
En una comparecencia ante el pleno del Parlamento gallego para explicar la implantación de la nueva legislación en materia educativa, Vázquez ha explicado que las asignaturas troncales -lengua castellana, ciencias de la naturaleza, ciencias sociales, matemáticas y primera lengua extranjera- deben tener el 50% de la carga, aunque en Galicia "se refuerza lo establecido" en la norma estatal. Vázquez Abad ha indicado que el Gobierno central será el encargado de determinar los contenidos, los estándares de aprendizaje evaluables y el horario lectivo mínimo de las materias troncales, pero la comunidad autónoma tiene competencias para "adecuar los contenidos a la realidad" gallega y ejercerá su "derecho de autoorganización" en la enseñanza del gallego -"nada de tercera división para nuestro gallego", ha dicho- y en la "convivencia" con el castellano.
En el currículum de primaria, ha añadido, serán obligatorias en Galicia la educación física, como materia específica; la lengua y literatura gallegas, como materia de libre configuración autonómica y "con la misma consideración que la castellana en horarios, evaluación y carga lectiva". Asimismo, se mantiene la enseñanza de música y plástica y subirán las horas de matemáticas con la Lomce. Sobre el calendario de implantación, el conselleiro ha indicado que en el curso 2014-2015 la nueva normativa se aplicará en primero, tercero y quinto de primaria (con una evaluación en tercero), así como el primer curso de formación profesional (FP) básica. El curso siguiente se incorporarán el resto de primaria (con una evaluación final al terminar sexto); primero y tercero de ESO; primero de Bachillerato y segundo en FP básica. El último paso será en el curso 2016-2017, con la implantación de segundo y cuarto de ESO, con una evaluación final, y segundo de bachillerato, también con una evaluación a su término.
Vázquez Abad se ha referido también a los cambios en FP y ha destacado que el título oficial de la Formación Profesional básica "permitirá la inserción profesional". Los títulos, ha dicho, serán 21 en total, aprobados por el Gobierno central. El conselleiro ha reivindicado que la Lomce es "una oportunidad" porque "aprovecha aquello que es útil de la LOE y mejora las deficiencias. Además, ha dicho que el desarrollo de la nueva legislación se afronta en Galicia "desde la estabilidad" y se implanta con una fórmula que "permite introducir mejoras sin generar rupturas drásticas". Ha criticado las "posturas inmovilistas" de la oposición y ha apostado por adaptar el sistema educativo "al siglo XXI".
El portavoz del PSdeG en el debate, Vicente Docasar, ha criticado que "este país no necesitaba una ley redactada por la Conferencia Episcopal y la Fundación Faes" y ha defendido que "solo la estabilidad podría conseguir una mejoría real en la educación". Así, ha vuelto a advertir de que esta nueva ley, "apoyada solo por el PP, sin consenso parlamentario ni social", ha nacido "con fecha de caducidad" y el PSOE la derogará si gana las elecciones.
Alternativa Galega de Esquerda (AGE), a través de Ramón Vázquez, ha recriminado que la nueva norma "limita" la participación de la comunidad educativa porque al PP le "molesta la crítica". "Deje de expoliar la enseñanza gallega. Le exigimos que atienda a las necesidades de la enseñanza porque en este Gobierno lo poco que se hace suena a pelotazo publicitario". El portavoz del BNG en materia de educación, Cosme Pombo, ha recordado que la formación apuesta por presentar un recurso de inconstitucionalidad contra esta norma. "La Lomce repudia la coeducación, subvenciona centros segregadores, elimina la obligación de garantizar plazas públicas suficientes, elimina la gestión democrática centros, reduce competencias del Gobierno gallego, recorta derechos del profesorado y los derechos del idioma".
El diputado del PPdeG Román Rodríguez ha considerado que la Lomce es "la evolución lógica y necesaria dentro del sistema educativo español", pues permitirá corregir "deficiencias significativas". Además, ha acusado a la oposición de querer que no se aplique esta norma porque "cuando se aplique y tenga resultados su discurso quedará en nada" y ha pedido ser "sensatos" porque la educación "es patrimonio de todos".
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, asegurou no Parlamento de Galicia que a nova Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) ten como retos o combater as taxas de abandono escolar temperá e mellorar os niveis formativos en relación cos estándares internacionais. Galicia expuxo o conselleiro iniciou xa na pasada lexislatura a transformación do seu sistema educativo con principio agora aplicados na LOMCE como son a equidade e igualdade de dereitos e oportunidades; recoñecemento dos proxenitores e titores; e a mellora dos resultados educativos.
O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia tamén sinalou que a nova lexislación propón aplicar unha norma que nace coa pretensión de corrixir eivas de anteriores leis educativas e modificar un sistema educativo que entendemos que non cumpriu coa súa finalidade". Así, apóstase por un sistema educativo flexible, público e de calidade; refórzase a coordinación entre Estado, Comunidade Autónoma e centros; valórase a cultura do esforzo; promóvese e fortalécese a autoridade do profesor así como a profesionalización do director de centro; anticípase a elección de itinerarios formativos; establécese programas de mellora, e implántase a FP básica e fortalecemento da FP.
Vázquez Abad destacou que a aplicación da norma realizarase segundo unha das peticións presentadas desde Galicia e cun calendario flexible, distinto ao aportado inicialmente polo Ministerio. Así, no curso 2014-2015, a nova normativa comezará a implantarse polos cursos 1º, 3º e 5º de Educación Primaria, coa previsión dunha avaliación no 3º curso de Primaria. Tamén comezará a desenvolverse o 1º curso de FP Básica. No 2015-2016 afrontarase a implantación en 2º, 4º e 6º de Primaria, cunha Avaliación Final no último curso desta etapa educativa; mentres que comezará a aplicarse tamén en 1º e 3º de ESO e 1ª de Bacharelato. De igual maneira, neste curso seguirá a implantación da FP Básica co 2º curso e tamén se introducirán melloras en 1º e 2º curso de Grado Medio de FP.
E continuou indicando que o último paso darase no curso 2016-2017, no que chegará o momento de implantar 2º e 4º de ESO, neste último curso, cunha Avaliación Final; e tamén será o momento de aplicación do 2º curso de Bacharelato, con Avaliación Final", en palabras de Vázquez Abad.
Por outra banda, o conselleiro sinalou que o marco normativo fixa que será o Goberno central o encargado de determinar os contidos, estándares de aprendizaxe avaliables e o horario lectivo mínimo das materias troncais que en Primaria, ESO e Bacharelato non será inferior ao 50 por cento do horario lectivo. Tamén será competencia estatal determinar os estándares de aprendizaxe avaliables das materias específicas. A Comunidade Autónoma de Galicia dispón de competencias propias que asumirá desde a perspectiva de adecuar os contidos dos currículos á realidade e singularidade propia (territorio, historia, lingua, cultura, idiosincrasia, etc.), ademais de exercer o seu dereito de autorganización en materia de ensino e promoción da lingua propia (o galego) e a súa convivencia coa lingua oficial do Estado (castelán).
"Para o currículo da Educación Primaria aparecen tamén como obrigatorias a Educación Física, como materia específica, e o galego e a literatura galega, como materia de libre configuración autonómica, coa mesma consideración que a lingua castelá en horarios, avaliación e carga lectiva" sinalou o conselleiro, que tamén incidiu no feito de que "para a Xunta é fundamental que o alumnado galego manteña a adquisición de coñecementos e competencias en Música e Plástica".
Xesús Vázquez lembrou que o bloque de disciplinas específicas permite unha maior autonomía á hora de fixar horarios e contidos das disciplinas. E, por último, o bloque de disciplinas de libre configuración autonómica supón o maior nivel de autonomía, no que as Administracións educativas e, en menor medida, os centros, poden ofrecer disciplinas e metodoloxías propias.
O titular de Educación asegurou que a Consellería está a traballar xa na concreción dos decretos de currículos estatais, con obxecto de adaptalos á realidade galega, con especial atención á obriga e o convencemento de facelos compatibles co Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüísmo no ensino non universitario de Galicia. Deste xeito, no relativo a Primaria destacou que se apostará polo reforzo da atención á diversidade; o mantemento da atención á lectura; o fomento dos estilos de vida saudables e activos, e a promoción do uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación na aula; así como a regulación das tarefas extraescolares/deberes en relación co esforzo.
Así pois, facendo uso das competencias e de acordo coa LOMCE, o horario lectivo das materias troncais estará por riba do 60 por cento do horario total do alumnado en Primaria e, polo tanto, reforzaremos o establecido na propia lei, que o fixa nun mínimo do 50 por cento do total", concluíu Vázquez Abad.
O conselleiro destacou a aposta polo equilibrio lingüístico afirmando que, tal e como defendeu a Consellería desde un primeiro momento, a lingua e a literatura galega terán o mesmo peso que a lingua e a literatura castelá, e na mesma liña engadiu que tamén quedará consolidada a aposta pola aprendizaxe de linguas estranxeiras, en equilibrio coas linguas cooficiais. Fomentaremos que todos os coñecementos e as experiencias lingüísticas do alumnado contribúan ao desenvolvemento da súa competencia comunicativa plurilingüe.
Deste xeito a Consellería volve a demostrar a súa aposta pola estabilidade e o equilibrio nas ensinanzas. Así, destacou que "haberá un reforzo dos contidos referidos á Galicia nas ciencias, tanto nas Sociais como nas Naturais. Isto supón apostar pola estabilidade do currículo de Primaria sen renunciar ao coñecemento do que é propio de Galicia", ao que engadiu que "fixamos un reforzo do horario lectivo de Primaria para as Matemáticas, do mesmo xeito a Consellería defende que o alumnado sega a adquirir coñecementos de educación plástica e música. Ao tempo que mantemos a Educación Física como materia específica obrigatoria e coa mesma carga horaria que ata agora".
Xesús Vázquez destacou que a principal que introduce a LOMCE é a posta en marcha para o vindeiro curso da FP básica e, sobre esta, recordou que os novos estudantes de FP Básica terán un título oficial que lles permitirá a súa inserción profesional.
Galicia dixo o conselleiro afrontará no curso 2014-2015 o obrigado desenvolvemento do 1º curso de FP Básica, para o que procederá a substituír os actuais Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) e os adaptará ao desenvolvemento normativo da LOMCE e agregou que as ensinanzas de Formación Profesional Básica estarán organizadas en 21 títulos e constituídas por áreas de coñecemento teórico-prácticas, cuxo obxecto será a adquisición das competencias profesionais, persoais e sociais e das competencias da aprendizaxe permanente ao longo da vida.
O titular da Consellería recordou que con esta intervención a Xunta volveu dar conta da súa capacidade diálogo, ao mostrar aos representantes dos galegos e das galegas o que recollerán os borradores de decretos autonómicos para os currículos de Primaria e FP Básica que, engadiu teñen que cumprir cunha tramitación de exposición pública e sometemento aos distintos órganos sectoriais e consultivos, ata que o texto definitivo sexa aprobado polo Consello da Xunta.
A Xunta reclamará de novo en Bruxelas unha Política Agraria Común ben dotada, con financiamento suficiente e con fondos específicos e diferenciados, como ata o de agora, que permitan apoiar a renda dos agricultores e gandeiros e garantir o impulso ao desenvolvemento rural e afianzar as medidas de remuda xeracional. Así o avanzou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, en resposta a unha pregunta parlamentaria sobre este asunto e na que reiterou o rexeitamento de Galicia á proposta da UE para a vindeira PAC a partir de 2028, polo centralismo desta nova política, cunha arquitectura baseada nun fondo único para os estados membros que resulta lesiva para a nosa comunidade.
A Xunta porá en marcha no 2026 unha Oficina de Atracción de Talento que coordinará todas as medidas en materia de emprego destinadas aos galegos e galegas do exterior que deciden retornar para traballar na súa terra, así como as iniciativas dirixidas a favorecer a contratación planificada de persoas traballadoras de 3º países por parte de empresas da nosa comunidade. Deste xeito, Galicia consolidará un modelo propio que aposta por captar persoas traballadoras de xeito ordenado e sempre en base a un emprego de calidade -por conta allea ou emprendendo-.