Noticias

Presentado el audiovisual sobre Xosé María Díaz Castro, autor homenajeado en las Letras Galegas 2014

Xosé María Díaz Castro. Nimbos de poesía es el título del producto audiovisual elaborado por la productora de vídeo Ophiusa en 1987 y remasterizado con motivo del homenaje al poeta de Guitiriz al que se dedica el Día das Letras Galegas 2014. Nimbos de poesía es un recorrido por los lugares más significativos de la vida y la obra de Díaz Castro.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, presentou outra das iniciativas que o seu departamento pon en marcha no marco da programación que impulsa a Xunta de Galicia para renderlle tributo ao autor guitiricense Xosé María Díaz Castro, a nova edición remasterizada do documental ‘Xosé María Díaz Castro. Nimbos de poesía’, que percorre a vida e a obra do autor homenaxeado este ano con motivo das Letras Galegas. Os secretarios xerais de Política Lingüística e de Cultura, Valentín García e Anxo Lorenzo, respectivamente, acompañaron ao conselleiro neste acto; así como director do documental, Xulio Xiz Ramil.

O conselleiro destacou a utilidade desta peza audiovisual “para os docentes que queiran difundir nos centros educativos o labor do autor de ‘Nimbos’”, para o que se porá o documental a disposición dos equipos de dinamización da lingua galega desde o web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Neste sentido, gabou a figura de Díaz Castro, “un home que, tal e como se conta no documental, chegou a dominar unha chea de idiomas europeos, pero que optou polo galego para expresarse literariamente, e iso a pesar de vivir en tempos en que esta era unha decisión difícil”.

Así mesmo o conselleiro enmarcou a iniciativa no amplo programa de actuacións promovidas pola Consellería de Cultura e Educación para festexar as Letras Galegas e implicar o conxunto da cidadanía nesta celebración. “Dar a coñecer a obra poética do autor e contribuír ao recoñecemento do seu traballo lingüístico e literario son –segundo afirmou– os obxectivos principais das iniciativas que a Xunta de Galicia está a impulsar este ano arredor do 17 de maio”, entre as que tamén se inclúen outros proxectos audiovisuais.

En colaboración coa CRTVG, difundiranse microespazos animados con poemas de Díaz Castro durante todo o mes de maio e o Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI), da Agadic, proxectará o documental de Xosé Antón Cascudo ‘O instante eterno’, que tamén está integrado na exposición itinerante ‘Nimbos de luz’.

O documental “Xosé María Díaz Castro. Nimbos de poesía” é unha viaxe pola vida e pola obra do autor homenaxeado este ano con motivo das Letras Galegas que ten o valor engadido de facerse da man do propio poeta, pois é el mesmo quen guía o espectador polos lugares onde transcorreron a súa infancia e a súa mocidade. Neses espazos emblemáticos, o autor recita algúns dos seus textos máis significativos e comenta aspectos relevantes da súa traxectoria vital e literaria. Así, por exemplo, detense a sinalar as persoas e acontecementos que incidiron na súa escolla do galego como lingua de expresión poética.

Noticia‘Xosé María Díaz Castro. Nimbos de poesía’ foi gravado en 1987 e remasterizado para celebrar o Día das Letras Galegas 2014, dedicado ao poeta de Guitiriz. Deste xeito, pode sumarse aos materiais que a Consellería de Cultura e Educación difunde a través do web da Secretaría Xeral de Política Lingüística www.xunta.es/linguagalega para utilización dos equipos de dinamización da lingua galega, a maioría deles resultado do labor dos propios equipos.

Nese mesmo espazo han estar axiña a disposición dos centros educativos os traballos “Esmeralda”, do CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz, e “Sombras radiantes”, do IES Perdouro de Burela, gañadores do Concurso-Exposición Letras Galegas 2014 que convocou a Secretaría Xeral de Política Lingüística para elaborar unha exposición e unha unidade didáctica sobre o autor homenaxeado o próximo 17 de maio, coa finalidade de achegar o alumnado a Díaz Castro e á súa obra.

R., 2014-02-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (radio-na-biblio.jpg) O programa Radio na Biblio, que vai polo noveno ano en funcionamento, chega este curso a 245 centros de ensino que contan cun laboratorio de radio no que traballan as competencias vencelladas á alfabetización mediática, lingüísticas ou de expresión escrita e oral, entre outros. Con nove cursos en marcha, trátase dun programa consolidado que aproveita a posta en marcha dunha emisora de radio na biblioteca para traballar habilidades e destrezas e que permite o tratamento de contidos curriculares mediante metodoloxías activas e innovadoras que facilitan a aprendizaxe. Ademais, as actuais tecnoloxías da información e da comunicación facilitan o uso da radio como ferramenta pedagóxica de gran alcance para a difusión dos proxectos e iniciativas do centro educativo.
Foto de la tercera plana (aitor-martinez.jpg) Tivo lugar a na cerimonia de entrega dos XVIII Premios Nacionais de Artesanía 2025, na que resultaron premiadas dúas candidaturas galegas. O artesán Aitor Martínez López de Arbina (Tomiño), especializado en tornería de madeira, resultou gañador na categoría Produto e a Fundación Artesanía de Galicia obtivo o recoñecemento na categoría Promociona para Entidades Públicas polo seu proxecto 'Artesanía no Prato'.

Notas

O encontro 'Tecnoloxía en galego: resultados de ILENIA– Proxecto Nós' serviu para dar a coñecer os resultados dos últimos tres anos de traballo do Proxecto Nós no marco de ILENIA, unha iniciativa orientada a avanzar en recursos e capacidades en tecnoloxías lingüísticas, en particular para as linguas do Estado. Datos, casos de uso e ferramentas abertas de tradución automática, síntese de voz e modelos lingüísticos en galego déronse a coñecer neste foro que se desenvolveu no Centro de Estudos Avanzados.
O Centro de Arte Fundación Maria José Jove (FMJJ) en colaboración con Normal, o Espazo de Intervención Cultural da Universidade da Coruña (UDC), celebran hoxe xoves a terceira edición do encontro Dentro–Fora, que se enmarca no programa de residencias artísticas que ambas as institucións desenvolven conxuntamente.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES