Noticias

Traballo destina 10 millones de euros para contratar a personas que perciben la Risga

La Consellería de Traballo e Benestar Social de la Xunta de Galicia ha decidido destinar 10 millones de euros para hacer frente a los costes salariales de los contratos que hará a personas que reciben la Risga (renta de inserción social de Galicia) para que trabajen durante siete meses y que, en su mayoría, alcanzarán el 75% de la jornada laboral. La Xunta prevé beneficiar, así, a más de un millar de personas, lo que significaría un 10% del total de adjudicatarios de esta ayuda social sobre la que se prevén cambios.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A orde de contratación de perceptores da RISGA nos concellos duplicará no ano 2015 o seu orzamento, ata os 10 millóns de euros, e ampliará o abano de posibles beneficiarios, ao eliminar o requisito de ter unha antigüidade de 6 meses. Así o explicaron a directora xeral de Emprego e Formación, Ana María Díaz, e a directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González, nunha rolda de prensa na que deron os detalles desta convocatoria, que se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

O ano pasado convocáronse por primeira vez estas axudas, que contaron cun orzamento de 5 millóns de euros, que permitiron contratar a máis de 600 beneficiarios en 118 concellos de Galicia. Dado o resultados positivos do ano pasado, este ano introducíronse novidades co fin de chegar ao máximo de persoas posibles. Por iso ampliouse o orzamento e abriuse o abano de beneficiarios. Non obstante, deberán estar inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) e seguirán tendo preferencia aquelas persoas que estean comprometidas coa realización dun itinerario sociolaboral, así como aos que contan con cargas familiares.

Ademais, o obxectivo este ano é que a “inmensa maioría” dos contratos se realicen polo 75% da xornada laboral –a orde recolle entre un 50 e un 75%-, para que os beneficiarios disfruten da xornada máxima que recolle a orde. Todos os contratos terán unha duración de 7 meses e deberán estar vinculados á realización de obras ou servizos de interese xeral e utilidade social, que serán decididos polos propios concellos A Consellería, ao igual que o ano pasado, volverá sufragar o total dos custes salariais dos traballadores, incluída a cotización á Seguridade Social. Os concellos interesados poden comezar a presentar as súas solicitudes.

Esta convocatoria inscríbese na aposta da Consellería por traballar a prol da inclusión activa dos colectivos máis vulnerables. Por exemplo, nesta mesma liña enmárcanse outras dúas ordes de emprego que se aprobaron no Consello da Xunta a pasada semana. Así, a orde de obradoiros de emprego para este ano prevé unha reserva do 20% das prazas totais para os preceptores da RISGA, sempre que haxa candidatos que o fagan posible. Pola súa banda, os Plans integrados de emprego disporán por primeira vez dunha tipoloxía de programa específico para os beneficiarios da RISGA. Neste caso, os custos subvencionables por participantes serán máis altos que nos ordinarios.

A aposta pola inclusión reflíctese non só nas ordes concretas, senón tamén a nivel normativo e de planificación. Así, en 2013, aprobouse unha nova Lei de inclusión Social de Galicia, un marco legal mellorado e actualizado que articula unha nova RISGA dividida en tres tramos para estimular e favorecer a inserción laboral. A inclusión activa é tamén un dos piares fundamentais na nova Estratexia de Inclusión Social, que se aprobou en decembro, e que contará con máis de 522 millóns de euros de orzamento e máis de 300 medidas concretas.

Nota del Gabinete de Comunicación del PSdeG:

Os socialistas galegos criticaron que a nova orde con axudas para contratar a persoas perceptoras da Risga “é unha maquillaxe das cifras de desemprego en ano electoral” e a súa concesión “non se fai atendendo a criterios obxectivos”. A viceportavoz dos socialistas galegos, Carmen Gallego, considera que “non é normal que as axudas aos concellos se concedan por orde de entrada das peticións na Consellería de Traballo”, demandando ao Goberno de Feijóo un criterio “máis obxectivo”.

“O que tería que facer a Xunta de Galicia é ter en conta cales son os concellos cunha maior porcentaxe de persoas en situación de desemprego cobrando a Risga, aplicando un criterio na concesión de axudas máis coherente”, sostén a deputada socialista. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica a orde de contratación de perceptores da Risga, “a catro meses dunhas eleccións municipais e co único obxectivo de enganar coas cifras aos cidadáns antes das urnas, como é tradicional no Partido Popular”.

Con respecto á renda de inserción, Gallego lembra quen “nestes seis últimos anos, se desmantelaron as oficinas de inclusión social das sete grandes cidades e os retrasos na tramitación da Risga chegan aos dez meses; os servizos sociais municipais dos concellos están colapsados e para 2015 a Xunta prevé asistir a 10.000 persoas coa Risga, cando temos máis de 55.000 familias en pobreza severa”.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia.

R., 2015-01-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (nenos-clase-estudo.jpg) O sistema educativo galego contará con 536 centros plurilingües o próximo curso 2026/27 nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato e FP. Seis centros decidiron incorporarse a esta iniciativa e outros dous ampliar a súa participación na mesma a outras etapas, o que confirma o incremento progresivo deste modelo, voluntario para os centros, desde a súa posta en marcha. Do total dos centros con modelo plurilingüe, 445 serano en Primaria e 93 en ESO (se ben parte deles sono en ambas etapas á vez), 259 en Infantil, 16 centros en Bacharelato e 40 en FP. Ademais dos centros plurilingües, a Consellería oferta diversas modalidades. Así, outros centros optan por contar con seccións bilingües.
Foto de la tercera plana (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %.

Notas

No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
Pódese prever como se comportará a rótula despois dunha operación de prótese de xeonllo? Unha investigación desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña permite simular o movemento desta articulación tras a intervención e estudar como as características de cada paciente poden influír na elección do tratamento.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES