Noticias

El Ministerio de Hacienda desestima las alegaciones de la Diputación de Ourense que tiene que devolver 10 millones de fondos europeos

El presidente de la Diputación de Ourense, José Manuel Baltar, compareció ante los medios de comunicación apelando a "la transparencia y compartir absolutamente toda la información" sobre los 10 millones de euros que la Diputación Provincial de Ourense tendrá que devolver, una vez que el Ministerio de Hacienda ha desestimado sus alegaciones. Se trata de fondos europeos para proyectos como Daredo y Deputrans, por los que el organismo provincial, que ya anunció que recurrirá, deberá devolver 8.8 y 1.24 millones.

El Ministerio de Hacienda ha demandado a la Diputación de Ourense el reintegro de los más de 10 millones de euros procedentes de fondos europeos recibidos para la instalación de un centenar de depuradoras en pequeños pueblos del rural de la provincia, de forma que desestima las alegaciones de la institución. El presidente de la Diputación de Ourense, José Manuel Baltar, compareció ante los medios de comunicación en aras de "la transparencia y de compartir absolutamente toda la información" y detalló que la notificación del acuerdo del ministerio cuenta con registro de entrada en el órgano provincial desde esta misma mañana.

Los fondos que deberá reintegrar corresponden a los proyectos europeos, según detalló, Daredo, del que son 8,8 millones, y Deputrans, por el que deberá reintegrar otros 1,24 millones. Baltar anunció que recurrirá el acuerdo del ministerio por vía judicial, ante el contencioso-administrativo del Tribunal Supremo "para hacer valer las mismas alegaciones formales y de fondo que se plantearon al ministerio".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Diputación Provincial de Ourense:

A Deputación de Ourense recorrirá o acordo do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas no que se solicita o reintegro das subvencións polos proxectos Daredo e Deputráns, que suman un total de 10.123.053,05 €. O presidente provincial, Manuel Baltar, informou hoxe en rolda de prensa que a Deputación presentará “en tempo e forma recurso contencioso-administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Madrid por entender, segundo defenden os técnicos, que non existiron as supostas irregularidades que se citan no expediente e que neste proceso actuouse conforme á legalidade e á normativa vixente".

Baltar explicou que o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas solicita á institución provincial que faga efectivo o reintegro das devanditas subvencións, se ben, sinala no documento que contra esa decisión administrativa a Deputación pode presentar os correspondentes recursos pola vía xudicial. As subvencións refírense á contratación de subministros de depuradoras e asistencias técnicas nos anos 2003 e 2004, no marco dos proxectos Daredo e Deputrans.

Manuel Baltar destacou o firme compromiso de “transparencia total" por parte da Deputación de Ourense, afirmando que quere chegar ata o fondo da cuestión e esgotar todas as vías posibles na defensa dos intereses da institución provincial.

Este proceso de adxudicación das depuradoras xa fora obxecto de investigación por parte da Fiscalía de Ourense no ano 2008, como recolle o informe da Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF), e ditas dilixencias foron arquivadas segundo auto ditado polo Xulgado de Instrución nº 2 de Ourense en marzo de 2009 ao non apreciar a existencia de feitos delictivos. Ademais, os técnicos da Deputación de Ourense consideran que o expediente de reintegro que iniciou no seu día o Ministerio de Facenda debería arquivarse, dado que, ademais de ser improcedente, a acción atópase totalmente prescrita.

Os argumentos das alegacións da Deputación baséanse en que as prescricións técnicas do prego respectan escrupulosamente a lei e a OLAF non sinala ningunha normativa que se vulnere. Tamén alega o ente provincial que a Deputación, como calquera outra administración pública, ten dereito a establecer as prescricións técnicas que considere máis convenientes para garantir a máxima calidade dos subministros que adquire.

R., 2014-07-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES