Noticias

Galicia acoge el preestreno de la película de Jorge Algora, Inevitable, nominada a seis premios Mestre Mateo del audiovisual gallego

Después de haber sido ya exhibida en Argentina y de su paso por diversos festivales donde logró varios reconocimientos, se preestrenó en Galicia el filme de Jorge Algora, Inevitable, que llega a las pantallas de cine de España el 11 de abril. El largometraje ha conseguido seis nominaciones a los premios Mestre Mateo de la Academia Gallega del Audiovisual.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, apoiou na súa pre-estrea a ‘Inevitable’ a fita de Jorge Algora que vén de resultar nominada a 6 Premios Mestre Mateo e cuxa produción foi apoiada pola Xunta de Galicia a través dunha subvención da liña de axudas a producións e coproducións audiovisuais. A película será distribuída por Splendor Films a partires do día 11 en salas de toda a xeografía española, despois de ser estreada xa na Arxentina.

Acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; e pola delegada da Xunta na provincia, Belén do Campo; o conselleiro asistiu á proxección da longametraxe no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, onde puido felicitar ao director do filme polo seu traballo, que está a ser recoñecido co paso da fita por diferentes festivais como o Festival de Málaga -Sección Oficial-, Festival de Novo Cine Latinoamericano da Habana, Festival de Cine Global Dominicano, Pantalla Pinamar (Arxentina), Festival de Cine Inédito de Xaén, Festival Latino de Montreal, festivais de cine español de Polonia e de Australia ou o I Festival de Santiago de Compostela, onde acadou os premios do público á mellor película e ao mellor actor.

Cómpre sinalar que a película conta con banda accesible para cegos a través da aplicación para móbiles AUDESCMOBILE de ONCE, que será empregada por primeira vez nos cines.

O filme narra a historia de Fabián (Darío Grandinetti), un executivo de banca que entra en crise tras a morte dun compañeiro de traballo; e da súa esposa, unha psicóloga que ten como paciente a Olga (Mabel Rivera), unha muller amargada e frustrada. Guiado polos consellos dun escritor (Federico Luppi), Fabián forza unha relación con Alicia (Antonella Costa), unha moza escultora á que ve como o seu amor inevitable.

‘Inevitable’ é unha coprodución hispano-arxentina protagonizada por Darío Grandinetti e coa participación da galega Mabel Rivera, Federicco Luppi, Carolina Peleritti e Antonella Costa; con guión de Jorge Algora e Héctor Carré baseado na obra ‘Cita a ciegas’, de Mario Diament. A fita, de Adivina Producciones e Zarlek, contou co apoio da Consellería de Cultura e Educación a través da Agadic, así como da Televisión de Galicia, do Instituto de Cinematografía y de las Artes Audiovisuales (ICAA), e do Instituto Nacional de Cine y Artes Audiovisuales da Arxentina (INCAA).

O vindeiro sábado coñecerase se a longametraxe acada algún dos seis premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual aos que opta, nas categorías de mellor longametraxe, mellor banda sonora (Berrogüeto), mellor actriz de reparto (Mabel Rivera), mellor actor de reparto (Federico Luppi), mellor montaje (Guillermo Represa), e mellor son (Suarez, Beade, Piputto).

R., 2014-04-09

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES