Noticias

Arranca el Festival de Documentales Play-Doc en el que compite Costa da Morte, de Lois Patiño

Entre los días 2 y 6 de abril, Tui acoge el Festival Internacional de Documentales Play-Doc con un amplio programa de actividades complementarias y varias películas a concurso, entre ellas "Costa da morte", de Lois Patiño. La edición de 2014 comenzó con la proyección de una serie de cortos del realizador Bogdan Dziworski y la película del portugués Gonçalo Tocha: "É na Terra e nao é a Lúa", retratos da Illa do Corvo en Azores.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou en Tui na sesión inaugural da décima edición do Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais que se celebra nesta localidade ata o vindeiro día 6 de abril cunha variada programación arredor do xénero cinematográfico documental.

No acto, que tivo lugar no escenario do Teatro Municipal e foi introducido polos codirectores do festival, Sara García e Ángel Sánchez, participou en representación da Consellería o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, ademais do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez e da deputada provincial de Cultura da Deputación de Pontevedra, Ana Isabel Vázquez.

Na súa intervención, o director da Agadic referiuse ao Play-Doc como un dos eventos imprescindibles dentro do panorama de festivais galegos e destacou a contribución desta cita ao pulo que está a tomar o documental galego nos últimos anos, “con novos e experimentados creadores dedicados a este xeito de expresar a realidade desde a peneira das súas personalidades artísticas”, expresou.

“Baste citar en Galicia, entre moitos outros —dixo- a profesionais da talla de Eloy Enciso, Ángel Santos, Marcos Nine, Xurxo Chirro ou Lois Patiño, presente este último na sección competitiva de Play-Doc 2014 co seu magnífico “Costa da Morte”, despois de triunfar en prestixiosos festivais de todo o mundo, como Locarno, México, Sevilla ou Florencia”.

Salientou tamén que o certame tudense non se limita á exhibición de sala, senón que presenta un amplo abano de actividades paralelas que inciden na formación audiovisual e na divulgación do cinema. Recoñeceu, así mesmo, a participación maioritaria do público neste evento e a importancia de conseguir un colectivo de espectadores “avisado e crítico, atributos esenciais para o correcto funcionamento do noso sistema cultural e para a súa progresión en calidade e en extensión”, apuntou.

Tralas palabras dos organizadores e patrocinadores do evento, o Play-Doc deu comezo coa proxección dunha serie de curtametraxes do realizador Bogdan Dziworski, un dos homenaxeados en anteriores edicións do festival, que este ano se retoma para facer repaso da traxectoria do evento.

A segunda proxección desta primeira xornada foi a da película ‘É na Terra e não é a Lúa’, do portugués Gonçalo Tocha. A película, un conxunto de retratos da illa do Corvo, nas Azores, é a primeira entrega do ciclo que o Play-Doc lle dedica ao cinema portugués recente.

Seis películas competirán dentro da sección oficial do certame. Lois Patiño, con ‘Costa da Morte’, producida por Zeitun Filmes, é o representante galego desta selección, na que figuran así mesmo outros cinco recoñecidos directores internacionais. O calendario de proxeccións complétase con outras sete creacións galegas e tres portuguesas, ademais dun ciclo dedicado ao creador de documentais mexicano Nicolás Pereda.

O programa desta décimo edición presenta como novidades a posta en marcha do LAP (Laboratorio de Apuntes Fílmicos), un seminario sobre crítica cinematográfica baixo o título ‘A crítica intermedia’ e o apartado Play-Doc Live!, dentro do que se amosará unha retrospectiva dalgunhas das fitas máis importantes de directores que pasaron pola historia do festival nesta última década, tales como Artavazd Pelechian, Ross McElwee, Jay Rosenblatt ou Albert Maysles.

Más información en: http://www.play-doc.com/web2014/gl/index.html

R., 2014-04-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (proxecto-xenoma-galicia.jpg) O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
Foto de la tercera plana (womex-2026.jpg) A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.

Notas

A Universidade de Vigo acollerá os días 4, 5 e 6 de novembro a 5th European School on Environmental Applications of Advanced Oxidation Processes (5thEPS-AOPs), un encontro científico internacional que reunirá expertos, persoal investigador, estudantes de doutoramento e representantes do sector empresarial para abordar os últimos avances en tecnoloxías de descontaminación ambiental e tratamento sostible da auga.
A UDC pon en marcha InPacto, unha iniciativa que busca achegar a investigación de excelencia á cidadanía e fortalecer a conexión entre universidade, empresa e sociedade. Este programa reúne por primeira vez nun proxecto común ao persoal investigador Ramón y Cajal (R&C) da UDC para desenvolver unha programación de actividades de divulgación, transferencia de coñecemento e participación social.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES