
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece o domingo 4 de maio no Salón Teatro de Santiago a première en España da longametraxe de produción galego-cubana con guión e dirección de Maikel G. Ortiz Lejos de La Habana.
O filme, inspirado en acontecementos reais, narra as vivencias de tres cubanos residentes en Galicia, onde levan unha vida moi diferente á do seu país natal. A emigración e a súa influencia nos personaxes é o tema de fondo, tratado de xeito que dá como resultado unha emotiva historia de soidade, desamor e nostalxia.
As interpretacións de Yansamill Núñez, Ricardo Becerra e Maikel G. Ortiz nos roles protagonistas súmanse ás de outros once actores e actrices cubanos e galegos, nun elenco no que participan tamén unha colombiana e un angolano.
A película fuxe de estereotipos e céntrase no individuo, no seu nivel de integración e na súa capacidade de asimilar o distanciamento das raíces afectivas e culturais a través da situación vital dos tres personaxes principais. Así, regresar ao seu país é a intención de Yolanda, cubana residente en Compostela, pero volver á illa resúltalle máis difícil que saír dela. Tamén Pablo desexa viaxar coa súa filla para que esta coñeza os seus avós cubanos. William, pola súa banda, atópase moi a gusto na capital de Galicia, pero ameazado por non asumir as súas débedas, debe decidir se volver a Cuba ou non.
Lejos de La Habana, producida por LaCocinaFilmS e financiada en parte grazas a unha campaña de micromecenado, foi premiada como Mellor Produción na 13ª Muestra Joven de ICAIC (Instituto Cubano de Arte e Industria Cinematográficas).
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.