
Nota de prensa da Universidade de Santiago de Compostela (USC):
O grupo A Quenlla presenta o venres, 28 de marzo, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber da Vicerreitoría de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, o seu último álbum "30 anos con A Quenlla de amor, dor e loita", un traballo co que esta formación galega pretende saír ao paso fronte á actuación situación de crise e desleixo, afirma Baldomero Iglesias, Mero. O novo disco de A Quenlla, que vén de converterse en realidade xusto cando se cumpren 30 anos da formación deste grupo, deixa a un lado a música tradicional para centrarse de cheo nas cancións de autor. Este dobre CD inclúe 26 temas, todos eles cancións de autor. Algunhas son xa cancións moi antigas que fomos deixando polo camiño, mentres que outras son de nova creación propia, relata Mero.
30 anos con A Quenlla de amor, dor e loita é a suma de dez vontades, en alusión aos dez integrantes do grupo, que desde hai tempo querían facer algo fronte a esta conxuntura de abandono das orixes e tamén da propia identidade. O ex compoñente histórico de Fuxan os Ventos e tamén membro fundador de A Quenlla, xunto con, entre outros, Xosé Luis Rivas Cruz, Mini, sinala asemade que no título deste novo álbum conflúen a temática das cancións e os 30 anos do nacemento deste grupo musical.
Entre os textos musicados recollidos neste disco cómpre salientar a inclusión por vez primeira de dous poemas de Álvaro Cunqueiro, o que é a nosa primeira aproximación coa música á súa obra. Hai tamén cancións reivindicativas, de protesta, algúns textos escritos baixo pseudónimo na República, cancións de amor e de dor ferida ou, entre outras, unha elexía ao Ché. A escrita de Manuel María, o poeta da Terra Chá tantas veces presente na música de A Quenlla, tamén volve se protagonista na última entrega deste xa lonxevo grupo galego, un traballo no que tamén se inclúen textos musicados doutros autores como Curros Enríquez, Lorenzo Varela, Lois Diéguez, Xosé Lois García, Darío Xohán Cabana ou mesmo Penélope,o máis sonado dos poemas de Xosé María Díaz Castro, ao que este ano lle renden tributo as Letras Galegas.
Alén da temática e da autoría dos textos musicados neste disco, 30 anos con A Quenlla de Amor, Dor e Loita podería definirse como un traballo máis instrumentalista que os anteriores, segundo di o propio Mero, que tamén ve este álbum como un disco máis redondo que outros xa publicados con anterioridade e no que tamén se pode apreciar a influencia dos músicos ucraínos que recentemente se incorporaron a esta formación.
Mero cualificou asemade de moi acaída a elección da capital luguesa como escenario de presentación do novo álbum de A Quenlla, porque o grupo é moi de Lugo e tamén porque neste traballo inclúense temas de moitos escritores da provincia, dixo.
O concerto de presentación de 30 anos con A Quenlla de amor, dor e loita está incluído no ciclo Lubicán 2014, un programa musical financiado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan o Concello e a Deputación de Lugo xunto coa USC. A actuación desenvolverase a partir das 20.30 horas no auditorio da Casa do Saber de Lugo. A entrada é libre e para todas as persoas interesadas e o aforo é limitado.
Información: http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2014_03/noticia_0147.html
Más información en GD:
- http://www.aquenlla.com/seccion.13.php
- http://miniemero.ophiusa.com/
O proxecto Xenoma Galicia, que conta cun investimento de 20 millóns de euros, ten por obxecto recompilar o ADN de 400.000 galegos para identificar os xenes relacionados co cancro de mama e ovario hereditario, a síndrome de Lynch e a hipercolesterolemia familiar. Ata o de agora, foron analizadas 3.112 mostras biolóxicas. En concreto, 1.037 mostras de sangue na primeira pilotaxe do proxecto, 796 de saliva no segundo piloto e, coa primeira fase do proxecto en marcha, 1.279 mostras dos voluntarios dos primeiros distritos participantes. A análise das mostras destes 1.279 participantes da fase 1 permitiu detectar 25 novos casos positivos. En concreto, 14 participantes deron positivo en cancro de mama e ovario hereditario, dous na síndrome de Lynch e nove en hipercolesterolemia familiar.
A Pedreira e Fillas de Cassandra estarán presentes no Womex 2026, o máis importante encontro mundial das músicas folk e de raíz que se celebra ata este domingo en Las Palmas de Gran Canaria. Trátase dunha iniciativa que ofrece aos artistas e ás empresas galegas un espazo para dar a coñecer o seu traballo ante programadores, festivais, axencias de contratación e outros profesionais de diferentes países. A artista foi escollida por un xurado internacional independente para formar parte dos Official Showcases, a selección oficial de concertos coa que Womex achega aos profesionais propostas das músicas do mundo.