Noticias

O Play-Doc de Tui chega á súa 22ª edición conectando memoria, creación actual e futuro do cinema galego e internacional

O festival Play-Doc desenvolverá do 29 de abril ao 3 de maio en Tui a súa 22ª edición para conectar memoria, creación actual e futuro do cinema galego e internacional. No ámbito galego, a programación desta edición volve ocupar un lugar central cunha Competición Galicia que reúne títulos de Xiana do Teixeiro, Roi Fernández, Xacio Baño, Adrián Canoura, Cristina Souto, Hugo Amoedo, Bea Lema, Berio Molina e Chloé Lecci López, entre outras voces. O festival mantén, ademais, a sección Sombras, dedicada nesta ocasión á recuperación da figura de Rafael Luca de Tena, e unha nova edición de Coming Soon, espazo no que se presentarán proxectos galegos en desenvolvemento. O Play-Doc continúa a reforzar a súa función de escaparate e plataforma de difusión para a produción audiovisual do país e como punto de encontro para novas obras e profesionais.

O festival Play-Doc desenvolverá do 29 de abril ao 3 de maio en Tui a súa 22ª edición para conectar memoria, creación actual e futuro do cinema galego e internacional, continuando así a celebración dun encontro que vén contando en cada entrega co apoio da Xunta de Galicia a través das subvencións a este tipo de citas do ámbito audiovisual. Esta vía de colaboración, cuxa dotación medrou en 2026 ata os 310.000 euros, un 3,3% máis ca no ano anterior, contribúe á estabilidade dun circuíto de citas estratéxicas para o sector, no que se insire o propio certame tudense ademais doutras citas profesionais de referencia.

Así o manifestou hoxe o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, na presentación do programa completo do festival, un acto no que participou xunto a Ángel Sánchez, codirector do Play-Doc xunto a Sara García, Beli Martínez, responsable da programación da sección Galicia, e demais representantes institucionais.

Na súa intervención, Jacobo Sutil salientou a traxectoria do Play-Doc como unha das citas de referencia do calendario audiovisual galego e puxo en valor o labor sostido polo festival durante máis de dúas décadas na difusión da non ficción, na apertura a novas linguaxes cinematográficas e no acompañamento ao talento. O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude subliñou tamén a importancia de consolidar espazos que, como o Play-Doc, combinan exhibición, pensamento, industria e proxección exterior para a creación galega, “liña coa que conectamos especialmente desde a Xunta e que cada ano se afianza máis claramente no marco deste encontro”, engadiu.

Cinema galego con identidade propia

No ámbito galego, a programación desta edición volve ocupar un lugar central cunha Competición Galicia que reúne títulos de Xiana do Teixeiro, Roi Fernández, Xacio Baño, Adrián Canoura, Cristina Souto, Hugo Amoedo, Bea Lema, Berio Molina e Chloé Lecci López, entre outras voces. O festival mantén, ademais, a sección Sombras, dedicada nesta ocasión á recuperación da figura de Rafael Luca de Tena, e unha nova edición de Coming Soon, espazo no que se presentarán proxectos galegos en desenvolvemento. O Play-Doc continúa a reforzar así a súa función de escaparate e plataforma de difusión relevante para a produción audiovisual do país e como punto de encontro para novas obras e profesionais.

Baixo a organización da Asociación Cultural Enfoques, a estrutura xeral do Play-Doc 2026 artéllase arredor da Competición Internacional, que reunirá unha selección de obras recentes do cinema contemporáneo procedentes de distintos contextos e xeografías, con títulos de Europa, América, África e Asia e formatos que van da curtametraxe á longametraxe, pasando polas novas tendencias e soportes.

Xunto a este apartado central, o festival ofrecerá retrospectivas, propostas patrimoniais e un programa profesional e formativo, unha nova edición do Laboratorio de proxectos VENTURA (que conta cunha subvención específica da Xunta de Galicia para a súa realización), encontros sobre coprodución internacional, intelixencia artificial e son no cinema, así como actividades expandidas que teñen lugar no Teatro Municipal de Tui como sede principal e noutros espazos da localidade.

R., 2026-04-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (interseccion-2026.jpg) Foi presentada a novena edición de Intersección, Festival Internacional de Cine da Coruña, celebrada nos Cantones Cines. O festival desenvolverase do 13 ao 17 de outubro cunha programación que combina proxeccións, exposicións, formación e encontros profesionais arredor das novas linguaxes cinematográficas. Así, as seccións competitivas Galicia, Internacional e Fulgor achegarán ao público obras afastadas dos circuítos comerciais habituais e novas voces da creación audiovisual contemporánea. En concreto, a sección Internacional reúne 27 filmes procedentes de 22 países, entre os que figuran catro estreas mundiais, 17 en España e cinco en Galicia. As propostas exploran cuestións como a tecnoloxía, a memoria, o territorio e a identidade desde linguaxes e xeografías diversas.
Foto de la tercera plana (20261008-ragc.jpg) A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou en Santiago, no Salón Nobre do Colexio de Fonseca, o acto do Día da Ciencia en Galicia, no que se homenaxeou á oceanógrafa Aida Fernández Ríos (Vigo, 1947 - Moaña, 2015) como Científica Galega 2026. Ademais, entregáronse as Medallas de Investigación a cinco científicas e científicos da nosa comunidade. O presidente da Academia destacou que 'Aida Fernández Ríos foi unha investigadora capaz de identificar problemas relevantes e de situalos nun contexto internacional, converténdose nunha científica respectada moito máis alá de Galicia.

Notas

O CiMUS da USC coordina un proxecto europeo para desenvolver unha nova xeración de radioterapia contra os tumores cerebrais. Trátase de InnovaRTBRAIN, unha iniciativa que busca transformar os procedementos actuais para o tratamento de tumores cerebrais, especialmente gliomas, e deseñar novos enfoques de radioterapia máis precisos, efectivos e seguros. Está coordinado desde este Centro Singular polo equipo Novas estratexias en Radioterapia dirixido por Yolanda Prezado.
Pezas que, nun espazo concreto, transforman e reinterpretan obras previas, que á súa vez naceron como rexistros de accións artísticas. Creacións artísticas que xorden como “eco ou resposta” de obras previas de Cora Novoa, Elena Rocamora, Álvaro Porras e María Sánchez, reúnense na exposición Contar cos dedos, que ata o 2 de novembro pode visitarse na Sala O Abrigo da Facultade de Belas Artes.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES