Noticias

El PPdeG planteará en el primer pleno su propuesta de recorte de escaños en el Parlamento

El portavoz del PPdeG en el Parlamento de Galicia insiste en que el recorte de 14 escaños "no altera" el sistema en vigor ni los resultados de las elecciones autonómicas celebradas en el pasado, puesto que también se reduce el mínimo de diputados por circunscripción a ocho, en lugar de 10. Esta justificación avala, según el PPdeG, esta propuesta que confirma que se llevará al próximo pleno de la Cámara autonómica. El resto de los partidos con representación parlamentaria -PSdeG, AGE y BNG- se oponen a esta reducción y critican la medida.

El Grupo Parlamentario Popular llevará al primer pleno ordinario, en el mes de febrero, sus propuestas para reformar el Consello Consultivo y la Ley electoral, con el objetivo, ésta última, de suprimir 14 escaños, rebajar el mínimo obligatorio por provincia y transformar en obligatorio el carácter voluntario de que los diputados hagan público su patrimonio. Lo ha explicado, en rueda de prensa, el portavoz del PP en la Cámara gallega, Pedro Puy, quien ha reiterado que el recorte de 14 escaños "no altera" el sistema en vigor ni los resultados de las elecciones autonómicas celebradas en el pasado, puesto que también se reduce el mínimo de diputados por circunscripción a ocho, en lugar de 10.

Como insiste el portavoz del PPdeG, "algún grupo" de la oposición planteó que no modificar este extremo podría beneficiar al PP al potenciar las provincias donde "históricamente" mejores resultados obtiene, Lugo y Ourense, y a su grupo le pareció "razonable". De hecho, ha defendido, la reforma que propugna el PP "baja ligeramente el peso del territorio con respecto a la población".

Tanto A Coruña como Pontevedra perderían cuatro diputados, mientras que cada una de las provincias del interior contaría con tres representantes menos. Después de que la presidenta del Parlamento, Pilar Rojo, asegurase que el número de diputados a suprimir podría ser "negociable" en el marco de "un acuerdo" con otros grupos, Puy Fraga ha señalado que ninguna formación le trasladó una "contrapropuesta" numérica. "Nosotros partimos de 61 y si nadie nos propone otro ajuste que se centre en el rango bajo de lo que marca el Estatuto (entre 60 y 80 diputados), pues lógicamente no lo vamos a analizar", ha añadido, tras remarcar que el programa electoral de su formación incluía una reducción de escaños. "Fuimos desde el primer momento receptivos a los comentarios de la oposición, pero ninguno de ellos dijo que estaría dispuesto a negociar una reducción de diputados distinta a 61. La alternativa que se nos presenta es exclusivamente 75 (la cifra actual)", ha finalizado el dirigente popular.

Tras la aprobación de esta modificación en pleno, la reforma electoral se tratará en la comisión primera en lo que atañe al número de escaños y al mínimo por provincia. Lo relativo a las declaraciones de patrimonio se tratará en la comisión del Reglamento. Pedro Puy ha destacado que se reunirá la comisión de cajas para empezar a elaborar su dictamen una vez recibida la contestación del Banco de España de que no enviará la documentación solicitada.

Sin embargo, cree que el plan de trabajo de este órgano parlamentario "se cumplió de forma más que aceptable", tanto en las comparecencias como en las peticiones de información. Así, ha proseguido, hay "material suficiente" para llegar a "conclusiones plausibles" sobre la desaparición de las cajas gallegas. Sobre la nueva aplicación que pondrá en marcha el Parlamento para conocer "con nombres y apellidos" el sentido del voto de cada diputado -como adelantó Pilar Rojo en la entrevista con Europa Press-, el portavoz de los populares ha destacado que "añade transparencia" a la Cámara. Y, tras indicar que sólo existe en el Congreso, ha reseñado que la Cámara gallega se pone "a la vanguardia" en la posibilidad de facilitar información a la ciudadanía sobre las decisiones que se toman. Si bien esa información ya estaba disponible, este mecanismo, ha juzgado, es "mucho más sencillo, abierto y transparente".

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del PPdeG:

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, informou que a proposición de lei de reforma da Lei Electoral se vai discutir en dúas comisións parlamentarias: a Comisión 1ª e a Comisión do Regulamento, dado que incorpora tanto a redución a 61 do número de deputados como a obrigatoriedade de que os deputados fagan público o seu patrimonio. Neste sentido, avanzou que “todo apunta” a que tanto esta proposición de lei como a proposición de lei de reforma do Consello Consultivo de Galicia se incorporen á orde do día do primeiro pleno ordinario que terá lugar en febreiro.

Pedro Puy dou conta en rolda de prensa da xuntanza celebrada esta mañá polos deputados do Grupo Popular, “para analizar as iniciativas e cuestións que imos introducir na axenda parlamentaria a partir do mes de febreiro”.

Neste sentido, o portavoz popular adiantou que, de acordo co calendario de tramitación, tanto a proposición de lei de reforma da Lei Electoral e do Regulamento do Parlamento, como a de reforma do Consello Consultivo estarán en disposición de ser debatidas no primeiro pleno ordinario.

Referíndose en concreto á proposición de lei de reforma da Lei Electoral, Puy recordou que inclúe a redución a 61 deputados e alteración a 8 do mínimo provincial “aos efectos de que a reforma sexa neutra no peso das circunscricións e no conxunto do sistema electoral”. Ademais, esta reforma engade a modificación do regulamento da Cámara “para que sexa obrigada a publicación dos patrimonios dos deputados tanto no momento da toma de posesión do escano como no momento de deixar esta responsabilidade”.

A incorporación destas dúas cuestións suporá que esta proposición non de lei se discuta en dúas comisións do Parlamento: na Comisión 1ª, no relativo á reforma da Lei Electoral; e na Comisión do Regulamento, o relativo ao regulamento da Cámara.

A preguntas dos xornalistas, Pedro Puy reiterou a disposición do Grupo Popular ao diálogo, pero lamentou que “non se nos fixo ningunha proposta” por parte do grupo socialista. “Neste momento hai dúas propostas presentadas: a do Grupo Popular, que non altera nin o sistema electoral nin o sistema de partidos de Galicia; e outra do BNG, que afecta ao sistema electoral e aos resultados de todos os procesos electorais celebrados na nosa comunidade”.

“O marco de diálogo é a partir da nosa proposta, á que se poden incorporar outras iniciativas, como facer máis eficientes e económicas as campañas electorais, pero non se poden aceptar outras como acurtar as campañas, porque se trata de normativa básica do Estado”, sinalou. Así, Puy dixo que “pareceunos razoable a suxerencia feita polos grupos da oposición de que se non modificábamos o mínimo de representación provincial poderíase producir unha alteración do peso de cada unha das circunscricións no Parlamento”, polo que na proposición rexistrada polo Grupo Popular “axustamos este mínimo provincial”.

Respecto da Comisión de Investigación sobre as caixas galegas, o portavoz popular recordou que o Gobernador do Banco de España remitiu o pasado xoves unha comunicación ao Parlamento na que denegaba a información que se lle demandaba a este organismo, polo que “o presidente da Comisión dou por concluído o Plan de Traballo de recompilación de documentación e de comparecencias, en persoa ou por escrito, e a Comisión está en disposición de poñer en marcha a elaboración do ditame a través da ponencia, que se reunirá o vindeiro mércores”.

Pedro Puy considera que o Plan de Traballo desta Comisión de Investigación “cumpriuse dun xeito máis que aceptable e cumpre as expectativas do grupo maioritario e da oposición, que estivo de acordo na aprobación unánime deste plan”. Deste xeito, indicou que “a ponencia e a comisión teñen material suficiente para chegar a conclusións explicativas de cal foi a evolución do sistema de caixas en Galicia”.

Cuestionado sobre o anuncio da Presidenta do Parlamento de activar unha aplicación para identificar o voto dos deputados nas sesións plenarias, Puy definiu esta sistema como “correcto e que engade transparencia e acceso á información sobre o que votan os distintos grupos e os deputados”. Ademais, dixo que esta aplicación está a funcionar no Congreso dos Deputados, pero “en ningunha comunidade autónoma, polo que nos sitúa á vangarda tamén nas medidas que facilitan información ao representado do que fan os representantes”.

R., 2014-01-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (parque-eolico-zas.jpg) A Xunta de Galicia completou esta semana os trámites para a autorización dos nove proxectos de repotenciación voluntaria de parques eólicos recibidas entre finais de 2023 e comezos de 2024 e que permitirán suprimir 286 aeroxeradores do territorio galego así como, coa mesma potencia, incrementar un 35 % a produción de enerxía renovable. Trátase dun procedemento que destacou pola súa axilidade pois os prazos de autorización administrativa acurtáronse considerablemente, completándose en menos dun ano desde a recepción do proxecto definitivo e cumprindo así co mandato comunitario de axilizar as xestións e garantir que non se alongan máis de dous anos.
Foto de la tercera plana (union-europea-bandeiras.jpg) O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou na asemblea xeral Comisión do Arco Atlántico da Conferencia das Rexións Periféricas Marítimas en Sevilla, na que se fixo balance do último ano e se presentaron as previsións para 2026. O director xeral interveu na sesión Un novo marco financeiro plurianual da UE: que hai para o Atlántico, onde defendeu un futuro da política de cohesión descentralizado e o rexeitamento ao cambio de modelo cara un plan único por estado membro, postura baseada nas experiencias previas que mostran que os programas operativos rexionais son a fórmula máis eficiente para a xestión dos orzamentos destinados á cohesión.

Notas

Poucas figuras teñen deixado tanta pegada no imaxinario colectivo galego como a de Isaac Díaz Pardo (1920-2012). As súas múltiples facetas como deseñador, ceramista, pintor, empresario e intelectual convertérono nun emblema da identidade cultural galega. Precisamente neste 2025, no que se lle dedica o Día das Artes Galegas, a Universidade de Vigo quere renderlle homenaxe e contribuír a difundir o seu traballo e legado. Para facelo, este venres inaugurouse a mostra Isaac Díaz Pardo.
A Alameda de Santiago será esta fin de semana o escenario de Compos(tech)la, un dos múltiples eventos do proxecto Santiago en Vivo para fortalecer o tecido empresarial e dinamizar a economía. A feira tecnolóxica contará co protagonismo da Universidade de Santiago, que levará durante o sábado e o domingo ao parque compostelán algúns dos seus centros de investigación e servizos.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES