
El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ha defendido que todos los "grandes partidos" tienen un "interés común" en aprobar una reforma electoral para la elección directa de los alcaldes y, en una fase posterior, de los presidentes autonómicos, ya que así se garantizaría un "activo económico importantísimo" que es la "seguridad y estabilidad política". "Es bueno que gobiernen los que ganen para dar seguridad y estabilidad", ha sostenido Feijóo en declaraciones a la prensa tras reunirse con el comisario de Política Regional, Johannes Hahn. "Tanto para dar un mensaje de seguridad a los ciudadanos que van a votar sabiendo que su voto se traducirá de forma inmediata en el alcalde, y sabiendo también que un activo económico importantísimo para salir de la crisis que todavía padecemos es la seguridad y estabilidad política".
Según el presidente gallego, la reforma electoral debe "empezar por los ayuntamientos" porque en mayo de 2015 se elegirán más de 8.000 gobiernos locales. En el futuro, ha proseguido, "se puede y se debe probablemente hablar de las comunidades autónomas". Feijóo ha apuntado que la reflexión sobre la elección directa de los alcaldes fue iniciada por la UCD en la década de los años 80 y proseguida por el PSOE, que la llevó en su programa electoral, al igual que lo hace ahora el PP. "Los consensos de los programas electorales acreditan que hay un interés común en llegar a una propuesta que se convierta en ley", insitía el presidente gallego.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que Galicia disporá de máis de 4.000 millóns de euros de fondos comunitarios para o período 2014-2020; unha cantidade que segundo explicou, é resultado da suma de todos os fondos europeos Fondos Estruturais (FEDER e Fondo Social Europeo), FEADER (Fondos Agrarios) e FEMP (Fondos Pesqueiros)-, e que cualificou de moi importante para manter a capacidade de investimento e a capacidade dun novo modelo económico para a Comunidade ano 2014-2010.
Durante unha reunión, este mediodía, en Bruxelas co comisario de Política Rexional, Johannes Hahn, o titular da Xunta tivo tamén a oportunidade de comentar as principais claves do Programa Operativo Feder que elaborou a Xunta para o novo período 2014-2020; un programa no que Galicia propón un novo modelo económico baseado: no investimento en tecnoloxías, no investimento en innovación e investigación e no apoio á pequena e mediana empresa. Nestes tres obxectivos: tecnoloxía, innovación e pequena e mediana empresa van estar destinados máis do 60 por cento do total dos fondos, aseverou.
O titular da Xunta reiterou o agradecemento ao comisario pola súa sensibilidade para que Galicia lograse unha rede de seguridade de fondos estruturais. Agradecer toda unha labor que empezamos no 2011 e que rematou felizmente fai uns meses, cando Galicia conseguiu manter o 80% do total dos fondos estruturais que viña xestionando no período 2007-2013, aseverou, logo de lembrar que a Comunidade estivo ante o risco de perder todos eses fondos, ao pasar a ser considerada como rexión desenvolvida.
Durante a xuntanza, Feijóo e Johannes Hahn destacaron tamén a especificidade de que nas actuacións financiadas con fondos europeos, Galicia tan só teña que aportar o 20 por cento.
O responsable do Goberno galego expresou o desexo de que o comisario austríaco, que finaliza o seu mandato, siga de comisario noutra carteira, xa que tivo un contacto continuo con Galicia. É a cuarta vez que nos reunimos tres veces en Bruxelas e unha en Santiago-; coñece ben Galicia e, nalgunha ocasión, nos puxo como modelo na xestión do fondos. Non en van, a miña presenza mañá no VI Foro da Cohesión, obedece á sintonía entre a Comisión e a Xunta. Agradecer esta valoración e fluidez do Goberno galego coa Comisión europea en materia de fondos, a través do comisario Hahn, afirmou o presidente da Xunta.
O presidente da Xunta participará mañá martes no VI Foro da Cohesión Promoción do desenvolvemento e o bo goberno nas rexións e cidades da UE", un foro organizado pola Comisión Europea e que contará coa participación de representantes políticos ao máis alto nivel, tanto europeo coma nacional e rexional, que debaterán sobre a mellora da eficacia, da capacidade institucional e da coordinación entre os fondos estruturais e os diferentes niveis de goberno.
Galicia vén de pechar o mes de xullo máis cálido desde 1961, ano a partir do que se dispón na Comunidade de rexistros climatolóxicos. Esta é a principal conclusión do informe mensual elaborado por MeteoGalicia e que presentou esta mañá en Santiago a directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, Paula Uría. Tal e como explicou, o valor medio da temperatura máxima se situou en 29 graos, cunha anomalía positiva de 3,5 graos en comparación cos rexistros das estacións meteorolóxicas máis representativas da Comunidade. Ademais, no caso da temperatura media o dato situouse en 22,5 graos, 2,8 graos por riba do valor normal climatolóxico para este mes.
O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se actualiza a relación de deportistas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base e vitalicias, así como persoas adestradoras ou técnicas, xuízas e árbitras recoñecidas de alto nivel. Esta actualización súmase ás realizadas en xuño e establece un novo récord de persoas recoñecidas, que ascenden a 1.941, das que 835 son mulleres (43%) e 1.106 homes (57%). Arredor do 76 % das persoas -1.466- son deportistas galegos de alto nivel (623 mulleres e 843 homes). Ademais, figuran 201 deportistas de alto rendemento (101 mulleres e 100 homes), 183 deportistas de rendemento deportivo de base (86 mulleres e 97 homes), 47 persoas técnicas de alto nivel (catro mulleres e 43 homes), 29 persoas árbitras e xuízas (16 mulleres e 13 homes) e 15 deportistas galegos de alto nivel vitalicios.