
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O venres 16 de xaneiro, Turismo de Galicia inaugurará na cidade alemana de Erfrut a mostra fotográfica Miradas no Camiño de Santiago, unha exposición itinerante que mostra a visión particular de destacados fotógrafos sobre o Camiño de Santiago.
A exposición forma parte da actividade A viaxe é o destino - O Camiño de Santiago e a Vía Regia: Dous Itinerarios Culturais do Consello de Europa organizada na dita cidade por Turismo de Galicia, a través da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, coa colaboración da Embaixada de España en Alemaña.
A mostra, que poderá verse na sala municipal de exposicións HausDacheroeden, inclúe fotografías dos acreditados fotógrafos Delmi Álvarez, Fernando Bellas, Tino Martínez, Javier Teniente, Xulio Villarino, Tino Viz, Cristina de Middle, Hana Jakrlova, Rita Newman, Chris Erlbeck, Tine Harden, Katja Lösönen, Eva Persson e Signe Raikstina.
A paisaxe, o patrimonio arquitectónico, a riqueza humana dos peregrinos, visitantes e persoas que viven ao longo das estradas que levan a Santiago son rexistradas polas cámaras destes 14 fotógrafos.
A mostra céntrase nas iconas puramente xacobeas e nas manifestacións antropolóxicas. Retratos con nomes e apelidos, figuras anónimas no espazo, paisaxes abertas ou a intimidade das igrexas e claustros compoñen esta mostra que pretende transmitir que existen diferentes dimensións do tempo.
Despois de visitar varias cidades, esta exposición alcanza Erfurt coa intención de mostrar, mediante a perspectiva destes fotógrafos, a riqueza que xera o fenómeno xacobeo en Galicia.
Máis de 16 mil peregrinos procedentes de Alemaña no 2014
No pasado ano 2014, percorreron a Ruta Xacobea un total de 16.347 peregrinos procedentes de Alemaña, o que supuxo un 6,87% do total de peregrinos que chegaron a Compostela.
Alemaña ocupou así o terceiro lugar no ranking de países de chegada de peregrinos á Oficina de Acollida ao Peregrino de Santiago de Compostela, tras España e Italia. Durante os últimos anos, Alemaña era o país do que acudían mais peregrinos estranxeiros pero os peregrinos procedentes de Italia superaron aos de Alemaña no pasado ano 2014, feito que poder ser debido en gran medida á celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela.
Fotografía: Xulio Villarino, difundida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o día 1, prolongándose ata o día 7, continuando en Ponteareas, desde o día 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 día ata o 10; Viveiro, do día 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do día 26 ao 29 de agosto.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.