O encontro Novas Tecnoloxías e Sociedade celebrarase en
Pontevedra entre os días 25 e 29 de marzo, organizado polo
Observatorio de Xornalismo e Novas Tecnoloxías e o Colexio
Profesional de Xornalistas de Galicia. A xuntanza, patrocinada
polo Concello de Pontevedra e por Caixanova, concentrará a
destacadas figuras do ámbito nacional e internacional
relacionadas directamente coa Sociedade da Información. A
apertura do congreso corre a cargo do teórico francés Armand
Mattelart e a clausura estará asinada polo director de Le Monde
Diplomatique, Ignacio Ramonet.
No encontro participan, ademais, profesionais e intelectuais
como Steven Ross, Margarita Ledo, Hipólito Vivar, Begoña Gros,
Evru-Zush, Victor Fernández Freixanes, Lois Rodríguez, Luis
Ángel Fernández-Hermana, Salvador Cuenca, José Luis
Orihuela, Antonio Fernández Coca, Francesc Pumarola, Luís
Álvarez Pousa, Elvira García de Torres, Iranzu García Iriarte,
Francisco Olivares, Mark Sallent ou Luis Hernández, entre
outros. Paralelamente, na facultade de Belas Artes poderase ver
unha exposición multimedia do prestixioso festival de arte dixital
BARCELONA OFFF, que incluirá a presentación da edición de
2003. O Congreso, de matrícula libre e prazas limitadas, terá
tamén obradoiros de iniciación ás novas tecnoloxías e chats
cos convidados.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.