
El Parlamento de Galicia ha manifestado su pesar por el fallecimiento del expresidente del Gobierno Adolfo Suárez y ha transmitido para él su recuerdo y para su familia "solidaridad y afecto". Éstas han sido las palabras pronunciadas por la presidenta de la Cámara autonómica, Pilar Rojo, justo antes de comenzar el pleno, debido a la muerte del expresidente.
El mismo día en que se conoció la noticia del fallecimiento del expresidente, Pilar Rojo ya expresó en nombre propio y en el de la institución que preside su pesar y trasladó sus condolencias a la familia y amigos del expresidente.
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, deu en nome de Galicia, o último adeus ao gran presidente da democracia e salientou o seu inmenso labor a España.
Durante a despedida do féretro cos restos mortais de Adolfo Suárez, Feijóo referiuse ao ex-presidente como un dos mellores españois que deu o século XX e, probablemente, un dos mellores políticos da UE durante a época que lle tocou, nada máis e nada menos que facer algo que parecía imposible: pasar dun sistema sen liberdades a un sistema no que se garanten as liberdades.
O responsable do Goberno galego resaltou, tamén, as mostras de cariño e de apoio expresadas polas miles de persoas que se achegaron á capela ardente do ex-presidente, unha confirmación dixo- de que a xente segue admirando os políticos de raza, os políticos coherentes e os políticos honestos, e de que hai espazo para a política aínda. Espazo para os servidores públicos, para aqueles que consideran que os intereses xerais están por enriba de calquera interese persoal ou de calquera interese de partido.
Ante isto, Feijóo avogou por seguir traballando, coller o relevo e seguir garantindo a unidade democrática de España.
Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.