Noticias

La planta de PSA en Vigo fabricará 200.000 unidades anuales de la nueva furgoneta K9 de Citroën

Finalmente, la planta viguesa de PSA Peugeot Citroën ha conseguido la adjudicación para la fabricación del nuevo modelo de furgoneta K9 que se inscribirá en la gama de vehículos ultraligeros del grupo automovilístico y que empezará a fabricarse en el año 2017. Esta decisión fue comunicada al presidente de la Xunta de Galicia y a los trabajadores de la planta de Balaídos por el director de la Región Europea de PSA, Denis Martin, y el director industrial, Yann Vincent. Esta nueva furgoneta activa el plan industrial de Citroën en Vigo, las auxiliares confían en incrementar sus contratos y la patronal celebra este contrato.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que a dirección de PSA Peugeot-Citröen ven de comunicarlle oficialmente a decisión de que os novos vehículos K9 se fabricarán en Vigo, a partir de 2017. Tras unha reunión mantida en París cos directivos internacionais da compañía: Denis Martin, director da rexión Europa, Yann Vincent, director de industria do Grupo e Juan Antonio Muñoz Codina, director de industria Europa, e na que tamén estivo o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, Feijóo expresou o seu convencemento de que esta é tan boa noticia para Galicia como o será tamén para a compañía, á que agradeceu a súa confianza na Comunidade, “que siga apostando por Vigo e pola Comunidade”, incidiu.

“Estamos a falar da mellor noticia posible para os 7.000 traballadores de Citröen en Vigo, a mellor noticia posible para o conxunto das 19.000 familias que traballan no sector da automoción en Galicia, a mellor noticia posible para boa parte do PIB de Galicia e a mellor noticia posible para boa parte das exportacións da comunidade”, abundou.

Tras a xuntanza, o titular do Goberno galego salientou que xunto coa vantaxe loxística de estar nunha das principais cidades portuarias da fachada atlántica, PSA valorou a calidade e a produtividade do traballo que se realiza na fábrica de Vigo. Ademais de ter en conta o valor engadido do sector en Galicia, o seu carácter innovador: a cualificación dos seus traballadores e a cooperación a través do clúster da automoción.

A estabilidade da Comunidade, o apoio institucional constante que a Xunta dá a un sector que é prioritario nas súas políticas e a innovación que o Goberno galego está a desenvolver desde o CTAG –que é xa unha referencia internacional no eido da tecnoloxía-, a RIS3 ou os proxectos innovadores Industria4.0, son outros factores que, segundo precisou Feijóo, tamén valorou a compañía.

O responsable do Executivo autonómico aseverou que esta decisión é, sen dúbida, un recoñecemento aos esforzos de todos os que traballaron neste proxecto e, sobre todo, un recoñecemento aos traballadores da fábrica de Vigo e aos traballadores do sector da automoción en Galicia.

Feijóo fixo fincapé na importancia do traballo conxunto, unha “alianza” entre a fábrica de Vigo, a automoción galega e a Xunta que permitiu, hoxe, anunciar a mellor noticia posible para un sector decisivo da economía galega do que viven 19.000 familias e que supón un 14% do PIB da Comunidade.

Ante esta nova, o presidente da Xunta felicitou aos traballadores da fábrica de Vigo e a todo o sector en Galicia, xa que este novo encargo supón estabilidade, certeza e perspectivas de futuro para os traballadores do sector. E supón, ademais, un importante estímulo para Galicia: “Supón un estímulo de que novamente unha grande compañía volve a confiar na Comunidade; e supón tamén unha mostra explícita de que o esforzo, a constancia e a estabilidade ten resultados”, dixo.

“Celebramos este triunfo da capacidade industrial de Galicia, da capacidade do sector da automoción de Vigo e queremos comprometer máis esforzo, máis responsabilidade, máis competitividade e máis traballo. PSA Peugeot-Citröen acaba de outorgarnos unha confianza á que responderemos con capacidade, innovación e competitividade”, concluíu.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia.

R., 2014-12-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (mit-ribadavia-2025.jpg) A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia reunirá do 17 ao 25 de xullo 25 espectáculos procedentes de Galicia, Portugal, Francia, México e diferentes comunidades autónomas, nunha 42ª edición atravesada pola creación contemporánea, a diversidade de linguaxes e formatos, a memoria histórica, a música en directo e a capacidade da escena para activar pensamento crítico e experiencia colectiva. Entre estas propostas figura A Fortaleza, da compañía A Feroz, coproducida polo Centro Dramático Galego e o festival FITEI do Porto. A obra, dirixida pola portuguesa Raquel Sousa e con dramaturxia de Lorena Conde e da propia Sousa, recupera a memoria das guerrilleiras antifranquistas galegas a través da figura de Consuelo Rodríguez López, Chelo.
Foto de la tercera plana (ateneo-barroco-2026.jpg) O Festival de Música Antiga e Barroca Ateneo Barroco celebrará do 6 ao 20 de outubro a súa oitava edición cun programa articulado arredor da música antiga, os instrumentos históricos, a divulgación e o encontro co público. O certame compostelá ofrecerá seis concertos en diferentes espazos da capital de Galicia, ademais de cinema documental, unha conferencia, unha acción de improvisación, un club de lectura e varios encontros cos artistas. A programación principal de Ateneo Barroco desenvolverase en espazos como a Igrexa da Universidade, o Teatro Principal, o Salón Teatro e o Paraninfo da Universidade. O calendario de recitais abrirase con Lina Tur Bonet e Bach, partita, sonata, e continuará con Ars Atlántica, Resonet, Arc & Volta e Bertrand Cuiller, antes do peche con Accademia del Piacere e Fahmi Alqhai en In dulci jubilo.

Notas

'A idea tomou corpo nun rato de charla espontánea, pero porque xa nos roldaba', recoñece Fernando Romo Feito, editor e tradutor da Eneida en verso ao castelán, publicada por La Oficina de Arte y Ediciones. Precisamente foi cos editores da obra cos que o docente e investigador xubilado da UVigo Fernando Romo mantivo hai tres anos esa conversa e da que xurdiu unha obra sobre a que asegura 'de non gustarlles o resultado, sei que non a sacarían'.
Un equipo do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia rexistrou unha nova metodoloxía que permite elaborar análises económicas e ambientais cun nivel de detalle territorial moi superior ao que ofrecen as ferramentas convencionais. Denomínase Path-Q-Plus para a interrexionalización de marcos contables input-output, investigación da tese de doutoramento de Uvenny Quirama Estrada, dirixida por Xesús Pereira López e Melchor Fernández Fernández.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES