
El director de la Agadic, Jacobo Sutil, ha acompañado a los promotores del Festival Brincadeira en la presentación de este evento, que busca "mantener la atmósfera lúdica y multidisciplinar" del festival a través de distintos espacios temáticos. Así, el cartel del escenario Brincadeira Stage estará encabezado por la diva de la música disco y soul Gloria Gaynor, y contará con la participación también de Bad Manners, Fangoria, Powersolo, Georgie Dann, The Experimental Tropic Blues Band, Fuel Fandango, Pony Bravo, The Inspector Cluzo, Lory Money, Freedonia, Arizona Baby, Guadalupe Plata, Ruxe Ruxe, Familia Caamagno, Pedrito Diablo y Los Cadaveras, Los Chavales, Superoito y Agoraphobia. En otros escenarios del festival sonarán bandas como Hijack da Bass, Lucy Love, The Zombie Kids, Mad Professor, Lengualerta o El Hermano L.
Jacobo Sutil ha felicitado a la organizadora, Aturuxo Producións, por su apuesta por "mantener viva" esta cita, que celebra su primera edición en Santiago. El evento, además de música, acogerá teatro, poesía, artes visuales, fotografía o diseño, entre otras propuestas. Durante el día, la programación se articulará alrededor de Brincadeira Show, espacio dedicado al teatro, a los monólogos y al humor; la DubStation, con reggae, dub, dance hall y músicas urbanas; Poesía en la Naturaleza, con lecturas dramatizadas en un entorno natural; y la Tropical Area y la Cantina Mexicana como zonas de recreo.
La DubStation y la Cantina se mantendrán abiertas durante las sesiones de noche, en las que comenzarán las actuaciones tanto en el escenario principal (Brincadeira Stage) como en el NewBeats Stage, que acogerá actuaciones acústicas y de DJ. Además, funcionará también el Pulp Fiction Bar, donde se escucharán géneros como el indie, pop, surf, soul o rock.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou na presentación da programación do Brincadeira Festival que, tras a paréntese do ano pasado, trasládase ao Monte do Gozo en Santiago para ofrecer unha nova edición do 7 ao 9 de agosto de 2014 con máis de cen artistas e grupos en cartel.
A diva da música disco e pop soul Gloria Gaynor encabeza a listaxe de coñecidos nomes que conforman o programa desta entrega, a primeira deste festival en Compostela. Bad Manners, Fangoria, Powersolo, The Inspector Cluzo, Georgie Dann, Fuel Fandango, Lucy Love, Mad Professor, Freedonia, The Zombie Kids, Guadalupe Plata, Pony Bravo e Arizona Baby subiranse tamén ao Brincadeira Stage, segundo desvelaron esta mañá os organizadores do evento, organizado por Aturuxo Producións.
En nome da Consellería de Cultura e Educación, o director da Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais), Jacobo Sutil, acompañou hoxe os promotores do Brincadeira na presentación desta programación, que busca manter a atmosfera lúdica e multidisciplinar do festival a través de diferentes espazos temáticos potenciados pola escenografía e a caracterización e interpretación actoral.
O director da Agadic felicitou a Aturuxo Producións pola súa aposta por manter viva esta iniciativa e cualificou a súa recuperación de moi boa noticia non só desde o punto de vista do público, senón tamén desde o da industria musical. Neste sentido, incidiu no carácter estratéxico dos festivais a nivel cultural e económico e lembrou que a Consellería de Cultura e Educación mantén desde 2012 unha convocatoria anual de subvencións como canle estable de apoio público aos festivais escénicos e musicais que se celebran en Galicia.
Na súa edición de 2014, o Brincadeira preséntase como un parque temático arredor de espazos diferenciados que, ademais dos numerosos concertos, acollerán teatro, poesía, artes visuais, fotografía ou deseño, entre outras propostas artísticas. Así, durante o día a programación articularase arredor do Brincadeira Show, dedicados ao teatro, os monólogos e o humor; a DubStation, con reggae, dub, dance hall e músicas urbanas; Poesía na Natureza, con lecturas dramatizadas nun contorno natural; e a Tropical Area e a Cantina Mexicana como zonas para o recreo e a venda de comida e bebida.
A DubStation e a Cantina manteranse abertas durante as sesións de noite, nas que comezarán as actuacións tanto no escenario principal (Brincadeira Stage) como no NewBeats Stage, que acollerá actuacións acústicas e de Djs. Funcionará tamén o Pulp Fiction Bar, onde se escoitarán xéneros musicais como o indie, pop, surf, soul ou rock.
A organización tamén anunciou que a partir de hoxe póñense á venda os primeiros abonos para os tres días de festival no Monte do Gozo a un prezo especial de 29 euros, con acampada incluída.
O festival Play-Doc desenvolverá do 29 de abril ao 3 de maio en Tui a súa 22ª edición para conectar memoria, creación actual e futuro do cinema galego e internacional. No ámbito galego, a programación desta edición volve ocupar un lugar central cunha Competición Galicia que reúne títulos de Xiana do Teixeiro, Roi Fernández, Xacio Baño, Adrián Canoura, Cristina Souto, Hugo Amoedo, Bea Lema, Berio Molina e Chloé Lecci López, entre outras voces. O festival mantén, ademais, a sección Sombras, dedicada nesta ocasión á recuperación da figura de Rafael Luca de Tena, e unha nova edición de Coming Soon, espazo no que se presentarán proxectos galegos en desenvolvemento. O Play-Doc continúa a reforzar a súa función de escaparate e plataforma de difusión para a produción audiovisual do país e como punto de encontro para novas obras e profesionais.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.