Noticias

Las películas ganadoras y finalistas en la última edición de los Premios Mestre Mateo, en el CGAI

Somos xente honrada, galardonada como mejor largometraje; 3-1=0, mejor cortometraje en imagen real; o Aqua, como mejor cortometraje de animación, junto con otros tres largometrajes finalistas en la última edición de los Premios Mestre Mateo de la Academia Galega do Audiovisual se exhiben en el CGAI de A Coruña.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria programa ata o venres 16 de maio no Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) un ciclo dedicado aos XII Premios Mestre Mateo e organizado en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual, durante o que se proxectarán un total de seis títulos gañadores e finalistas na última edición dos galardóns do audiovisual galego.

Un ano máis a sede coruñesa do CGAI acolle este programa especial, que na súa nova entrega ofrece ao público galego a oportunidade de ver ‘Somos gente honrada’, produción galardoada como mellor longametraxe; ‘3-1=0’ e ‘Aqua’, gañadoras nas categorías de curtametraxe en imaxe real e animación, respectivamente; e as longas finalistas ‘El árbol magnético’, ‘Inevitable’ e ‘9 ondas’.

Esta carteleira desenvolverase ao longo de catro sesións, de entrada gratuíta, que serán introducidas polos propios directores e/o produtores dos filmes. Así, o ciclo dará comezo mañá martes 13 coa curtametraxe en imaxe real premiada nesta edición, ‘3-1=0’, de Juan Galiñanes e Olga Osorio en coprodución con Píxel Films. Os dous primeiros serán os encargados de presentar a fita, protagonizada por Deborah Vukusic e Xosé Barato e dirixida polo propio Galiñanes.

‘3-1=0’ comparte cartel nesta primeira xornada con ‘El árbol magnético’, unha das longas finalistas. A primeira longametraxe da directora Isabel Ayguavives é unha coprodución hispano-chilena, que se estrea agora en Galicia tras o seu paso polo Festival de Cine de San Sebastián, entre outros certames.

Na sesión do mércores 14 proxectarase ‘Aqua’, a curtametraxe da produtora Algarabía gañadora na categoría de animación, así como outra das finalistas: ‘Inevitable’, de Adivina Producciones. Nesta ocasión, contarase coa presenza de Virginia Curia e Tomás Conde para a falar da súa obra, unha peza en ‘stop-motion’ realizada con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente. Pola súa banda, Jorge Algora e Susana Maceiras presentarán ‘Inevitable’, un thriller emocional ambientado na Arxentina dos anos oitenta e interpretado por un reparto internacional encabezado por Darío Grandinetti, Antonella Costa, Federico Luppi e Mabel Rivera.

‘Somos gente honrada’, do director Alejandro Marzoa, centrará a terceira das citas do ciclo o vindeiro xoves día 15 como fita gañadora do premio Mestre Mateo á mellor longametraxe. Os responsables da compañía galega Vaca Films, coprodutora do filme xunto a El Terrat, compartirán co público algunhas das claves da súa produción nesta nova oportunidade de ver en pantalla grande a comedia que protagonizan Miguel de Lira e Paco Tous.

O programa pecharase o venres 16 con ‘9 ondas’, do realizador Simone Saibene e finalista na categoría de mellor longametraxe. O seu director, quen tamén é produtor xunto a Elcercano.com, estará na Coruña para presentar o filme protagonizado por Dario Merlini e María Tasende, coa cidade de Ourense como escenario principal.

Todas as sesións do ciclo dedicado aos XII Premios Mestre Mateo darán comezo ás 20.30 horas, agás esta última, que terá lugar ás 18.00 horas.

Nesta semana en que se celebra o Día das Letras Galegas, a programación do CGAI completarase coa proxección o venres 16, ás 20.30 horas, de ‘Proxecto Nimbos’, filme arredor do poeta Xosé María Díaz Castro.

A fita é o resultado dunha iniciativa impulsada polo colectivo de críticos e programadores Acto de Primavera, que propuxo a diferentes cineastas galegos a realización dunha peza curta, de entre 1 e 5 minutos, inspirada por un poema do libro ‘Nimbos’. Máis de trinta directores e directoras responderon a este convite e no CGAI exhibiranse algunhas das primeiras pezas deste proxecto colectivo.

A programación completa pode consultarse na web www.cgai.org

R., 2014-05-12

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES