Noticias

El plan de inversión de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal buscará más fondos en la UE para fomentar el empleo en esta zona estratégica

Coincidiendo casi con la visita a Galicia del comisario de Política Regional de la UE, Johannes Hahn, Feijóo ha destacado que la Comunidad sigue acreditando que "converge" con el resto de Europa y España y que gestiona de forma rigurosa los fondos europeos. Por ese motivo mantendrá su línea política de cara a los presupuestos de 2014-2020 y avala que Castilla y León, Asturias y el centro de Portugal se unan al proyecto transfronterizo estratégico en Europa

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha anunciado el plan de inversión de la Eurorregión Galicia-Norte de Portugal, que aspira a acceder a los fondos transfronterizos de la Unión Europea (UE) con el triple objetivo de "más innovación, más empleo y mayor protección del ambiente". Tras reivindicar su apuesta por la innovación para conformar un nuevo modelo económico, Feijóo ha subrayado que la Eurorregión presenta un único proyecto de ejecución de fondos de cooperación transfronteriza de común acuerdo entre el Norte de Portugal y Galicia.

El titular de la Xunta ha aludido a este plan como una hoja de ruta de inversiones conjuntas en el ámbito de la Eurorregión que abre las puertas de una cooperación de nueva generación y que, por tanto, afianza la posición de vanguardia de la Eurorregión en el Comité de las Regiones de la UE. En cuanto a los retos y en el ámbito concreto del empleo, el presidente ha destacado la puesta en marcha de actuaciones para convertir la Eurorregión en un territorio más atractivo para la inversión, así como el fomento de su internacionalización económica.

Feijóo ha constatado también que en estos últimos años ha habido avances "importantes" en la Eurorregión de Galicia y Norte de Portugal. "Estamos de acuerdo en que se incorporen a la Eurorregión Castilla y León, el centro de Portugal y el Principado de Asturias". De materializarse esta incorporación, el presidente ha destacado que podría construir una maacrorregión de referencia con más de 12,5 millones de ciudadanos europeos y con una superficie de 184.000 kilómetros cuadrados. Asimismo, ha recordado que la Eurorregión está "más organizada" y es "más eficiente" gracias a la consolidación de la Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT), que inició su andadura hace cuatro años y que "está cumpliendo su cometido de adecuarse" a los nuevos reglamentos comunitarios.

Feijóo también ha subrayado que se continúa avanzando "en la cooperación de proximidad" y, además de "consolidar" la eurociudad Verín-Chaves, se constituyó la Tui-Valença. En cuanto a las comunicaciones, el presidente ha enfatizado que, además de solventar el problema de los peajes, en el ámbito ferroviario se cuenta ahora con el compromiso del Gobierno luso de acometer la reforma integral de la línea de tren entre Oporto y Vigo, para lo que ya se ha comprometido una inversión de 100 millones de euros. También ha reiterado que la Xunta tiene el "compromiso" del Gobierno de España de ir "acomodando" la infraestructura entre Vigo y Tui, así como de finalizar el Eje Atlántico del AVE en este año 2014.

En su "apuesta por la internacionalización", Feijóo ha anunciado que la Xunta destinará un millón de euros a impulsar las exportaciones de las pymes gallegas a más de 50 mercados exteriores en colaboración con las cámaras de comercio a través del Plan de Fomento das Exportacións Galegas (Foexga). Economía e Industria incrementará del 60 al 90 por ciento el porcentaje de apoyo a las empresas que participan en las actuaciones promovidas en el marco de este plan, que promueve las misiones empresariales en mercados prioritarios, la acogida de empresarios que visitan Galicia y la presencia de las firmas gallegas en grandes ferias internacionales.

El mandatario autonómico ha destacado que este plan complementa el apoyo que presta la Administración autonómica a otras líneas como la denominada red Pexga, a la que se destinan 2 millones en 2014. Asimismo, dice que Galicia alcanzó el año pasado "un nuevo récord histórico exportador", sumando 18.419 millones de euros "en ventas al exterior".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou o Plan de investimento da Eurorrexión, que guiará o acceso aos fondos transfronteirizos da UE co triplo obxectivo de máis innovación, máis emprego e maior protección do ambiente.

Na mesma semana en que Galicia recibiu a visita do comisario de Política Rexional, Johannes Hahn, Feijóo destacou que a comunidade segue a acreditar que ten sido nos últimos anos unha comunidade que está a converxer co resto de Europa e de España e que xestiona de forma rigorosa os fondos europeos; “e tamén acreditamos que queremos seguir neste mesmo camiño para o novo período 2014-2020”, engadiu.

Sobre este último punto, afirmou que Galicia está a dar mostra de que está en sintonía cos dous obxectivos prioritarios marcados pola UE para os próximos anos: “Seguir insistindo na innovación como un novo modelo económico, plasmado na estratexia do Goberno galego coñecida como RIS3; e, en segundo lugar, focalizar os fondos no ámbito da cooperación transfronteiriza e acreditar, ante a UE, que a primeira Eurorrexión de Europa Galicia-Norte de Portugal presenta un único proxecto de execución de fondos de cooperación transfronteiriza de común acordo entre o Norte de Portugal e Galicia”.

O titular da Xunta referiuse a este plan como unha folla de ruta de investimentos conxuntos no eido da Eurorrexión que abre as portas dunha cooperación de nova xeración e que, por tanto, afianza a posición de vangarda da Eurorrexión no Comité de Rexións de Europa, e orienta o acceso aos fondos de programación comunitaria 2014-2020 –preto de 9.000 millóns de euros-. “Recolle, en definitiva, as principais liñas de actuación que vai acometer a Eurorrexión”, dixo.

Ao fío disto, Feijóo referiuse ás liñas prioritarias sobre as que se apoia esta iniciativa, destacando, en primeiro lugar, a aplicación da norma comunitaria de concentración das actuacións, non só nos eixos e nas prioridades senón tamén nos investimentos seleccionados, co obxectivo de buscar investimentos que se axusten ás novas prioridades da política de fondos comunitaria.

Así mesmo, o plan aposta pola formulación de proxectos realistas que complementen e enriquezan os proxectos que xa temos consolidados dentro das estratexias da unión, combinando así proxectos moi concretos e específicos con outros máis xerais que están desenvolvidos. E, avoga tamén pola programación integrada, o que implica alcanzar un alto grao de coherencia no uso dos fondos comunitarios e doutros instrumentos de financiamento das institucións financeiras europeas.

En cuarto lugar, cómpre salientar que este plan fai especial fincapé no enfoque dos resultados: “Queremos que se nos midan os resultados acadados na execución de fondos de cooperación transfronteiriza e, a tal efecto, propoñemos unha comisión de seguimento das autoridades portuguesas e galegas coas autoridades europeas”.

No tocante aos eixos de traballo, Feijóo salientou que o plan de investimento avoga por unha Eurorrexión innovadora que aposta pola investigación e a transferencia desa investigación aos sectores económicos.

No eido do fomento do emprego, destacou a posta en marcha de actuacións para converter a Eurorrexión nun territorio máis atractivo para o investimento, así como o fomento da súa internacionalización económica.

O terceiro eixo céntrase na Eurorrexión coma cabeceira en calidade ambiental e patrimonio, mediante a posta en valor e protección do patrimonio natural e cultural. “E o cuarto eixo –engadiu- pretende converter á Eurorrexión coma exemplo na capacitación institucional ao servizo da cidadanía, promovendo a cooperación transfronteiriza entre administracións públicas”.

Durante a rolda de prensa do Consello, o titular da Xunta lembrou que nestes últimos anos ten habido avances importantes na Eurorrexión de Galicia e Norte de Portugal. En primeiro lugar, puntualizou, contamos cunha Eurorrexión máis ampla e na que, por tanto, se integran máis cidadáns: “Estamos de acordo en que se incorporen á Eurorrexión Castela e León, o centro de Portugal e o Principado de Asturias. E, deste xeito, seremos capaces de facer unha macrorrexión de referencia con máis de 12,5 millóns de cidadáns europeos e cunha superficie de 184.000 quilómetros cadrados”.

Así mesmo, lembrou que a Eurorrexión está máis organizada e é máis eficiente grazas á consolidación da Agrupación Europea de Cooperación Territorial, que iniciou a súa andaina hai catro anos e que está cumprindo co seu cometido de adecuarse aos novos regulamentos comunitarios.

“En terceiro lugar, seguimos avanzando na cooperación de proximidade e, ademais de consolidar a Eurocidade Verín – Chaves, constituímos a Eurocidade Tui – Valença”, aseverou, ao que engadiu o obxectivo de ter unha Eurorrexión mellor financiada e mellor comunicada.

Sobre este segundo punto, Feijóo lembrou que, ademais de solucionarse o problema das peaxes, no eido ferroviario cóntase co compromiso do Goberno portugués de acometer a reforma integral do tren entre Porto e Vigo -cun investimento de 100 millóns de euros-; e co compromiso do Goberno de España de ir acomodando a infraestrutura entre Vigo e Tui, así como de finalizar o Eixo Atlántico tren de alta velocidade entre A Coruña- Santiago-Pontevedra-Vigo no ano 2014.

R., 2014-03-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (nenos-clase-estudo.jpg) O sistema educativo galego contará con 536 centros plurilingües o próximo curso 2026/27 nas etapas de Infantil, Primaria, ESO ou Bacharelato e FP. Seis centros decidiron incorporarse a esta iniciativa e outros dous ampliar a súa participación na mesma a outras etapas, o que confirma o incremento progresivo deste modelo, voluntario para os centros, desde a súa posta en marcha. Do total dos centros con modelo plurilingüe, 445 serano en Primaria e 93 en ESO (se ben parte deles sono en ambas etapas á vez), 259 en Infantil, 16 centros en Bacharelato e 40 en FP. Ademais dos centros plurilingües, a Consellería oferta diversas modalidades. Así, outros centros optan por contar con seccións bilingües.
Foto de la tercera plana (proxecto-xenoma.JPG) O Proxecto Xenoma Galicia, que procura detectar variantes de risco para enfermidades hereditarias graves como o cancro de mama e ovario, a síndrome de Lynch ou a hipercolesterolemia familiar, xa permitiu detectar 42 persoas positivas entre as 2.504 mostras que se levan analizado. Este programa pioneiro de cribado xenético acada 2.504 mostras analizadas ata o de agora dos 4.261 participantes reclutados ata o momento, rexistrando unha taxa de positividade do 1,7 %.

Notas

No marco do convenio asinado pola USC e a Deputación da Coruña, o grupo de investigación Histagra da USC, tamén pertencente ao Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), está a coordinar o estudo histórico e arqueolóxico das fosas localizadas no cemiterio de Serantes (Ferrol). A primeira cata arqueolóxica neste espazo desenvolverase entre o luns 31 de agosto e o venres 11 de setembro.
Pódese prever como se comportará a rótula despois dunha operación de prótese de xeonllo? Unha investigación desenvolvida no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña permite simular o movemento desta articulación tras a intervención e estudar como as características de cada paciente poden influír na elección do tratamento.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES