Noticias

Una conferencia sobre Xosé María Díaz Castro inicia el programa de actos conmemorativos de las Letras Galegas 2014

El profesor, ensayista y crítico literario Armando Requeixo Cuba fue el encargado de abrir el programa de actividades conmemorativas del Día das Letras Galegas 2014 dedicado a Xosé María Díaz Castro. El investigador experto en la figura del poeta de Guitiriz destacó la obra "Nimbos de poesía" y su poema "Penélope".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Escola Galega de Administración Pública comezou as celebracións relativas ao Día das Letras Galegas cunha conferencia dedicada ao poeta lucense Xosé María Díaz Castro, que foi pronunciada polo profesor, ensaísta e crítico literario Armando Requeixo.

O acto foi presidido pola directora da Escola, Sonia Rodríguez-Campos, a cal fixo referencia á importancia do Día das Letras Galegas ao servir como homenaxe daquelas persoas que destacaron pola súa creación literaria na lingua galega ou pola súa defensa; poñendo de manifesto a importancia que en Galicia lle damos ao noso idioma como signo de identificación para todos os galegos e como elemento literario de referencia.

Ademais, Rodríguez-Campos resaltou a importancia da obra de Díaz Castro referíndose explicitamente ao seu poemario Nimbos, que tivo unha grande influenza en moitos escritores de xeracións posteriores, e ao seu poema Penélope, un berro para vencer a apatía coa que moitas veces se cualifica aos galegos.

Finalmente, o profesor Armando Requeixo Cuba, un dos principais investigadores e coñecedores do autor homenaxeado, ofreceu unha ampla visión da traxectoria biográfica e literaria de Díaz Castro.

A celebración do Día das Letras Galegas continuará na EGAP o próximo sábado coa realización dunha visita aos lugares máis representativos da vida e obra de Díaz Castro, que será guiada por Felipe-Senén López, historiador de arte e arqueólogo. Durante esa xornada os asistentes coñecerán o Lugo romano e as novas iniciativas museísticas, a Terra Chá de Díaz Castro e os montes de Friol.

R., 2014-05-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES