Noticias

El Papa podría visitar Compostela en 2015 para conmemorar el peregrinaje de Francisco de Asís

El papa Francisco podría visitar Santiago de Compostela en 2015 para celebrar los actos conmemorativos del peregrinaje supuestamente efectuado hace ocho siglos por Francisco de Asís, según anunció Rodríguez Carballo: "si viene a España con motivo del año teresiano", su intención es procurar "hacer un salto a Compostela con motivo del año franciscano".

El papa Francisco podría visitar Santiago de Compostela en 2015 para celebrar los actos conmemorativos del peregrinaje supuestamente efectuado hace ocho siglos por Francisco de Asís, indicó hoy un religioso de esa orden. Fray José Rodríguez Carballo, convertido en uno de los hombres de máxima confianza del papa Jorge Mario Bergoglio -que adoptó el nombre de Francisco siguiendo la labor de humildad de los monjes franciscanos-, confirmó que la agenda del sumo pontífice de la Iglesia católica está "completa" para este año, por lo que no podrá acudir a Compostela: "Si viene a España con motivo del año teresiano", su intención es procurar "hacer un salto a Compostela con motivo del año franciscano".

Natural de Lodoselo (Ourense) y arzobispo de la diócesis de Belcastro (sur de Italia), Rodríguez Carballo fue nombrado por el Papa como secretario de la Congregación para los Institutos de Vida Consagrada y las Sociedades de Vida Apostólica. Rodríguez Carballo visitó, acompañado de la directora general de Turismo de la Xunta, Nava Castro, el proyecto expositivo "On the road", conmemorativo del VIII centenario del supuesto viaje de Francisco de Asís a Compostela, que incluye una serie de obras repartidas en varios puntos de la ciudad

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

Monseñor Frei José Rodríguez Carballo, secretario da Congregación para os Institutos de Vida Consagrada e as Sociedades de Vida Apostólica, e arcebispo da diócese de Belcastro, visitou a exposición On the Road, o proxecto expositivo máis relevante organizado con motivo da celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago de Compostela.

O VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago é un acontecemento que conta coa declaración de Especial Interese Público e celébrase en Galicia dende mediados de 2013 ata mediados de 2015. Algúns dos eventos máis destacados enmarcados nesta conmemoración, ademais da mostra ‘On the Road’ son a Primeira Travesía Náutica Xacobea, a exposición ‘Peregrino e Novo Apóstolo. San Francisco no Camiño de Santiago’ que pode verse tamén este verán no compostelán Colexio de Fonseca ou o I Congreso Internacional de Peregrinacións e Turismo e mais o I Cumio de Asociacións de Amigos do Camiño, que se celebrarán en Santiago en setembro de 2014 e maio de 2015, respectivamente.

Durante a visita realizada ao Pazo de Xelmírez, espazo rehabilitado para acoller a mostra, Monseñor Frei José Rodríguez Carballo estivo acompañado pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, así como pola comisaria da mostra, Gloria Moure e mais tres dos artistas que interveñen nela: o galego Antón Lamazares e mais os arxentinos Guillermo Faivovich e Nicolas Goldberg.

Pazo de Xelmírez, a igrexa e o cemiterio de Bonaval, ademais de espazos urbanos emblemáticos da cidade son os escenarios da mostra estrela do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís que se inaugurou este venres día 27 de xuño en Santiago de Compostela e que se poderá visitar ata o 30 de novembro.

Este gran proxecto expositivo aglutina as creación dalgúns dos artistas contemporáneos máis influíntes do momento no panorama nacional e internacional e que xira arredor da idea do Camiño de Santiago percorrido polo Santo de Asís e do concepto de camiñar.

‘On the Road’ deixará como legado do centenario para Galicia e para a cidade de Santiago a rehabilitación dun espazo único no mundo, o Pazo de Xelmírez, para o seu uso cultural, de modo que para acoller On the Road, Turismo de Galicia levou adiante no Pazo de Xelmírez unha gran obra de rehabilitación e acondicionamento para o que se asinou un acordo entre a administración autonómica e a Fundación Catedral de Santiago.

A exposición ‘On the Road’ afonda na idea do Camiño, no sentido de camiñar, no camiño percorrido polo Santo de Asís. ‘On the Road’ xera ademais un percorrido pola cidade de Compostela e a súa visita impulsa a camiñar polas rúas compostelás e permite descubrir o verdadeiro significado da experiencia expositiva.

‘On the Road’ conta coa participación de 35 artistas de gran prestixio nacional e internacional: Francis Alÿs; Giovanni Anselmo; Jorge Barbi; Lothar Baumgarten; Joseph Beuys; Alighiero Boetti; Christian Boltanski; Marcel Broodthaers; John Cage; Mircea Cantor; Janet Cardiff & George Bures Miller; Tacita Dean; Jimmie Durham; Guillermo Faivovich & Nicolás Goldberg; Félix González-Torres; João Maria Gusmão & Pedro Paiva; Roni Horn; Annika Kahrs; Amar Kanwar; Yves Klein; Jannis Kounellis; Antón Lamazares; Richard Long; Aníbal López; Piero Manzoni; Anthony McCall; Mario Merz; Nam June Paik; Giuseppe Penone; Perejaume; Caio Reisewitz; Robert Smithson; Antoni Tàpies; Lawrence Weiner e Franz West. Doce destes artistas crearon obras específicas para a exposición.

Preto dun 10% de peregrinos máis que o ano pasado
No que vai de ano recolleron a Compostela na Oficina de Acollida ao Peregrino na rúa do Vilar un total de 80.551 peregrinos. Son 7.303 máis que os recibidos no mesmo período de 2013, un 9,97% máis. O 61,5% deles son estranxeiros.

R., 2014-06-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (20250704-ue.jpeg) EuroPCom, a Conferencia Europea de Comunicación Pública, é a maior reunión anual de expertos en comunicación pública de Europa organizada polo Comité Europeo das Rexións en colaboración coa Comisión Europea, o Parlamento Europeo, o Consello, o Banco Europeo de Investimentos, o Comité Económico e Social Europeo e a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos. O evento ofrece unha plataforma para explorar as últimas tendencias, iniciativas e ideas no ámbito da comunicación pública. O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, participou nesta Conferencia organizada polo Comité Europeo das Rexións, e celebrada baixo o lema 'Máis alá das palabras. Unha historia de confianza'.
Foto de la tercera plana (rapa-bestas-sabucedo.jpg) O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a declaración de Ben de Interese Cultural da Rapa das Bestas de Sabucedo por considerar acreditado o seu valor sobranceiro como patrimonio inmaterial do pobo galego, ao tratarse dunha das festas máis antigas de Galicia que conta, como mínimo, con tres séculos de historia. Este recoñecemento supón a aplicación de inmediato do réxime de tutela da Lei de Patrimonio Cultural e, polo tanto, o maior nivel de protección. Esta distinción, que se suma á de Festa de Interese Turístico Internacional acadada en 2007, chega tras o visto e prace a este decreto por parte do Consello da Xunta este pasado luns, 30 de xullo, e logo de completarse o expediente administrativo, no que constan os dous informes preceptivos dos órganos consultivos favorables.

Notas

Os días 24 e 25 de setembro terá lugar o I Congreso Transnacional do Campus Auga da Xuventude Investigadora (Aquaxi´25). A cita nace “co propósito de ofrecer un espazo de diálogo e difusión de resultados de investigación, promovendo o intercambio de coñecementos, a aprendizaxe compartida e a creación de redes de colaboración entre a nova xeración científica”. Aquaxi´25 celebrarase no edificio Politécnico do campus de Ourense e está organizado polo Campus Auga.
Galicia xa conta co seu 'retrato xenético' máis preciso ata a data, logo de que persoal investigador da USC e do Instituto de Investigación Sanitaria teña desenvolvido un estudo pioneiro de secuenciación completa do xenoma sobre unha mostra representativa da poboación galega. O traballo achega unha base fundamental para entender o diagnóstico xenético de enfermidades, o deseño de estratexias de medicina personalizada e o descubrimento de variantes xenéticas con relevancia clínica.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES