Noticias

El CGAI acoge las últimas proyecciones del ciclo Cinegalicia 25, tras una programación anual de 370 filmes en un total de 184 jornadas

La recta final del homenaje a los últimos 25 años del cine gallego centra las últimas proyecciones del CGAI que da visibilidad a la etapa más reciente con filmes de Ignacio Vilar, Alfonso Zarauza, Oliver Laxe, Sandra Sánchez, Fernando Cortizo, Eloy Enciso, Lois Patiño, Manuel Gómez y Ángel de la Cruz. Hasta el 21 de diciembre se proyectan 9 largometrajes y 6 cortometrajes.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria finaliza no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) o ciclo ‘CineGalicia 25. Que é o cine (galego)?’ coa proxección de 15 longas e curtametraxes correspondentes á etapa máis recente do audiovisual galego. Será un total de nove sesións coas que o CGAI pechará, así mesmo, a súa carteleira de 2014 despois de ter ofrecido 370 títulos en 184 xornadas de programación.

Con ‘CineGalicia 25’, a filmoteca galega súmase ás actividades promovidas pola Consellería de Cultura e Educación para conmemorar o vixésimo quinto aniversario da estrea en novembro de 1989 das tres primeiras longametraxes galegas: ‘Continental’, ‘Urxa’ e ‘Sempre Xonxa’. Se a exhibición destas tres fitas claves na historia do noso cinema servía para abrir o ciclo a finais do pasado mes de novembro, a súa recta final dedicarase a producións estreadas desde 2001.

Así, esta última semana arranca o martes 16 de decembro con ‘Pradolongo’ de Ignacio Vilar (18.00 h) e ‘A noite que deixou de chover’ de Alfonso Zarauza (20.30 h). Tamén forman parte desta carteleira ‘Celda 211’ de Daniel Monzón (mércores 17, 18.00 h), ‘Todos vós sodes capitáns’ de Oliver Laxe (mércores 17, 20.30 h), ‘Tralas luces’ de Sandra Sánchez (xoves 18, 18.00 h), ‘O apóstolo’ de Fernando Cortizo (xoves 18, 20.30 h), ‘Arraianos’ de Eloy Enciso (venres 19, 18.00 h), ‘Costa da Morte’ de Lois Patiño (venres 19, ás 20.30 h) e ‘O bosque animado’ de Manuel Gómez e Ángel de la Cruz (sábado 20, ás 18.00 h).

Completan esta oferta seis destacadas curtametraxes: ‘Os Crebinsky’ de Enrique Otero, ‘Unha luz encendida’ de Alber Ponte, ‘1977’ de Peque Varela, ‘Taxia’ de David Robles, ‘O cazador’ de Ángel Santos e ‘Anacos’ de Xacio Baño.

Con estes títulos ponse o broche de ouro a un ciclo ideado a modo de percorrido visual pola historia do cinema galego a través dun total de 50 longametraxes, curtas, fitas de animación e documentais do período 1989-2014. A escolma foille encomendada a unha comisión da que formaron parte oito coñecidos profesionais do sector co obxectivo de ofrecerlles aos espectadores unha carteleira significativa que, centrándose en criterios historiográficos, procurara a maior representatividade e diversidade en canto a formato, xénero, temática ou autoría.

Como complemento, tamén foron seleccionadas varias producións consideradas pioneiras e realizadas durante os anos setenta e oitenta, para configurar tres sesións especiais que terán lugar os días 15, 22 e 29 de xaneiro.

Con este ciclo finaliza, así mesmo, un ano de programación na sala de proxeccións do CGAI na Coruña, durante o que –entre outras liñas de actividade– se avanzou na difusión entre o público galego de destacados títulos do cinema independente e experimental internacional, a través de seccións como Fóra de Serie ou Desencadres, así como de novos proxectos e traballos de realizadores galegos nos sábados de Off Galicia.

O Centro Galego de Artes da Imaxe ofreceulles aos espectadores a posibilidade de participar en coloquios con cineastas emerxentes e consagrados do panorama español e internacional (Gunvor Nelson, Larry Gottheim, Mike Hoolboom, Gonzalo García-Pelayo, Nicolás Pereda, Albert Serra e Jorge Tur, entre outros), ademais de recuperar en pantalla grande figuras históricas do cinema como Jerry Lewis, Roberto Rossellini, Buster Keaton ou Marlen Khutsiyev.

Entre as novidades deste ano destaca a incorporación da filmoteca galega ao Circuíto de Cine Independente, unha nova rede de salas de exhibición en centros culturais públicos para atender a difusión de películas de calidade procedentes do circuíto internacional de festivais, pero sen distribuidora en España. Xunto co CGAI, forman parte de esta iniciativa os centros Tabakalera (San Sebastián), MUSAC (León), Centro Cultural Niemeyer (Avilés), Cineteca (Madrid) e Filmoteca de Culturarts-IVAC (Valencia).

Tamén en 2014 deu comezo en Ourense a primeira extensión da programación do Centro Galego das Artes da Imaxe fóra da súa sede da Coruña, durante a que se proxectou un total de 26 fitas grazas á colaboración asinada entre a Consellería de Cultura e Educación e a Asociación Cultural Cineclube Padre Feijoo.

Máis información en: http://www.cgai.org/index.php?seccion=programacion.php&id_ciclo=593

R., 2014-12-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES