Noticias

El Gobierno gallego cree que la alianza empresarial con la mexicana Pemex aún puede beneficiar más a Galicia

"La alianza con Pemex aún puede y tiene que dar más de sí". Es la valoración que hace el presdiente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras la adjudicación de dos floteles a los astilleros de Navantia y Barreras por parte de la mexicana Pemex. Un acuerdo que, según Feijóo, "refuerza la marca Galicia".

El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ha manifestado que "la alianza con Pemex aún puede y tiene que dar más de sí", después de la adjudicación para los astilleros de Navantia y Barreras de dos floteles que se construirán en los próximos dos años, y ha remarcado que "refuerza la marca Galicia". "Es una buena noticia que Galicia no va a desaprovechar", ha asegurado, asimismo, el mandatario autonómico en la rueda de prensa posterior al Consello de la Xunta, en la que ha asegurado que estos contratos también suponen un paso "importantísimo para seguir trabajando" para ser "más competitivos" y son un "paso previo a tener más contratos".

Núñez Feijóo ha rechazado concretar nuevos proyectos, con el argumento de que la Xunta "sólo va informar cuando haya contratos" y si "tiene presencia en la negociación", apoyándose en que así lo ha hecho con respecto a los dos floteles confirmados.

Feijóo ha ensalzado el "compromiso" del presidente del Gobierno central, Mariano Rajoy, y también ha tenido palabras para los dirigentes mexicanos, el exconselleiro Javier Guerra y el actual titular de Industria, Francisco Conde. Además, el presidente autonómico, quien ha considerado que no debe ser él quien evalúe su propia actuación en este proceso, ha destacado que la adjudicación de los dos floteles es "una buena noticia" para Vigo y Ferrol y "para Galicia entera", y ha enfatizado que supone una "esperanza" para la recuperación de este sector "estratégico".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou que os 600 millóns que se materializaron a través da alianza con Pemex supoñen máis emprego para centos de familias, carga de traballo e esperanza fundada para o futuro do sector naval en Galicia. “Esperanza –dixo- porque un estaleiro privado que estaba en concurso de acredores ten a confianza directa da cuarta petroleira do mundo; porque un estaleiro público, despois de seis anos, por fin consigue un pedido cun prazo de execución e de entrega de 30 meses; e esperanza porque un sector estratéxico para Galicia, como é o sector naval, comeza a mirar cara adiante”.

Logo de avaliar no Consello da Xunta a situación que se abre para o sector despois de que se confirmase que os dous floteis da petroleira mexicana se construirán nas rías de Vigo e de Ferrol, Feijóo afirmou que se trata dunha boa nova que Galicia “precisa, merece e que, estou convencido, saberá aproveitar”. “Unha boa nova que Galicia precisa para incorporarse tamén este sector ao camiño da recuperación económica, da recuperación do sector naval”, aseverou.

O titular Executivo autonómico lembrou que diante da situación límite na que se atopaba o sector e a pesar de non ter competencias nel, o Goberno galego traballou e traballa con intensidade por tentar buscar as solucións que se precisaban. E, como proba deste compromiso, referiuse ao apoio aos estaleiros privados con máis de 100 millóns en avais e préstamos; ao impulso dunha fronte común para negociar en Bruxelas o problema do tax lease; “e, en terceiro lugar, involucrámonos no máis difícil, que era conseguir pedidos”.

Ademais de ser unha boa nova, o presidente da Xunta afirmou que os contratos que se confirmaron fan xustiza a todos os méritos do sector naval, á profesionalidade dos traballadores e á constancia dos seus directivos. “Polo tanto, equivocouse quen puxo en dúbida a capacidade do sector naval en Galicia, quen puxo en dúbida a seriedade e responsabilidade da empresa pública mexicana Pemex e acertou a inmensa maioría dos galegos que si cren na capacidade dos traballadores do sector”, engadiu.

Así mesmo, incidiu en que esta noticia ten que servir de esperanza e de estímulo para Ferrol, para a ría de Vigo e, en definitiva, para todo o sector naval galego “porque sempre cremos nas nosas posibilidades e escolleron Galicia porque sabe facer barcos, porque os prezos eran competitivos e porque a calidade era competitiva con calquera outra oferta”.

Durante a rolda de prensa, Feijóo amosouse tamén convencido de que Galicia non vai desaproveitar esta oportunidade, “porque a alianza con Pemex –aseverou- aínda pode dar, e ten que dar, máis de si”.

Ao fío disto, insistiu en que é unha oportunidade para que o sector naval no seu conxunto afronte o futuro con máis enerxía e con máis decisión; e avogou por seguir traballando para impulsar a capacidade de Navantia, con novos pedidos como o acadado para deseñar un buque LHD para a armada turca, e para conseguir máis carga de traballo nos estaleiros privados, logo de despexarse o horizonte do tax lease co visto e prace explícito da Comisión Europea.

O presidente da Xunta destacou tamén a oportunidade que supón para reforzar a marca Galicia e para afondar no camiño da internacionalización, non só polas vantaxes que supón con carácter xeral, senón sobre todo pola importancia de que esa internacionalización se abra cara a Iberoamérica, e de forma especial cara a México.

Sobre este último aspecto Feijóo referiuse ao país mexicano como un país clave para Galicia e para España, “e polo tanto –precisou- é unha clara oportunidade para que México se converta nun socio privilexiado de Galicia e de España”.

“En definitiva, -aseverou a modo de resumo- é unha boa nova que garante emprego; que fai xustiza aos méritos de todo o sector; e que beneficia a Galicia e a España no camiño da recuperación”.

Feijóo concluíu agradecendo e destacando o compromiso de todos os que fixeron posible esta alianza: o compromiso dos traballadores, “que son o principal garante e aval de ter unha industria competitiva no sector naval”; dos estaleiros “que están e estiveron traballando en épocas de extraordinaria dificultade, sen capacidade de contratación, sen capacidade de financiamento e cun preito que poñía en cuestión a propia viabilidade dos estaleiros”; o compromiso do Goberno central e, moi especialmente, do presidente Rajoy; o compromiso do presidente de México, Peña Nieto; o compromiso dos directivos de Pemex; e o compromiso da Xunta.

R., 2014-01-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES