Noticias

Emilio Rúa abre la programación de invierno del Salón Teatro de Compostela con Destino Sur

La música del cantautor ourensano Emiliio Rúa abre el programa de eventos semestral promovido por la Consellería de Cultura de la Xunta en el Salón Teatro de la capital gallega. "Destino Sur" es el título del trabajo que presentará Emilio Rúa en colaboración con el actor de Carlos Blanco. 30 propuestas escénicas y musicales completan el programa previsto hasta junio, en el que se incluye el estreno de "Xardín suspenso", por el Centro Dramático Galego (CDG).

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O concerto que o cantautor ourensán Emilio Rúa ofrece o xoves día 15 de xaneiro, ás 21.00 horas, no Salón Teatro é a primeira das 30 propostas da nova carteleira que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria despregará ata finais de xuño neste espazo compostelán, sede do Centro Dramático Galego (CDG).

Na actuación, Emilio Rúa presenta en directo as composicións do seu quinto traballo discográfico, ‘Destino Sur’, para o que contará cun convidado de excepción: o humorista Carlos Blanco, quen fará de mestre de cerimonias e mesmo interpretará xunto a Rúa algún dos temas máis coñecidos deste último. Ambos estarán arroupados por A Banda, os músicos que acompañan habitualmente ao cantautor.

Chega tamén á sede do CDG a compañía Teatro do Morcego co espectáculo ‘Diálogo do can co seu amo’, versión da obra do dramaturgo belga Jean Marie Piemme interpretada por Celso Parada e Mundo Villalustre, da que se ofrecerán tres funcións: o venres 16 e o sábado 17, ás 20.30 horas, e o domingo 20, ás 18.00.

Tanto as entradas para o concerto de Emilio Rúa como para a montaxe de Teatro do Morcego poden adquirirse de xeito anticipado a través do web entradas.abanca.com, así como nas billeteiras do Teatro Principal, de martes a sábado de 18.00 a 21.00 horas, e do Salón Teatro, desde dúas horas antes do comezo das actuacións.

Estas dúas propostas abren un calendario semestral de actuacións no que se insiren un total de 74 sesións de 30 espectáculos de teatro, danza, música e monólogos. Destaca nesta programación a estrea de ‘Xardín suspenso’, a nova produción do Centro Dramático Galego, con dirección escénica de Cándido Pazó a partir da obra do portugués Abel Neves. Este espectáculo, que será representado no Salón Teatro do 13 ao 29 de marzo, é o primeiro dos títulos do plan de actividade da compañía pública galega para a temporada 2014-15 que poderán verse na súa sede compostelá ata o vindeiro mes de xuño.

Dentro do apartado de coproducións e colaboracións, presentaranse en Santiago ‘Pangeia’ (do 15 ao 19 de abril), espectáculo de danza da compañía galega Teatro Limiar e a brasileira Acaso Danza en colaboración co CDG; ‘Ganas de Ouvear’ (do 23 ao 26 de abril), coprodución co Teatro Nacional de Cataluña e Catrocadeiras, e a primeira montaxe resultante do ‘Proxecto Nós Territoro (ES)Cénico Portugal-Galicia’ (do 17 ao 21 de xuño), no que a unidade de produción teatral da Xunta de Galicia participa xunto ao Teatro Nacional Dona María II de Lisboa, o Teatro Nacional São João do Porto e as escolas superiores de Arte Dramática (ESAD) de Galicia, de Teatro e Cinema (ESTC) de Lisboa e de Música, Artes e Espectáculo (ESMAE) do Porto.

O teatro galego e portugués será, pois, o gran protagonista desta temporada no Salón Teatro, que recibirá tamén as formacións lusas Teatro Bruto con ‘O amor dos infelizes’ (22 de xaneiro), Companhia de Teatro de Braga con ‘Um Picasso’ (11 de febreiro), Companhia de Teatro de Almada con ‘O Mandarín’ (9 de abril) e Pele e Grupo de Teatro de Surdos do Porto con ‘Nós’ (8 e 9 de maio).

En canto ás producións galegas, ademais de Teatro do Morcego e das propostas promovidas directamente polo CDG, o espazo compostelán acollerá outras 18 montaxes. Así, Talía Teatro presentarase con catro dos seus espectáculos –‘Bicos con lingua’ do 26 e 27 de xaneiro en funcións escolares; ‘Pelos na lingua’, tamén en pases para centros educativos o 28 de xaneiro; e ‘Sopa de sapo’ e ‘Demolición’, ambos os dous do 14 ao 17 de maio–, mentres que Elefante Elegante chegará a Santiago con ‘Kassa’, que ofrecerá para o público xeral do 30 de xaneiro ao 1 de febreiro e para escolares, do 2 ao 4 de febreiro.

O Salón Teatro acollerá tamén ‘Amor flexible’ de Redrum Teatro (5 e 6 de xuño), así como 10 citas da XV Mostra de Teatro Universitario de Galicia (do 27 de abril ao 6 de maio) e ‘Só ante a Perigos’ polo Grupo de Teatro Down Compostela (12 e 13 de xuño).

A meirande parte destes títulos intégranse, á súa vez, na oferta do Bono de Teatro Galego e Portugués que manteñen o Concello de Santiago e a Axencia Galega das Industrias Culturais. O Salón Teatro, o Teatro Principal e a Zona C forman parte desta iniciativa, que posibilita obter 5 entradas para 5 espectáculos por un total de 35 euros.

A sede do Centro Dramático Galego será tamén o escenario doutras dúas citas musicais (a Gallaecia Big Band xunto a Las Brownies o 23 de xaneiro e Brais Morán o 29 de xaneiro), así como dos monólogos que protagonizará Xavier Varela o 5 e 6 de febreiro e para os que se contará tamén con música en directo.

R., 2015-01-13

Actualidad

Foto del resto de noticias (libros-biblioteca.jpg) Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o día 1, prolongándose ata o día 7, continuando en Ponteareas, desde o día 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 día ata o 10; Viveiro, do día 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do día 26 ao 29 de agosto.
Foto de la tercera plana (libros.jpg) O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.

Notas

Un espazo de encontro entre academia, arte e sociedade. Arrancou no edificio Redeiras da UVigo o congreso internacional 'Escrituras potenciais: o ordinario e o infraordinario', unha cita coorganizada entre as universidades de Vigo e Sorbonne Nouvelle polos especialistas Hermes Salceda e Alain Schaffner, figuras claves no estudo da narrativa contemporánea francesa e, máis concretamente, da obra de Raymond Roussel, toda unha referencia nas chamadas literaturas potenciais.
O Centro Interdisciplinar de Química e Bioloxía (CICA) da Universidade da Coruña acolleu a inauguración da exposición 'A Miraxe Dixital'. A mostra é o resultado do traballo e da convivencia da artista británica Louise Ward Morris en colaboración co persoal investigador do centro, tras seis meses de traballo pola residencia artística concedida a través do Ministerio de Cultura.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES