turísticos máis importantes de mundo e un dos mellores escaparates para a promoción turística de Galicia ao comezo do ano.
Fotografía: archivo GD / Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.