Noticias

La Xunta suprime el plus de altos cargos y se compromete a que los funcionarios recuperen el total de las pagas extraordinarias en 2018

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado de la conselleira de Facenda, Elena Muñoz, ha anunciado que Galicia será la primera comunidad española en suprimir el plus de altos cargos que ya estaba suspendido debido a la crisis. Núñez Feijóo, que presentó la nueva Ley de Empleo Público de Galicia, también confirmó que en el año 2018 los empleados públicos gallegos recuperarán el 100% del complemento específico de las dos pagas extraordinarias que fuera reducido por el Gobierno gallego en 2013, lo que implicará recuperar la situación salarial previa a los recortes aplicados por la crisis.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Xunta de Galicia destinará 350 millóns de euros ata 2018 para que os empregados públicos volvan cobren o 100% do complemento específico e recuperen a totalidade da paga extraordinaria de 2012. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, explicou que esta medida inclúese no proxecto de Lei de Emprego Público, aprobado no Consello da Xunta.

Tal e como avanzou no Parlamento, o texto establece un fondo retributivo para a recuperación paulatina do complemento específico e, en consecuencia, do 100 por cento das pagas extraordinarias. E converterá Galicia, ademais, na primeira comunidade que suprime o chamado plus dos ex altos cargos.

Ademais, o presidente da Xunta salientou que a nova Lei de emprego público facilitará a mobilidade dos empregados públicos, cun 7 por cento dos postos abertos á provisión por funcionarios doutras administracións e incentivará o seu traballo mediante a valoración obxectiva e imparcial do mérito.

Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo subliñou que se trata dunha lei demandada, beneficiosa para os empregados públicos e para todos os cidadáns, “xa que o que se pretende é modernizar, axilizar e obxectivizar a prestación dos servizos públicos en Galicia”.

Así mesmo, afirmou que este documento vén a completar e pechar a serie de medidas postas en vigor nos últimos anos, no eido do emprego público: como o impulso dos concursos de traslados “e, a pesar da crise en Galicia fixemos concursos de traslados dos que se beneficiaron 6.000 empregados públicos”; coa implantación da flexibilidade horaria, á que se acolleron xa máis de 6.000 empregados públicos; e coa estabilización da plantilla da Xunta “e, neste sentido, cómpre salientar que estamos no perfil de comunidades con menor redución de emprego nos servizos públicos, no ámbito de comparación coa Administración do Estado, Administración local e Administracións autonómicas”.

Feijóo afirmou que o documento establece un marco común que pode afectar a 120.000 empregados públicos na Comunidade, “xa que non se trata –explicou- só dun marco común para a Administración xeral da Comunidade autónoma, senón que tamén afecta á administración local, a administración universitaria, en parte, aos órganos instrumentais das administracións anteditas e aos órganos estatutarios, salvo nas cuestións específicas que se regulan nas súas propias leis de creación”.

Por último, o presidente da Xunta resaltou que Galicia será unha das primeiras comunidades en adaptar o Estatuto básico do empregado público: “Concretamente -aseverou-, a nosa autonomía convértese na terceira comunidade de España que adapta a lexislación estatal e fai unha normativa autonómica no ámbito das súas competencias e cumprindo a lexislación básica do Estado”.

Pola súa banda, a conselleira de Facenda, Elena Muñoz Fonteriz, destacou que esta normativa será unha lei “de vangarda, pensada para o século XXI”. Tamén incidiu en que permitirá “modernizar e racionalizar” a Función Pública e incidir na súa profesionalización e na dos seus empregados, e ao mesmo tempo servirá para acadar unha xestión “mellor e de máis calidade”.

O Consello da Xunta aprobou o proxecto de Lei de Emprego Público de Galicia, unha normativa que situará Galicia á vangarda na modernización da Administración e no recoñecemento dos seus empregados. Esta lei, que substitúe á normativa vixente dende 1988, responde a unha demanda histórica dos empregados públicos e beneficiará a todos os traballadores e ao conxunto da cidadanía, porque se moderniza a Administración para prestar un mellor servizo público.

A nova lei introducirá por primeira vez na historia da Autonomía un marco común para todas as administracións da Comunidade (Xunta, entidades locais, universidades…), de modo que Galicia será unha das primeiras autonomías en adaptar á lexislación autonómica o Estatuto Básico do Empregado Público. Ata agora só dúas comunidades fixeron este proceso.

Outra das novidades é que se incentiva o traballo do empregado mediante a valoración do desempeño, na que a Xunta garantirá unha avaliación obxectiva e imparcial. Na regulación dos sistemas de avaliación participarán as organizacións sindicais, e un dos obxectivos fundamentais é estimular a formación e a eficiencia do traballador público. En todo caso, estes sistemas aplicaranse por órganos especializados dotados de autonomía funcional.

A lei implanta tamén a carreira horizontal para impulsar a promoción profesional dos empregados públicos, permitindo a progresión sen o cambio de posto de traballo. A progresión na carreira horizontal terá carácter consolidable, agás nos casos de sanción disciplinaria de demérito.

A lei tamén facilitará a mobilidade dos empregados públicos, ampliando do 5% ao 7% os postos abertos á provisión por funcionarios doutras administracións. Esta normativa reduce a burocracia e simplifica a organización administrativa, reforzando as funcións de coordinación e de representación do persoal das Mesas Xerais de Negociación dos Empregados Públicos, e queda garantida a participación das organizacións sindicais.

Galicia será a primeira comunidade que suprime por lei o complemento retributivo para ex altos cargos da Administración autonómica, aprobado en 2007 e cuxo pago xa leva suspendido dende 2012.

Ao mesmo tempo, a lei establece un fondo retributivo para que os empregados públicos da Xunta recuperen paulatinamente o complemento específico nas dúas pagas extraordinarias, así como a devolución do 100% da paga extraordinaria de Nadal de 2012, que foi suprimida polo Goberno para o conxunto das administracións. Ademais, o Goberno galego adiantará a 2015 a devolución da totalidade da paga extra devengada. En total, a Xunta destinará 350 millóns de euros ata 2018 para levar a cabo esta medida.

Co obxectivo de fomentar a profesionalización da Administración, a lei establece que a provisión das xefaturas de servizo farase por concurso, e introdúcese a figura do persoal directivo, que será avaliado periodicamente en base a criterios obxectivos e terá responsabilidade pola xestión realizada, ao tempo que se controlarán os seus resultados.

Na Administración xeral, entidades locais e universidades o persoal directivo terá que ser persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo, e nas entidades públicas instrumentais excepcionalmente poderán ser outras persoas que reúnan condicións análogas de idoneidade. Igualmente, a lei establece que os plans de recursos humanos permitirán optimizar os recursos humanos ao servizo da Administración.

A normativa tamén aumenta a estabilidade do persoal laboral fixo con funcións de persoal funcionario, que poderá acceder a procesos de funcionarización. Esta medida permitirá aumentar a polivalencia dos empregados públicos, xa que poderán ocupar diferentes postos de traballo, ao tempo que se incrementará a súa produtividade sen que isto se traduza nun maior custe para a Administración.

De igual xeito, as administracións aplicarán por lei unha discriminación positiva para as empregadas públicas vítimas de violencia de xénero, mentres que as medidas de conciliación familiar e laboral terán rango de lei

A aprobación deste proxecto de lei prodúcese logo dun proceso de negociación coas organizacións sindicais, o que permitiu incorporar ao texto máis de 150 alegacións presentadas polos representantes dos traballadores.

R., 2014-12-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (nenos-clase-estudo.jpg) O sistema educativo galego contará con 536 centros plurilingües o próximo curso 2026/27 nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato e FP. Seis centros decidiron incorporarse a esta iniciativa e outros dous ampliar a súa participación na mesma a outras etapas, o que confirma o incremento progresivo deste modelo, voluntario para os centros, desde a súa posta en marcha. Do total dos centros con modelo plurilingüe, 445 serano en Primaria e 93 en ESO (se ben parte deles sono en ambas etapas á vez), 259 en Infantil, 16 centros en Bacharelato e 40 en FP. Ademais dos centros plurilingües, a Consellería oferta diversas modalidades. Así, outros centros optan por contar con seccións bilingües.
Foto de la tercera plana (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %.

Notas

No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
Pódese prever como se comportará a rótula despois dunha operación de prótese de xeonllo? Unha investigación desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña permite simular o movemento desta articulación tras a intervención e estudar como as características de cada paciente poden influír na elección do tratamento.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES