
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria inaugura a exposición itinerante Mulleres século XX. Luces e sombras, que se poderá visitar desde hoxe e ata o 25 de outubro na Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra.
Co obxectivo de difundir o patrimonio documental custodiado nos arquivos de xestión autonómica, a Consellería pon en valor o papel da muller galega a través desta exposición itinerante, organizada en 2013 polo Arquivo Histórico Provincial de Lugo, que mostra en imaxes as condicións de vida, traballo e participación da muller galega ao longo dos anos 30 e 80 do século XX.
O traballo e a participación na vida social de campesiñas, obreiras, mestras, costureiras, nais, etc. están representados nesta exposición, que lle dá visibilidade ao esforzo continuado das mulleres galegas. As imaxes acompáñanse de textos de autoras clásicas como Concepción Arenal, e historiadoras como Ofelia Rey Castelao e Serrana Rial García e apóianse nunha pequena escolma de publicacións sobre as mulleres.
A exposición permanecerá aberta ata o vindeiro día 25 de outubro en horario, de luns a venres, de 9 a 21 horas e o sábado, de 10 a 14 horas.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.