Noticias

Se presenta en San Petesburgo la traducción en ruso de la obra de Díaz Castro: Nimbos

El Centro de Estudos Galegos de la Universidad de San Petesburgo, con motivo de la celebración del Día das Letras Galegas, promueve la presentación de la traducción en ruso de la emblemática obra de Xosé María Díaz Castro, Nimbos, realizada por Elena Zernova. A Xunta dispón de 36 Centros de Estudos Galegos en Europa e América.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, presenta na sede do Centro de Estudos Galegos (CEG) da Universidade de San Petersburgo a tradución ao ruso de ‘Nimbos’, de Xosé María Díaz Castro, feita por Elena Zernova. Trátase dunha edición promovida pola Consellería, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no marco da ampla programación de actividades conmemorativas que está a impulsar a Xunta de Galicia.

O programa das Xornadas das Letras Galegas en San Petersburgo deu comezo co acto de homenaxe ao equipo de tradución que coordina Elena Zernova, directora do CEG. Nel tomou a palabra o secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén Barcala, para gabar o labor levado a cabo pola profesora “durante estes 20 anos nos que só o traballo, a sabiduría e a creatividade foron os ingredientes de obras sen parangón para as letras galegas no exterior. Unha traxectoria prolífica na que viron a luz as 19 pezas que integran arestora a Antoloxía da Literatura Galega, un proxecto ousado e admirable, produto dun motor poderoso e imprescindible: o sinceiro amor que a profesora Zernova sente por Galicia”.

No acto participaron tamén, amais de Oitavén Barcala e da directora do CEG, o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; a presidenta da Universidade Estatal de San Petersburgo; o consejero de Cultura da Embaixada Española; o cónsul; profesorado e alumnado. Abriuse co concerto “Letras Galegas” que ofreceu a Real Banda de Gaitas de Ourense dirixida por Xosé Luís Foxo.

Xornadas Letras Galegas en San Petersburgo

As xornadas continúan cun acto no Ermitage e cunha visita institucional ao Centro Adelante -dependente do Instituto Cervantes- na que o secretario xeral técnico acompañará o presidente da RAG na presentación da obra “Castelao na Unión Soviética en 1938”.

A sede do CEG na Facultade de Filoloxía da Universidade de San Petersburgo acolle a presentación da tradución ao ruso de “Nimbos. A sesión pecharase co relatorio “Os centros de estudos galegos no mundo”, na que Jesús Oitavén Barcala dará conta das liñas de traballo que desenvolven os 36 centros de estudos galegos cos que conta a Administración autonómica en diferentes puntos de Europa e de América.

Proxección exterior da lingua e da cultura galegas

A través dos centros de estudos galegos e dos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desenvolve importantes accións para favorecer a proxección exterior da lingua propia de Galicia e de investigación do galego en diferentes localidades españolas, así como en Alemaña, Arxentina, Brasil, Croacia, Estados Unidos, Finlandia, Francia, Hungría, Italia, Irlanda, Polonia, Portugal, Reino Unido e Rusia.

A creación dos centros de estudos galegos enmárcase desde o punto de vista normativo na Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, que establece desenvolvemento das accións necesarias para a difusión da lingua propia de Galicia fóra do seu ámbito territorial. Así mesmo, a provisión de prazas nos lectorados responde a un dos obxectivos do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega fixados no ámbito da proxección exterior que incide en “consolidar o ensino e a investigación do galego nas universidades en que xa existe como materia de estudo e introducilo noutras universidades de interese estratéxico”.

R., 2014-05-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES